• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o mércores, 10 de maio de 2023:

Actividades Letras Galegas

O vindeiro martes 16 de maio, poderemos gozar dun día festivo no que conmemoraremos Día das Letras Galegas con distintas actividades.


Comezaremos os festexos ás 18:00h no auditorio cun fantástico concerto, no que participarán Antonio Queija (piano), Lorena Rodríguez (clarinete) e o Coro do Grao Profesional dirixido por Henar Matesanz.

Unha vez rematado, ás 18:30h trasladarémonos á zona axardinada xunto a entrada do andar baixo para gozar da música do ensemble de clarinetes e do grupo de música tradicional do conservatorio, así como da danza do alumnado do CDAN. No caso de que a climatoloxía non acompañe, esta actuación realizarase no auditorio.

Remataremos o día ás 20:00h cun fantástico concerto do Dúo Klonos, formado por Rafael Yebra (saxofón) e Pablo Rodríguez (piano) que interpretarán un programa íntegro de compositores galegos.

Celebrade con nós o día das nosas letras!!