O vindeiro xoves día 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, celebraremos o Día de Rosalía en conxunto coa Escola de Idiomas.
No acto conmemorativo actuará o ensemble de clarinetes do noso conservatorio, alumnado da EOI, que recitará os versos da autora galega nos sete idiomas que se imparten na escola e unha intérprete de signos de ACOPROS (Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo).
Animádevos e acompañádenos na Praza dos Conservatorios o día 23 ás 17:00.
(En caso de choiva celebrase no auditorio do conservatorio)