O prazo de matrícula correspondente ao curso 2023-2024 estenderase do 22 de maio ao 30 de xuño.
A matrícula estará destinada ao alumnado matriculado no presente curso 2022-2023 así como aos aspirantes que obtiveran praza nas probas de acceso aos diferentes cursos.
O alumnado con materias con avaliación negativa na avaliación ordinaria e que deba acudir á probas extraordinarias previstas para os días 16, 19, 20 e 21 de xuño deberá agardar ao resultado destas para formalizar a matrícula.En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro.
A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.
O procedemento consistirá en confirmar a matrícula, levar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través do correo electrónico ao enderezo administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.
Na ligazón de abaixo é posible ver e descargar unha guía co calendario de matrícula e os seus diferentes prazos así como a información precisa para a súa formalización.