• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 31 de xaneiro de 2023:

PRÓBATE NA PROBA 2023

Durante a semana do 27 de marzo está prevista a celebración da actividade 'Próbate na Proba', un ensaio da parte de Linguaxe musical, o exercicio B, da proba de acceso ao 1º curso do grao profesional. 

Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencellada á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe musical propón dous obxectivos para cada participante:

  • adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios do xeito máis semellante á proba mesma
  • ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.

Respecto á inscrición, esta poderá levarse a cabo do 1 ao 15 de febreiro ás 14:00 a través do formulario de Google que se atopa na ligazón situada abaixo desta publicación. 

As datas, horarios e lugares exactos de realización daranse a coñecer o martes 28 de febreiro, así como a lista de participantes.