• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 30 de maio de 2023:

Premio fin de grao: Tribunal, admitidos e hora da proba

Publícase a composición do tribunal que avaliará a proba correspondente ao premio fin de grao prevista para o vindeiro venres 2 de xuño

Publícase ao mesmo tempo a relación de alumnado admitido para a realización da proba e a concreción horaria da mesma

Premio fin de grao, composición do tribunal

Premio fin de grao, alumnado admitido e hora da proba



Publicado o luns, 29 de maio de 2023:

Resultados proba acceso 1º curso de grao profesional

Publícanse as cualificacións das probas de acceso correspondentes ao primeiro curso do grao profesional para o vindeiro curso 2023-2024 nas súas diferentes especialidades así como as persoas aspirantes que obtiveron praza.

Lembramos que o prazo de matrícula para as persoas aspirantes que obtiveran praza nas preditas probas estenderase do 5 ao 16 de xuño.



Probas de acceso a 1º curso de grao profesional, cualificacións

Probas de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes con praza

Publicado o xoves, 25 de maio de 2023:

Proba de acceso a 1º Curso do grao elemental

Publícanse a lista de aspirantes e os horarios correspondentes á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental prevista para os días 29, 30 e 31 de maio. A proba desenvolverase na aula B.3 situada no andar baixo do edificio.

                                      

resultado da proba publicarase o venres 2 de xuño. Os aspirantes que superasen a proba, pero non obtivesen unha praza na especialidade escollida, poderán elixir outra nunha reunión que se celebrará o luns 5 de xuño.

Convocatoria e lista de aspirantes

Premio fin de grao

A celebración da proba correspondente ao premio fin de grao destinado ao alumnado que remata as ensinanzas profesionais este curso 2022-2023 está prevista para o vindeiro venres 2 de xuño.  

Lembramos que pode optar a este recoñecemento o alumnado que remate o sexto curso dos estudos profesionais de música cunha cualificación media igual ou superior a 8 no antedito curso e se presente á proba correspondente.

inscrición á proba poderá formalizarse o venres día 26 de maio, durante todo o día, na administración ou conserxería do centro.

Despois de pechada a inscrición, publicarase a relación de alumnado admitido, a composición do tribunal e, con posterioridade, a concreción horaria da proba. Esta celebrarase no auditorio do centro.

Toda a información correspondente á proba pódese descargar na ligazón de abaixo.

Información do premio fin de grao 

Publicado o martes, 23 de maio de 2023:

PROXECTOS COLABORATIVOS

Acaba de ver a luz un espazo web con documentación audiovisual, textual e fotográfica que amosa o traballo realizado por alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Cardinais - Academia Internacional Vertixe Sonora e Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón nunha serie proxectos colaborativos conxuntos desenvolvidos entre 2010 e 2023. 

Froito deste plantexamento e coa axuda de diferentes organismos, estes proxectos foron presentados en distintos escenarios de Lugo como o Auditorio Municipal Gustavo Freire e o MIHL e doutras cidades da nosa comunidade como o Auditorio de Galicia, Teatro Principal de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Conservatorio Superior de Música de Vigo, por citar algúns.

Na columna da dereita desta páxina xa tedes un acceso directo para poder visitala.

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional na especialidade de Piano

Publícase a convocatoria das persoas aspirantes para a realización da interpretación instrumental correspondente ao exercicio A da proba de acceso ao 1º curso de grao profesional
na especialidade de Piano.

Convocatoria

Publicado o luns, 22 de maio de 2023:

Agrupacións Grao Elemental 2023-2024

Xa podedes anotarvos para  nas distintas agrupacións do Grao elemental (coro, banda e orquestra) do curso 2023-2024.

Para facelo só tedes que cubrir o formulario premendo nesta ligazón. 

Os horarios serán os seguintes:
Coro infantil: martes de 16:00 a 17:00
Banda infantil: xoves de 16:00 a 17:00
Orquestra infantil: xoves de 17:00 a 18:00

Publicado o domingo, 21 de maio de 2023:

Matrícula para o curso 2023-2024

O prazo de matrícula correspondente ao curso 2023-2024 estenderase do 22 de maio ao 30 de xuño.

A matrícula estará destinada ao alumnado matriculado no presente curso 2022-2023 así como aos aspirantes que obtiveran praza nas probas de acceso aos diferentes cursos.

O alumnado con materias con avaliación negativa na avaliación ordinaria e que deba acudir á probas extraordinarias previstas para os días 16, 19, 20 e 21 de xuño deberá agardar ao resultado destas para formalizar a matrícula.

En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro.

A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.

O procedemento consistirá en confirmar a matrículalevar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través do correo electrónico ao enderezo administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.

Na ligazón de abaixo é posible ver e descargar unha guía co calendario de matrícula e os seus diferentes prazos así como a información precisa para a súa formalización.


Matrícula 2023-2024, guía

CURSO DE INICIACIÓN GRATUÍTO 2023-24

No vindeiro curso, o CMUS Xoán Montes ofertará un curso de iniciación gratuíto destinado a nenas e nenos nados no ano 2016. O número de prazas ofertadas é de 45, que se cubrirán por orde de inscrición ata chegar ao número máximo.


Para formalizar a matrícula podedes escanear o código QR que aparece na imaxe, ou premer nesta ligazón.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o día 14 de xuño de 2023.

Publicado o venres, 19 de maio de 2023:

Noelia Rodiles no CMUS

O vindeiro 23 de maio ás 20:30 horas poderemos gozar do fantástico concerto que Noelia Rodiles interpretará no noso conservatorio dentro do  Festival de Música Cidade de Lugo-50º Semana de Música do Corpus.


Noelia Rodiles tocou como solista xunto a orquestras como a Orquestra Nacional de España, Orquestra da Radio Televisión Española, Orquestra da Comunidade de Madrid, a Sinfónica do Principado de Asturias, a Orquestra Heinrich Heine de Düsseldorf, a Filharmónica de Querétaro (México) e The Soloists of London entre outras, baixo a dirección de mestres como Lucas Macías, Víctor Pablo Pérez, Pablo González, José Ramón Encinar, Michael Thomas, Marzio Conti, Ramón Tébar ou Pablo Mielgo.

A súa calidade musical foi recoñecida en concursos nacionais e internacionais de piano como o Rotary Club de Palma de Mallorca e o Ricard Viñes de Lleida ou o Primeiro premio, por unanimidade, e os tres premios especiais recibidos no Concurso Nacional de Piano Cidade de Albacete. Obtivo tamén o primeiro premio no Concurso Permanente de Xoves Intérpretes de Xuventudes Musicais de España na especialidade de música de cámara, así como o premio dos Circuítos Festclásica. 

Podes descargar o programa nesta ligazón.

A entrada será de balde ata esgotar as localidades e as localidades non son numeradas: asignaranse por orde de chegada ao concerto.

Publicado o xoves, 18 de maio de 2023:

Reparto de aspirantes no exercicio B.3 da proba de acceso a 1º curso de grao profesional

Publícase o reparto de aspirantes nos diferentes espazos para a realización do exercicio B.3 ―ditado, discriminación auditiva e discriminación interválica, melódica e harmónica― correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional.

Lembramos que esta proba está prevista para o vindeiro luns 22 de maio ás 18:00.


Reparto de aspirantes

Publicado o luns, 15 de maio de 2023:

O NENO DE PAU. CONTO MUSICAL

Os días 4 e 5 de maio, diversos colexios da provincia de Lugo tiveron a oportunidade de acudir ao auditorio do noso conservatorio para gozar con nós da representación do conto musical O neno de pau de Toni Cantal, na que se mesturaron música instrumental e vocal, narración e maxia.


Nela participou un ensemble instrumental de profesores do conservatorio, a ilusionista Lore Lavand e a cantante Sara Pérez Cruz. Xa podedes ver na nosa canle de Youtube o vídeo de unha das representacións.

Agardamos poder repetir a experiencia en vindeiras ocasións!!

Publicado o domingo, 14 de maio de 2023:

Concerto da Banda Xosé Castiñeira

O luns 15 de maio ás 19:00 poderemos gozar do concerto que a Banda Xosé Castiñeira dará no auditorio do noso conservatorio.


Celebrade con nós o día das nosas letras!!

Publicado o venres, 12 de maio de 2023:

Tribunais das probas de acceso, curso 2023-2024

Poden consultarse nas ligazóns de abaixo as composicións dos tribunais que avaliarán as probas de acceso aos diferentes cursos das ensinanzas elementais e profesionais así como as datas, horas e lugares de celebración.

Lembramos que será preciso acudir ás probas cun documento acreditativo da identidade da persoa aspirante e que é necesario tamén achegar ao tribunal tres copias das partituras correspondentes ás obras a interpretar co instrumento.

Publicado o mércores, 10 de maio de 2023:

FESTIVAL DE MÚSICA CIDADE DE LUGO

Un ano máis, o Festival de Música Cidade de Lugo-50º Semana de Música do Corpus, presenta a súa espectacular programación.

Do sábado 20 de maio ao 9 de xuño celebrarase na cidade de Lugo a 50ª edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do estado.

Podes descargar o programa nesta ligazón.

Todos os concertos celebraranse no Círculo das Artes de Lugo agás o da pianista Noelia Rodiles, que terá lugar no Conservatorio de Música Xoán Montes. Todos terán entrada de balde ata esgotar as localidades, e as entradas non son numeradas: asignaranse por orde de chegada ao concerto.


Actividades Letras Galegas

O vindeiro martes 16 de maio, poderemos gozar dun día festivo no que conmemoraremos Día das Letras Galegas con distintas actividades.


Comezaremos os festexos ás 18:00h no auditorio cun fantástico concerto, no que participarán Antonio Queija (piano), Lorena Rodríguez (clarinete) e o Coro do Grao Profesional dirixido por Henar Matesanz.

Unha vez rematado, ás 18:30h trasladarémonos á zona axardinada xunto a entrada do andar baixo para gozar da música do ensemble de clarinetes e do grupo de música tradicional do conservatorio, así como da danza do alumnado do CDAN. No caso de que a climatoloxía non acompañe, esta actuación realizarase no auditorio.

Remataremos o día ás 20:00h cun fantástico concerto do Dúo Klonos, formado por Rafael Yebra (saxofón) e Pablo Rodríguez (piano) que interpretarán un programa íntegro de compositores galegos.

Celebrade con nós o día das nosas letras!!

Publicado o mércores, 3 de maio de 2023:

PREMIOS DA FINAL DO CONCURSO XOSÉ CASTIÑEIRA

Logo de celebrarse onte a final do Concurso de interpretación Xosé Castiñeira, xa temos o fallo do xurado:

1º Premio e Artista Residente da Sociedade Filarmónica de Lugo para a tempada 2023-24: 
Gerald David Vázquez Fernández - clarinete

2º Premio: 
Álex Barcala Castro - piano

3º Premio: 
Miguel Alonso Prada - óboe

Noraboa a tódolos participantes por facernos gozar onte coa súa música, e vémonos na entrega de premios, que terá lugar ás 18:30 do martes día 9 de maio de 2023 na aula 1.14 do CMUS Xoán Montes.