• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Fondo Social Europeo

Os Conservatorios Profesionais de Música e Danza de Galicia aspiran a aumentar a satisfacción do alumnado, familias e persoal docente e non docente mediante a aplicación do Sistema de Xestión da Calidade (SXC). 

Con data do 15 de xullo do 2016 foinos concedida a certificación da Rede de Conservatorios Profesionais de Música e Danza de Galicia na norma ISO 9001:2015

Esta certificación implica que os centros que a teñen realizan a súa xestión baseada na mellora continua, no control da eficiencia e da eficacia dos procesos e na satisfacción de todos os membros da comunidade educativa, mellorando a imaxe do centro e o servizo prestado.

O desenvolvemento do sistema ten o apoio financeiro da Unión Europea e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.