• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o mércores, 29 de marzo de 2023:

Publicado o martes, 28 de marzo de 2023:

XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI

Durante o mes de abril terá lugar o XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI.


Lonxe de quedar no esquecemento, a chamada «música das esferas» foi constantemente reformulada e sacada a colación por multitude de teóricos, músicos e astrónomos durante a Idade Media, podéndose encontrar aínda no pensamento cartesiano dalgunha das personalidades máis importantes do Século das Luces.

Partindo desta contextualización histórica, o XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» presenta tres propostas caracterizadas pola busca dunha resignificación da relación música/universo máis aló do cosmolóxico no que a experiencia estética alcance outros ámbitos. 

A creación de música electrónica en vivo, unha experiencia inmersiva nada dunha reflexión acerca do impacto das novas tecnoloxías na sociedade actual e a lexendaria peza Music for 18 Musicians de Steve Reich, interpretada nun espectáculo que contará coa participación de máis de 100 estudantes de diferentes especialidades artísticas, dando forma así a un proxecto pedagóxico colaborativo dunha dimensión sen precedentes no ámbito educativo galego, serán as tres propostas desta edición.

Publicado o luns, 27 de marzo de 2023:

CONCERTO CORO INFANTIL DE PRIMAVERA

Mañá martes 28 de marzo, ás 17:00, poderemos gozar do fantástico concerto de primavera no auditorio do conservatorio a cargo do coro infantil . 


Agardámosvos!!!

Publicado o domingo, 26 de marzo de 2023:

CURSO CON ORIOL PRAT

Os días 21, 22 e 23 de abril terá lugar no noso conservatorio o Curso de Violoncello e Música de Cámara con Oriol Prat. 


Publicado o martes, 21 de marzo de 2023:

Bolsas para ensinanzas artísticas profesionais 2023-2024

O Ministerio de Educación y Formación Profesional ven de publicar a resolución pola que se convocan as bolsas de carácter xeral destinadas a estudos postobrigatorios, entre estes, as ensinanzas profesionais de música.

Como xa sucedera o pasado curso, este ano o calendario destas bolsas de estudos comeza en marzo coa publicación da resolución e mais coa apertura do prazo de solicitudes.

Nesta ligazón é posible atopar toda a información ao respecto.

CONCERTO DE PRIMAVERA DO CORO

Hoxe, martes 21 de marzo ás 18:00, poderemos gozar do fantástico concerto de primavera no auditorio do conservatorio a cargo do coro do conservatorio . 


Agardámosvos!!!

Publicado o xoves, 16 de marzo de 2023:

Intercambio co CMUS de A Coruña

O vindeiro mércores 22 as nosas dúas bandas, Xosé Castiñeira e Indalecio Fernández Groba, levarán a cabo un intercambio coas dúas bandas das ensinanzas profesionais do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Con posterioridade, o mércores 29, será o noso centro o que visite o conservatorio coruñés.

En canto ao primeiro encontro, están programados dous concertos, un ás 17:30 e outro ás 19:00.

Importante: reservaranse dúas invitacións por participante de cada agrupación para asistir como público. Estarán dispoñibles na conserxaría do conservatorio dende hoxe xoves ata o día antes de cada evento no horario de apertura do centro. Dita invitación perderá a súa validez cinco minutos antes do comezo de cada concerto.

As persoas que se acheguen sen entrada poderán acceder aos concertos por orde de chegada ata completar a cabida do auditorio. 

Lembramos tamén que tanto o acceso ao auditorio como a posterior saída do conservatorio, terán que realizarse a través da porta que está situada na planta baixa, ao carón da Avenida de Madrid, agás persoas con mobilidade reducida.

Só está permitida a presenza de persoas que estean agardando para entrar aos concertos no vestíbulo do andar baixo e nas escaleiras de acceso ao auditorio, e nunca nos corredores do conservatorio.

Publicado o martes, 14 de marzo de 2023:

EVE CORNELIOUS

O luns 27 de marzo estará no noso conservatorio a cantante de jazz Eve Cornelious (Nova Jersey, EEUU).

Nesta visita ao noso centro realizará as seguintes actividades:

  • clase maxistral entre as 18:30 e as 20:00. 
  • concerto ás 20:15. 

Para poder asistir tanto á clase maxistral como ao concerto, podedes consultar todo a información premendo nesta ligazón.

Lembrade que todo o público alleo ao noso conservatorio, agás persoas con mobilidade reducida,  terá que entrar no edificio para acceder ao auditorio pola porta do andar baixo situada ao carón da avenida de Madrid.

Publicado o luns, 13 de marzo de 2023:

Probas de acceso ao curso 2023-2024

Publícase a información correspondente ás probas de acceso ao curso 2023-2024 nos diferentes cursos e especialidades.

No menú da dereita atópase a ligazón ao espazo da web que contén a diversa información das probas.

Día non lectivo 17 de marzo

O venres día 17 de marzo foi elixido como día non lectivo polo centro.


Polo tanto, non haberá clase  e o centro permanecerá pechado

CURSO DE TUBA-BOMBARDINO

O días 18, 19 e 20 de abril terá lugar no noso conservatorio o Curso de Tuba-Bombardino con Manuel Martínez Villar. 

Para poder realizar a inscrición tedes que enviar un correo electrónico ó seguinte enderezo:

nicolas.porric@cmusxoanmonteslugo.edu.es 

Publicado o xoves, 9 de marzo de 2023:

CREANDO SINERXÍAS

Creando Sinerxía é un proxecto pedagóxico de innovación educativa organizado polo Consmupa no que participan profesorado e alumnado de clarinete de varios conservatorios de Asturias e nesta edición, o noso conservatorio e a escola municipal de música de Lugo.

Logo das actividades do anterior fin de semana e Oviedo, este proxecto viaxa á nosa cidade, e o domingo 12 ás 12:30 será posible gozar do concerto programado no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Podes descargar o programa premendo nesta ligazón. 

Reserva aquí a túa entrada


Publicado o martes, 7 de marzo de 2023:

XORNADA DE LUTHERÍA NA BIBLIOTECA

O vindeiro 9 de marzo contaremos coa presenza na Biblioteca do noso conservatorio de dúas importantes figuras da luthería galega.


Durante toda a tarde contaremos coa demostración do traballo de José Catoira na Biblioteca, que realizará as seguintes actividades:

  • Dende as 16.30 José estará demostrando o seu traballo na Biblioteca.
  • Ás 17:15: actividade para o mantenemento do instrumento co alumnado de corda friccionada máis cativo.
  • Ás 18:00 compartirá co alumnado en xeral a maneira de facer un boceto. Para poder realizalo só tedes que traer un compás, unha regra e un lapis.

Por último, e para rematar a xornada, ás 20:00 teremos unha interesante Parola,  aberta ao público en xeral, cos dous luthieres galegos José Catoira e Germán Arias.


José centra a súa actividade á familia do violín, mentres que Germán adícase á restauración e construcción de instrumentos antigos. 

Animádevos a asistir!!

Publicado o xoves, 2 de marzo de 2023:

MÚSICA E ELECTRÓNICA

Do 28 de febreiro ao 15 de marzo poderemos disfrutar da exposición Música e Electrónica no lucernario do primeiro andar e tamén na biblioteca do conservatorio.


Para complementala, tamén teremos a sorte de disfrutar das conferencias que ofrecerá Sergio Pena sobre esta temática na biblioteca os martes 28 de febreiro e 7 de marzo ás 19:30.


Animádevos e non vos perdades nin a exposición nin as conferencias!!

Publicado o mércores, 1 de marzo de 2023:

XORNADAS CONTRABAIXÍSTICAS

O sábado 25 de marzo, terá lugar a primeira edición das XORNADAS DE CONVIVENCIA CONTRABAIXÍSTICA.

Esta actividade, organizada para alumnado de contrabaixo do grao elemental e profesional, realízase co desexo de interactuar e promover un foro de entendemento e convivencia.

Durante a xornada do sábado, os alumnos de contrabaixo, recibirán unha clase individual e e unha clase colectiva a cargo de Carlos Méndez López, así como tamén poderán escoitar as clases dos seus compañeiros.

Para poder anotarse e obter máis información só tedes que acceder á seguinte ligazón