• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 28 de febreiro de 2023:

PRÓBATE NA PROBA 2023

Os vindeiros 27, 28 e 29 de marzo celebrarase o "Próbate na proba", ensaio do exercicio B da proba de acceso a 1º de grao profesional, organizado polo Departamento de Linguaxe Musical.


Podedes consultar as listaxes de participantes e os horarios no taboleiro de anuncios do conservatorio ou ben nas seguintes ligazóns:

Listaxe de participantes

Horarios e aulas


Publicado o luns, 20 de febreiro de 2023:

Día de Rosalía

O vindeiro xoves día 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, celebraremos o Día de Rosalía en conxunto coa Escola de Idiomas. 

No acto conmemorativo actuará o ensemble de clarinetes do noso conservatorio, alumnado da EOI, que recitará os versos da autora galega nos sete idiomas que se imparten na escola e unha intérprete de signos de ACOPROS (Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo).


Animádevos e acompañádenos na Praza dos Conservatorios o día 23 ás 17:00.
(En caso de choiva celebrase no auditorio do conservatorio)



Publicado o xoves, 16 de febreiro de 2023:

Publicado o mércores, 1 de febreiro de 2023:

FINALISTAS CONCURSO XOSÉ CASTIÑEIRA

Logo de celebrarse onte a fase previa, xa temos o nome dos 3 finalistas do Concurso de interpretación Xosé Castiñeira:

Miguel Alonso Prada - óboe
Álex Barcala Castro - piano
Gerald David Vázquez Fernández - clarinete

Noraboa a tódolos participantes por facernos gozar onte coa súa música, e vémonos na fase final, que terá lugar o día 2 de maio de 2023 no Auditorio do CMUS Xoán Montes.