• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 27 de abril de 2023:

Oferta mínima de prazas para o curso 2023-2024

Publícase a oferta mínima de prazas vacantes para o curso 2023-2024. Cómpre apuntar o carácter de mínimo da oferta e que, logo da adxudicación de prazas despois das probas de acceso e mais dos procesos de matrícula, poderán ofrecerse prazas vacantes nas especialidades nas que nesta primeira oferta figura un cero. No mes de xullo darase oportuna difusión destas posibles vacantes.

Oferta mínima de prazas para o curso 2023-2024

Publicado o martes, 25 de abril de 2023:

FINAL CONCURSO INTERPRETACIÓN XOSÉ CASTIÑEIRA

O vindeiro martes 2 de maio terá lugar, dende as 19:00 horas, a final do Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira no auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.

A orde de intervención, onde poderemos gozar da interpretación dos 3 finalistas, será a seguinte:

19:00h: Miguel Alonso Prada, que interpretará o Solo de concurso n°1, Op.33 para óboe e piano de Charles Colin.

19:30h: Álex Barcala Castro, que interpretará o Scherzo n°2, Op. 31 de Frédéric Chopin e a Rapsodia húngara nº 6 de Franz Liszt.

20:00: Gerald David Vázquez Fernández, que interpretará o Capricho para clarinete só en La de Heinrinch Sutermeister e a Primeira Rapsodia para clarinete e piano de Claude Debussy.


Animádevos e achagádevos a escoitar aos finalistas

Publicado o luns, 24 de abril de 2023:

Inscrición á proba de acceso ao 1º curso do grao profesional

Dende hoxe día 24 ata o vindeiro venres 5 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao profesional. Tanto a inscrición como o pago da taxa desenvolverase de maneira telemática.

As persoas aspirantes que non estean matriculadas no presente curso 2022-2023 e desexen ser acompañadas na proba de acceso polo profesorado pianista acompañante do centro poden solicitalo. A información para formalizar dita solicitude atópase no documento enlazado máis abaixo.

As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre como formalizar o pago da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega, ás instrucións ao respecto do servizo de piano acompañante, e a unha guía breve sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso.


Formulario de inscrición

Guía do pago da taxa na ATRIGA

Instrucións do servizo de piano acompañante

Guía breve sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso

Publicado o mércores, 19 de abril de 2023:

CRÍTICA UNIVERSO REICH

A revista Scherzo ven de publicar unha crítica de Paco Yáñez sobre o fantástico proxecto educativo Universo Reich, dirixido por Diego Ventoso. Este espectáculo multidisciplinar no que se fusiona música, danza, fotografía, videocreación e xestión cultural e no que participou alumnado de distintos centros educativos como o noso conservatorio entre outros conservatorios de música (participantes da Academia Cardinais de Vertixe Sonora), o Cdan de Lugo e a EASD Ramón Falcón, que culminou o pasado martes no Auditorio Gustavo Freire.

É moi grato para nós poder participar e colaborar en todo o que nos é posible neste tipo de iniciativas, así como tamén nos fixo especial ilusión a mención que se fai de Sara Pérez (voz) e Uxía Sierra e Victoria Oropeza (clarinetes) pola seu bo facer musical, tanto técnico como expresivo.

Podedes ler a crítica completa na seguinte ligazón:

Publicado o venres, 14 de abril de 2023:

PRAZO DE INSCRICIÓN ÁS ENSINANZAS DE GRAO ELEMENTAL

prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao elemental estenderase do 17 de abril ao 16 de maio. A inscrición, de balde, deberá formalizarse en liña a través da ligazón que se atopa más abaixo. Lembramos que a idade mínima e oito anos e a   máxima catorce cumpridos ou por cumprir neste ano 2023.

proba de acceso levarase a cabo a partir do 29 de maio. Lembramos que se trata dunha proba de aptitudes e non de coñecementos ou destrezas.


Inscrición ao 1º curso do grao elemental

Publicado o martes, 11 de abril de 2023:

CONCERTO DE BOROA

O vindeiro xoves 13 de abril poderemos gozar da presentación do disco O Clásico Fol, do grupo Boroa. 

No concerto poderemos escoitar a catro magníficos músicos: Sabela Olivares, que  foi profesora de gaita do noso conservatorio, Suso Bello (guitarra e voz), Alberto Millán (baixo) e Javier A. Gómez, que é profesor de percusión do noso conservatorio. 


Animádevos e non o perdades!! 

Publicado o luns, 10 de abril de 2023:

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS VENTO MADEIRA

O martes 11 de abril, poderemos gozar toda a tarde dunha exposición de instrumentos de vento madeira na biblioteca.

Amáis, tamén estará dispoñible un servicio de axuste para frautas.

Animádevos e achegádevos á biblioteca ó longo da tarde!  


Publicado o martes, 4 de abril de 2023:

UNIVERSO REICH

O vindeiro martes 11 de abril ás 20:00h poderemos presenciar no Auditorio Gustavo Freire, Unverso Reich, o primeiro concerto do XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.

Universo Reich presentará a lexendaria peza Music for 18 Musicians do compositor norteamericano Steve Reich nun espectáculo que contará coa participación de máis de 100 estudantes de diferentes especialidades artísticas, entre os que se atopa alumnado do noso conservatorio, dando forma así a un proxecto pedagóxico colaborativo dunha dimensión sen precedentes no ámbito educativo galego.

Podes descargar aquí máis información do concerto

                       Reserva aquí a túa entrada de valde