• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 16 de marzo de 2023:

Intercambio co CMUS de A Coruña

O vindeiro mércores 22 as nosas dúas bandas, Xosé Castiñeira e Indalecio Fernández Groba, levarán a cabo un intercambio coas dúas bandas das ensinanzas profesionais do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Con posterioridade, o mércores 29, será o noso centro o que visite o conservatorio coruñés.

En canto ao primeiro encontro, están programados dous concertos, un ás 17:30 e outro ás 19:00.

Importante: reservaranse dúas invitacións por participante de cada agrupación para asistir como público. Estarán dispoñibles na conserxaría do conservatorio dende hoxe xoves ata o día antes de cada evento no horario de apertura do centro. Dita invitación perderá a súa validez cinco minutos antes do comezo de cada concerto.

As persoas que se acheguen sen entrada poderán acceder aos concertos por orde de chegada ata completar a cabida do auditorio. 

Lembramos tamén que tanto o acceso ao auditorio como a posterior saída do conservatorio, terán que realizarse a través da porta que está situada na planta baixa, ao carón da Avenida de Madrid, agás persoas con mobilidade reducida.

Só está permitida a presenza de persoas que estean agardando para entrar aos concertos no vestíbulo do andar baixo e nas escaleiras de acceso ao auditorio, e nunca nos corredores do conservatorio.