Publícanse a lista de aspirantes e os horarios correspondentes á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental prevista para os días 29, 30 e 31 de maio. A proba desenvolverase na aula B.3 situada no andar baixo do edificio.
O resultado da proba publicarase o venres 2 de xuño. Os aspirantes que superasen a proba, pero non obtivesen unha praza na especialidade escollida, poderán elixir outra nunha reunión que se celebrará o luns 5 de xuño.