• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 31 de xaneiro de 2023:

PRÓBATE NA PROBA 2023

Durante a semana do 27 de marzo está prevista a celebración da actividade 'Próbate na Proba', un ensaio da parte de Linguaxe musical, o exercicio B, da proba de acceso ao 1º curso do grao profesional. 

Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencellada á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe musical propón dous obxectivos para cada participante:

  • adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios do xeito máis semellante á proba mesma
  • ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.

Respecto á inscrición, esta poderá levarse a cabo do 1 ao 15 de febreiro ás 14:00 a través do formulario de Google que se atopa na ligazón situada abaixo desta publicación. 

As datas, horarios e lugares exactos de realización daranse a coñecer o martes 28 de febreiro, así como a lista de participantes.

Publicado o venres, 27 de xaneiro de 2023:

Celebración do Día da Paz


O vindeiro luns día 30, co gallo do Día da Paz, o alumnado participante do curso de iniciación realizará unha pequena actuación no Hall do conservatorio. Esta actuación terá dous pases, nos que intervirán os distintos grupos do curso:  ás 17:15h e ás 19:15h.


Celebremos o Día da Paz todos xuntos!!



Publicado o mércores, 25 de xaneiro de 2023:

Concurso de microrrelatos inspirados en Tchaikovsky

A Biblioteca do CMUS Xoán Montes ven de organizar o 2º concurso de microrrelatos, nesta ocasión, para homenaxear ó compositor Piotr Ilich Tchaikovsky. A maiores, no Instagram da biblioteca poderedes atopar contido da vida e obra do compositor que poideredes consultar.

Para ler as bases do concurso podes premer nesta ligazón ou tamén escanear o código QR do mesmo cartaz. 


Animádevos a participar!!!

Publicado o xoves, 12 de xaneiro de 2023:

Concurso Interpretación Xosé Castiñeira

Lembrade que o noso conservatorio presentou o mes pasado o Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira, retomando deste xeito o tradicional concurso de solistas que se realizaba no noso centro ata a irrupción da pandemia, pero dun xeito renovado.


Poderá inscribirse neste concurso todo o alumnado matriculado no noso conservatorio no presente curso antes do día 18 de xaneiro de 2023 ás 22:00.

Nesta ligazón podedes descargar e consultar as bases.

Publicado o luns, 9 de xaneiro de 2023:

De Parola con Sabela Olivares

O vindeiro mércores 11 de xaneiro, teremos a oportunidade de estar de parola con Sabela Olivares,  gaiteira, docente e compositora.

Nesta parola, Sabela presentará a súa última publicación: 12 valses para gaita e piano.


Achegádevos á biblioteca do CMUS o mércores 11 de xaneiro ás 20:00!