Dende hoxe día 24 ata o vindeiro venres 5 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao profesional. Tanto a inscrición como o pago da taxa desenvolverase de maneira telemática.
As persoas aspirantes que non estean matriculadas no presente curso 2022-2023 e desexen ser acompañadas na proba de acceso polo profesorado pianista acompañante do centro poden solicitalo. A información para formalizar dita solicitude atópase no documento enlazado máis abaixo.
As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre como formalizar o pago da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega, ás instrucións ao respecto do servizo de piano acompañante, e a unha guía breve sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso.
Guía do pago da taxa na ATRIGA