|
Publicado o mércores, 29 de marzo de 2023:
Publicado o martes, 28 de marzo de 2023:
XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI
Publicado o luns, 27 de marzo de 2023:
CONCERTO CORO INFANTIL DE PRIMAVERA
Mañá martes 28 de marzo, ás 17:00, poderemos gozar do fantástico concerto de primavera no auditorio do conservatorio a cargo do coro infantil .
Publicado o domingo, 26 de marzo de 2023:
CURSO CON ORIOL PRAT
Os días 21, 22 e 23 de abril terá lugar no noso conservatorio o Curso de Violoncello e Música de Cámara con Oriol Prat.
Publicado o martes, 21 de marzo de 2023:
Bolsas para ensinanzas artísticas profesionais 2023-2024
Como xa sucedera o pasado curso, este ano o calendario destas bolsas de estudos comeza en marzo coa publicación da resolución e mais coa apertura do prazo de solicitudes.
Nesta ligazón é posible atopar toda a información ao respecto.
CONCERTO DE PRIMAVERA DO CORO
Hoxe, martes 21 de marzo ás 18:00, poderemos gozar do fantástico concerto de primavera no auditorio do conservatorio a cargo do coro do conservatorio .
Publicado o xoves, 16 de marzo de 2023:
Intercambio co CMUS de A Coruña
O vindeiro mércores 22 as nosas dúas bandas, Xosé Castiñeira e Indalecio Fernández Groba, levarán a cabo un intercambio coas dúas bandas das ensinanzas profesionais do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Con posterioridade, o mércores 29, será o noso centro o que visite o conservatorio coruñés.
En canto ao primeiro encontro, están programados dous concertos, un ás 17:30 e outro ás 19:00.
Importante: reservaranse dúas invitacións por participante de cada agrupación para asistir como público. Estarán dispoñibles na conserxaría do conservatorio dende hoxe xoves ata o día antes de cada evento no horario de apertura do centro. Dita invitación perderá a súa validez cinco minutos antes do comezo de cada concerto.
As persoas que se acheguen sen entrada poderán acceder aos concertos por orde de chegada ata completar a cabida do auditorio.
Lembramos tamén que tanto o acceso ao auditorio como a posterior saída do conservatorio, terán que realizarse a través da porta que está situada na planta baixa, ao carón da Avenida de Madrid, agás persoas con mobilidade reducida.
Só está permitida a presenza de persoas que estean agardando para entrar aos concertos no vestíbulo do andar baixo e nas escaleiras de acceso ao auditorio, e nunca nos corredores do conservatorio.
Publicado o martes, 14 de marzo de 2023:
EVE CORNELIOUS
O luns 27 de marzo estará no noso conservatorio a cantante de jazz Eve Cornelious (Nova Jersey, EEUU).
Nesta visita ao noso centro realizará as seguintes actividades:
- clase maxistral entre as 18:30 e as 20:00.
- concerto ás 20:15.
Para poder asistir tanto á clase maxistral como ao concerto, podedes consultar todo a información premendo nesta ligazón.
Lembrade que todo o público alleo ao noso conservatorio, agás persoas con mobilidade reducida, terá que entrar no edificio para acceder ao auditorio pola porta do andar baixo situada ao carón da avenida de Madrid.
Publicado o luns, 13 de marzo de 2023:
Probas de acceso ao curso 2023-2024
No menú da dereita atópase a ligazón ao espazo da web que contén a diversa información das probas.
Día non lectivo 17 de marzo
O venres día 17 de marzo foi elixido como día non lectivo polo centro.
CURSO DE TUBA-BOMBARDINO
O días 18, 19 e 20 de abril terá lugar no noso conservatorio o Curso de Tuba-Bombardino con Manuel Martínez Villar.
Publicado o xoves, 9 de marzo de 2023:
CREANDO SINERXÍAS
Creando Sinerxía é un proxecto pedagóxico de innovación educativa organizado polo Consmupa no que participan profesorado e alumnado de clarinete de varios conservatorios de Asturias e nesta edición, o noso conservatorio e a escola municipal de música de Lugo.
Logo das actividades do anterior fin de semana e Oviedo, este proxecto viaxa á nosa cidade, e o domingo 12 ás 12:30 será posible gozar do concerto programado no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Podes descargar o programa premendo nesta ligazón.
Publicado o martes, 7 de marzo de 2023:
XORNADA DE LUTHERÍA NA BIBLIOTECA
O vindeiro 9 de marzo contaremos coa presenza na Biblioteca do noso conservatorio de dúas importantes figuras da luthería galega.
Durante toda a tarde contaremos coa demostración do traballo de José Catoira na Biblioteca, que realizará as seguintes actividades:
- Dende as 16.30 José estará demostrando o seu traballo na Biblioteca.
- Ás 17:15: actividade para o mantenemento do instrumento co alumnado de corda friccionada máis cativo.
- Ás 18:00 compartirá co alumnado en xeral a maneira de facer un boceto. Para poder realizalo só tedes que traer un compás, unha regra e un lapis.
Por último, e para rematar a xornada, ás 20:00 teremos unha interesante Parola, aberta ao público en xeral, cos dous luthieres galegos José Catoira e Germán Arias.
José centra a súa actividade á familia do violín, mentres que Germán adícase á restauración e construcción de instrumentos antigos.
Animádevos a asistir!!
Publicado o xoves, 2 de marzo de 2023:
MÚSICA E ELECTRÓNICA
Para complementala, tamén teremos a sorte de disfrutar das conferencias que ofrecerá Sergio Pena sobre esta temática na biblioteca os martes 28 de febreiro e 7 de marzo ás 19:30.
Publicado o mércores, 1 de marzo de 2023:
XORNADAS CONTRABAIXÍSTICAS
O sábado 25 de marzo, terá lugar a primeira edición das XORNADAS DE CONVIVENCIA CONTRABAIXÍSTICA.
Esta actividade, organizada para alumnado de contrabaixo do grao elemental e profesional, realízase co desexo de interactuar e promover un foro de entendemento e convivencia.
Durante a xornada do sábado, os alumnos de contrabaixo, recibirán unha clase individual e e unha clase colectiva a cargo de Carlos Méndez López, así como tamén poderán escoitar as clases dos seus compañeiros.
Para poder anotarse e obter máis información só tedes que acceder á seguinte ligazón
Publicado o martes, 28 de febreiro de 2023:
PRÓBATE NA PROBA 2023
Os vindeiros 27, 28 e 29 de marzo celebrarase o "Próbate na proba", ensaio do exercicio B da proba de acceso a 1º de grao profesional, organizado polo Departamento de Linguaxe Musical.
Publicado o luns, 20 de febreiro de 2023:
Día de Rosalía
O vindeiro xoves día 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, celebraremos o Día de Rosalía en conxunto coa Escola de Idiomas.
No acto conmemorativo actuará o ensemble de clarinetes do noso conservatorio, alumnado da EOI, que recitará os versos da autora galega nos sete idiomas que se imparten na escola e unha intérprete de signos de ACOPROS (Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo).
Publicado o xoves, 16 de febreiro de 2023:
Publicado o mércores, 1 de febreiro de 2023:
FINALISTAS CONCURSO XOSÉ CASTIÑEIRA
Publicado o martes, 31 de xaneiro de 2023:
PRÓBATE NA PROBA 2023
Durante a semana do 27 de marzo está prevista a celebración da actividade 'Próbate na Proba', un ensaio da parte de Linguaxe musical, o exercicio B, da proba de acceso ao 1º curso do grao profesional.
Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencellada á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe musical propón dous obxectivos para cada participante:
- adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios do xeito máis semellante á proba mesma
- ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.
Respecto á inscrición, esta poderá levarse a cabo do 1 ao 15 de febreiro ás 14:00 a través do formulario de Google que se atopa na ligazón situada abaixo desta publicación.
As datas, horarios e lugares exactos de realización daranse a coñecer o martes 28 de febreiro, así como a lista de participantes.
Publicado o venres, 27 de xaneiro de 2023:
Celebración do Día da Paz
O vindeiro luns día 30, co gallo do Día da Paz, o alumnado participante do curso de iniciación realizará unha pequena actuación no Hall do conservatorio. Esta actuación terá dous pases, nos que intervirán os distintos grupos do curso: ás 17:15h e ás 19:15h.
Publicado o mércores, 25 de xaneiro de 2023:
Concurso de microrrelatos inspirados en Tchaikovsky
A Biblioteca do CMUS Xoán Montes ven de organizar o 2º concurso de microrrelatos, nesta ocasión, para homenaxear ó compositor Piotr Ilich Tchaikovsky. A maiores, no Instagram da biblioteca poderedes atopar contido da vida e obra do compositor que poideredes consultar.
Para ler as bases do concurso podes premer nesta ligazón ou tamén escanear o código QR do mesmo cartaz.
Publicado o xoves, 12 de xaneiro de 2023:
Concurso Interpretación Xosé Castiñeira
Lembrade que o noso conservatorio presentou o mes pasado o Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira, retomando deste xeito o tradicional concurso de solistas que se realizaba no noso centro ata a irrupción da pandemia, pero dun xeito renovado.
Publicado o luns, 9 de xaneiro de 2023:
De Parola con Sabela Olivares
O vindeiro mércores 11 de xaneiro, teremos a oportunidade de estar de parola con Sabela Olivares, gaiteira, docente e compositora.
Nesta parola, Sabela presentará a súa última publicación: 12 valses para gaita e piano.