• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 23 de decembro de 2022:

Vacacións de Nadal

As vacacións de nadal abranguerán dende o 23 de decembro ao 8 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.

Felices Festas!!


Publicado o mércores, 14 de decembro de 2022:

Concertos de nadal

Na derradeira semana deste mes de nadal, celebraremos estas festas con varios concertos de distintas agrupacións do noso conservatorio. 

O mércores día 21 actuarán a banda Xosé Castiñeira, coa colaboración do Coro do Grao Profesional, e a banda Indalecio F. Groba, ás 18:00 e 20:00 respectivamente.

O xoves día 22, ás 17:30, comezaremos a xornada gozando do concerto conxunto da banda e orquesta do grao elemental.


Para rematar a xornada, ás 19:30 poderemos asistir ao concerto da orquestra e o ensemble do grao profesional. 
Neste concerto tamén poderemos disfrutar da colaboración do Coro do noso conservatorio con varias intervencións.


Animádevos, e vide a gozar coa música!!


Importante: reservaranse dúas invitacións por participante de cada agrupación para asistir como público. Estarán dispoñibles na conserxaría do conservatorio dende hoxe mércores, ata o día antes de cada evento no horario de apertura do centro. Dita invitación perderá a súa validez cinco minutos antes do comezo de cada concerto.

As persoas que se acheguen sen entrada poderán acceder aos concertos por orde de chegada ata completar a cabida do auditorio. 

Lembramos tamén que tanto o acceso ao auditorio como a posterior saída do conservatorio, terán que realizarse a través da porta que está situada na planta baixa, ao carón da Avd. de Madrid, agás persoas con mobilidade reducida. 

Só está permitida a presenza de persoas que estean agardando para entrar aos concertos nas escaleiras de acceso ao auditorio, e nunca nos corredores do conservatorio.

Publicado o mércores, 7 de decembro de 2022:

Concerto á noitiña co coro

O vindeiro martes 13 de decembro ás 19:00 poderemos gozar do fantástico Concerto á noitiña do coro ddo CMUS no auditorio do conservatorio. 

Agardámosvos!!!

Publicado o martes, 29 de novembro de 2022:

Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira

O noso conservatorio presenta o Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira, retomando deste xeito o tradicional concurso de solistas que se realizaba no noso centro ata a irrupción da pandemia, pero dun xeito renovado.

A finalidade principal á a de motivar ao alumnado das distintas especialidades instrumentais mediante a interpretación pública de unha ou varias obras pertencentes ao repertorio solista do seu instrumento, e tamén dar a coñecer a Xosé Castiñeira, personalidade notable da nosa cidade.


Poderá inscribirse neste concurso todo o alumnado matriculado no noso conservatorio no presente curso antes do día 18 de xaneiro de 2023 ás 22:00.

Nesta ligazón podedes descargar e consultar as bases.

Publicado o venres, 25 de novembro de 2022:

Concerto do Coro Infantil

O vindeiro martes 29 de novembro ás 17:00 poderemos gozar dun fantástico concerto do coro infantil no auditorio do conservatorio. 

Agardámosvos!!!

Publicado o mércores, 23 de novembro de 2022:

Foliada de sta Icía

Para rematar as actividades desta semana de Sta Icía, lembrade que mañá xoves 24 de novembro entre as 19:30 e as 21:00 celabrarase unha foliada na que todos os asistentes poderán tocar, cantar, bailar....


Anímate, colle o teu instrumento e ven a pasalo ben!!

Publicado o venres, 18 de novembro de 2022:

Actividades de Sta Icía

Nesta semana celebraremos a festividade de Sta. Icía con diversas actividades, comezando o martes día 22 ás 17:30 cunha actividade organizada polo CDAN: a proxección da obra mestra de Charles Chaplin de cine mudo The Kid, onde o pianista Fran Rey será o encargado de facernos vivir a experiencia das primeiras salas de cine mudo con música en directo. 


Este mesmo día ás 20:00 terá lugar, tamén no auditorio, o Concerto de Sta. Icía, no que unha representación do alumnado e profesorado do noso conservatorio pecharán a xornada do mellor xeito: facendo boa música e compartíndoa con todos nós.


Para rematar, o xoves día 24 ás 19:30 na aula de orquestra terá lugar a Foliada de Sta Icía. Unha festa musical na que todos os asistentes poderán tocar, cantar e bailar.... así que animádevos, collede o voso instrumento e vide a gozar coa música!!


Feliz Sta. Icía!!!

Publicado o xoves, 17 de novembro de 2022:

Concerto de Sta Icía

O vindeiro martes 22 de novembro ás 20:00 terá lugar no auditorio do conservatorio o Concerto de Sta. Icía, no que participarán alumnado e profesorado do centro.  

Achegádevos e gozade coa música!!

Publicado o venres, 11 de novembro de 2022:

Concurso EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do conservatorio ven de convocar un concurso para a renovación do seu logo. Este concurso ten como obxectivo espertar a imaxinación, fomentar o emprego do galego e impulsar o talento creativo a través da creación dun novo logotipo para o noso EDLG.


Amais dos 3 premios aos logos con mais votacións, tódolos concursantes recibirán un pequeno agasallo pola súa participación.

O prazo para a entrega dos logotipos será dende o 15 de novembro ata o 14 de decembro de 2022 ás 20:00 horas. Podes consultar as bases do concurso nesta ligazón.

Publicado o martes, 8 de novembro de 2022:

Eleccións para a renovación do consello escolar

Prezada comunidade educativa.

Dende hoxe día 8 e ata o vindeiro luns 14 será posible a presentación de candidaturas no contexto das eleccións de integrantes do noso consello escolar que terán lugar entre os días 22 e 25 de novembro.

Despois do aprazamento da renovación parcial do ano 2020 a causa da crise sanitaria producida pola COVID-19, e logo da consecuente celebración adiada de eleccións o pasado outono, este ano 2022 restáurase o calendario ordinario en canto ás renovacións parciais do noso consello escolar. Nesta ocasión, todos os sectores, alumnado, nais, pais ou titores legais, persoal de administración e servizos, e profesorado, poderán escoller aos seus representantes.

Desta maneira, e tralo sorteo público para a designación das persoas integrantes da xunta electoral e posterior constitución da mesma o pasado día 7, o proceso segue o seu camiñar coa publicación dos censos electorais nos taboleiros do centro, o comezo do prazo de presentación de candidaturas, e a apropiada difusión da información tanto do proceso como do seu calendario durante o presente mes. Este é como segue.

  • Venres 3, sorteo público para a designación de integrantes da xunta electoral.
  • Luns 7, constitución da xunta electoral e concreción do proceso.
  • Martes 8, comezo do prazo de presentación de candidaturas e publicación dos censos electorais
  • Luns 14, fin do prazo de presentación de candidaturas.
  • Mércores 16 proclamación e publicación das candidaturas admitidas.
  • Mércores 16, sorteo público para a designación de integrantes das mesas electorais (ás 13:30 na administración do centro).
  • Martes 22, votación das nais, pais e titores legais para a elección dos seus representantes (de 16:45 a 19:15 no vestíbulo do centro).
  • Mércores 23, votación do alumnado para a elección dos seus representantes (de 16:45 a 19:15 no vestíbulo do centro).
  • Venres 25, votación do persoal de administración e servizos para a elección da súa persoa representante (ás 11:30 na administración do centro).

  • En canto á data para a votación dos representantes do profesorado, esta será fixada en reunión de claustro de acordo coa normativa de aplicación.
    As persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán empregar o impreso que é posible descargar na ligazón que se atopa abaixo de esta publicación ou recoller na conserxería do centro. En todo caso, será precisa a súa entrega de maneira presencial na conserxería do conservatorio.
    Dende a dirección do centro quixera facer novamente unha chamada á participación tanto na presentación de candidaturas como na elección destas. Dende a publicación da Constitución en 1978 a participación nas escolas ven sendo unha saudable característica do noso sistema educativo. O devir dun centro debe considerarse cousa de todas as persoas que conforman a súa comunidade; cómpre, polo tanto, adoptar unha actitude comprometida ao respecto da participación no seu goberno.

    Un saúdo.

    A dirección

    Publicado o martes, 1 de novembro de 2022:

    De parola con Teresa Adrán

    O vindeiro martes 8 de novembro, teremos a oportunidade de estar de parola con Teresa Adrán, docente e divulgadora musical. Amais, Teresa ten unha ampla experiencia na redacción de programas de man, sempre  transmitidos de xeito didáctico e documentado, participando na elaboración dos mesmos en tempadas da Real Filharmonía de Galicia e do Festival de Música de Lugo.


    Achegádevos á biblioteca do CMUS o martes 8 de novembro ás 20:00!

    Publicado o sábado, 15 de outubro de 2022:

    UNIVERSO REICH

    «Universo Reich» é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado de escenografía e deseño audiovidual, danza contemporánea e música da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e da Academia Internacional Cardinais 2022/2023 de Vertixe Sonora (na que participa alumnado do noso conservatorio), respectivamente. 

    Tomando como punto de partida a lexendaria peza musical de Steve Reich Music for 18 Musicians e a través da metodoloxía Art Thinking, dito alumnado levará a cabo unha proposta artística propia coa coordinación do profesorado das tres institucións en diferentes sesións de traballo conxunto e individual. 

    A creación resultante será presentada o 11 de abril de 2023 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, frutificando desta forma unha experiencia artística sen precedentes no ámbito educatico galego.

    Publicado o venres, 23 de setembro de 2022:

    Biblioteca

     
    Xa podedes facer o voso carné de usuario!!!

    Publicado o martes, 13 de setembro de 2022:

    Coro, Banda e Orquestra de Grao Elemental

    Xa podedes anotarvos nas distintas agrupacións do Grao elemental (coro, banda e orquestra).

    Para facelo só tedes que cubrir o formulario premendo nesta ligazón

    Os horarios serán os seguintes:
    Coro infantil: martes de 16:00 a 17:00
    Banda infantil: xoves de 16:00 a 17:00
    Orquestra infantil: xoves de 17:00 a 18:00

    Publicado o venres, 9 de setembro de 2022:

    Asignación de docencia Repentizacion e acompañamento (Piano)

    Publícase a asignación de docencia do alumnado da materia de Repentización e acompañamento da especialidade de Piano correspondente ao curso 2022-2023.

    A listaxe poderá consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que a listaxe soamente poderá consultarse na versión web de CentrosNET.

    Asignación de docencia do alumnado de Percusión

    Publícase a asignación de docencia do alumnado da especialidade de Percusión correspondente ao curso 2022-2023.

    A listaxe poderá consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que a listaxe soamente poderá consultarse na versión web de CentrosNET.

    Elección de horarios

    Publícase a concreción horaria de especialidades, docentes e espazos ao respecto da elección de horarios das materias individuais, Repentización e acompañamento e Piano complementario prevista para os días 9 e 12 de setembro.

    Elección de horarios, concreción

    Asignación de docencia ao alumnado

    Publícase a asignación de docencia ao alumnado correspondente ao curso 2022-2023.

    As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.

    Actualización dos grupos das materias colectivas e agrupacións

    Publícanse a actualización dos grupos e horarios definitivos das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao curso 2022-2023.

    As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.

    Grupos de Conxunto e Música de cámara

    Publícanse os grupos das materias de Conxunto e Música de cámara correspondentes ao curso 2022-2023.

    As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.

    Publicado o martes, 6 de setembro de 2022:

    Comezo do curso

    Prezadas familias.

    O curso 2022 -2023 bota a andar. No escenario dunha recuperada normalidade o centro comeza a súa ordinaria actividade previa ao inicio efectivo das clases. Desta maneira, mañá mércores 7 está prevista a publicación dos grupos das materias de Conxunto e Música de cámara, o xoves 8 a relación do alumnado co profesorado adxudicado e a concreción horaria de especialidades, docentes e espazos ao respecto da elección de horarios das materias individuais, Repentización e acompañamento e Piano complementario.

    En relación a elección de horarios, esta desenvolverase os días 9 e 12 de setembro. O comezo das clases está prevista para o vindeiro mércores 14.

    Aínda que o xoves esperamos publicar a antedita concreción horaria, achegamos xa o reparto de especialidades nos días 9 e 12.

    Aproveitamos esta publicación para saúdar a toda a comunidade educativa do CMUS Xoán Montes e compartir o devezo porque sexamos quen de gozar dun curso proveitoso.

    Unha aperta.

    A dirección


    Elección de horarios, especialidades, datas e horarios

    Publicado o sábado, 3 de setembro de 2022:

    Música para 18 Músicos de Steve Reich

    Trala suspensión do concerto da Música para 18 Músicos de Steve Reich prevista para o pasado día 30, dentro do proxecto Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022, no que participan 9 alumnos e exalumnos do noso conservatorio, amáis de Diego Ventoso (profesor de percusión), finalmente hai unha nova data para realizar a interpretación do mesmo: 
    domingo 4 de setembro ás 13 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela

    Publicado o venres, 2 de setembro de 2022:

    Grupos e horarios definitivos curso 2022-2023

    Publícanse os grupos e horarios definitivos das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao curso 2022-2023.

    As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.

    Publicado o mércores, 31 de agosto de 2022:

    Publicado o domingo, 14 de agosto de 2022:

    Música para 18 Músicos de Steve Reich

    O martes 30 agosto ás 20:00h, celebrarase o Festival C na Praza das Praterías de Santiago de Compostela, na que un ensemble formado por 18 músicos interpretarán a MÚSICA PARA 18 MÚSICOS de Steve Reichunha das súas grandes composicións, e considerada como "unha das obras que pode reclamar con razón ter alterado o curso da música occidental".

    O autor novaiorquino é un dos compositores vivos máis influíntes da sua xeración, cunha ampla gama de obras mestras que xogaron un papel fundamental na transformación e evolución das técnicas e linguaxe musicais do século XX e XXI.

    Neste proxecto participarán 9 alumnos e exalumnos do noso conservatorio, amáis de Diego Ventoso (profesor de percusión).

    A través de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022, os solistas de Vertixe Sonora ofrecen un marco pedagóxico de formación para que intérpretes de diferentes especialidades instrumentais, músicos mozos no inicio da súa carreira, poidan ter un contacto directo coa realidade musical de vangarda que abarca tódalas dimensións de realización dun proxecto, e participar de contextos de traballo profesionais no eido da música contemporánea. 

    A convocatoria estivo dirixida a músicos próximos a rematar os seus estudos interesados ​​en afrontar os especiais retos da música nos séculos XX e XXI e logo dun arduo proceso de selección, audicións e ensaios presentarase o ensemble formado por:

    Laura Candame, Sara Pérez, Sara Reija e Daniela Antunes voces 

    Xoán Carro violín 

    Uxía Sierra e Victoria Oropeza clarinete en si b e clarinete baixo 

    Rubén Canedo violonchelo 

    David Durán, Luis Ángel Martínez, Seunghun Shin e Gloria Uzal piano 

    Pablo Carballeira, César Fouce, Ismael Moeda, Marcos Roca, Lucas Souto, Pablo del Valle e Diego Ventoso percusión 

    Iván Ferrer técnico de son 

    Enrique Martínez dirección vocal

    Publicado o xoves, 14 de xullo de 2022:

    Grupos e horarios provisionais, curso 2022-2023

    Publícanse os grupos e horarios provisionais das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao vindeiro curso 2022-2023.

    As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Ao respecto das solicitudes de cambio, estas poderán formalizarse entre o momento desta publicación e o vindeiro 31 de xullo. A solicitude deberá levarse a cabo a través do formulario ao que é posible acceder dende esta ligazón.

    A publicación cos grupos e horarios definitivos está prevista para o vindeiro venres 2 de setembro.

    En canto ás solicitudes para asistir como oínte, estas poderán formalizarse tamén entre o momento desta publicación e o vindeiro 31 de xullo. A solicitude deberá levarse a cabo a través do formulario ao que é posible acceder dende esta ligazón.

    No referente ás solicitudes de docencia, publícanse tamén as aceptadas para a súa consideración e, de ser o caso, formalización polos departamentos didácticos correspondentes. A listaxe pode consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

    Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.

    Oferta definitiva de prazas vacantes, curso 2022-2023

    Publicase a relación definitiva de prazas vacantes nos diferentes cursos e especialidades instrumentais correspondentes ao curso 2022-2023 logo da finalización do proceso ordinario de matrícula e mais do desenvolvemento das probas de acceso.

    Prazas vacantes curso 2022-2023

    Publicado o martes, 12 de xullo de 2022:

    Publicado o venres, 1 de xullo de 2022:

    Matrícula curso 2022-2023

    O prazo de matrícula correspondente ao curso 2022-2023 estenderase do 20 de xuño ao 3 de xullo.

    A matrícula estará destinada ao alumnado matriculado no presente curso 2021-2022 así como aos aspirantes que obtiveran praza nas probas de acceso aos diferentes cursos. En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro.

    O conservatorio, para este ano académico 2022-2023 incorpora o trámite en liña como procedemento único para a formalización da matrícula. Aínda que este proceso esixirá de toda a comunidade educativa un esforzo no tocante ao manexo da plataforma, si esperamos acadar unha maneira máis eficiente de desenvolver o proceso.

    A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.

    O procedemento consistirá en confirmar a matrículalevar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través da mensaxería de CentrosNET ou dirixindo o envío ao enderezo electrónico administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal. Na ligazón de abaixo é posible ver e descargar unha guía para desenvolver todo o procedemento.

    Matrícula curso 2022-2023, guía

    Publicado o luns, 27 de xuño de 2022:

    Recital de piano. Aldara Pérez

    O vindeiro martes 28 de xuño ás 19:00, a pianista Aldara Pérez ofrecerá un recital no noso conservatorio.

     
    Estades tod@s convidad@s!!

    Publicado o xoves, 23 de xuño de 2022:

    Probas de acceso, resultados

    Publícanse os resultados das probas de acceso aos cursos diferentes de primeiro.

    Cómpre apuntar que, ao respecto destas probas, o feito de ter superada a proba non conduce á obtención dunha praza. A oferta mínima de prazas vacantes aprobada e publicada polo centro non recollía vacantes nos cursos diferentes de primeiro. Así é todo, e ao tratarse dunha oferta mínima, é posible que, con posterioridade ao proceso de matrícula, si xurdan novas vacantes. Desta maneira, o consello escolar como órgano competente será quen adxudique as prazas logo da finalización do prazo de matrícula o vindeiro 3 de xullo. As persoas aspirantes que superasen as probas pero non obtiveran praza, disporán dun prazo de matrícula extraordinario posterior ao que está a transcorrer agora.


    Publicado o luns, 20 de xuño de 2022:

    Admitidos e lista de agarda do Curso Iniciación

    Publícase a relación de admitid@s por grupos e a lista de agarda do Curso Iniciación, que se impartirá a partir do vindeiro mes de setembro.

    Pode consultar a relación de aspirantes na seguinte ligazón ou no taboleiro de anuncios do conservatorio.

    Admitidos e lista de agarda do Curso de Iniciación 2022/23

    Formulario horario alumnado curso 2022-2023

    Publícase o formulario para recoller a información precisa ao respecto da elaboración dos horarios e dos grupos para o vindeiro curso 2022-2023. O formulario permanecerá aberto entre o 20 de xuño e o 3 de xullo coincidindo co período de matrícula.

    No caso do alumnado que cursa dúas especialidades será preciso cubrir dous formularios diferentes.

    Dispoñer da información que achega o formulario é esencial para a mellor conciliación dos estudos no conservatorio cos correspondentes ao ensino obrigatorio e coas diversas circunstancias de natureza particular.

    Formulario horario alumnado curso 2022-2023

    Publicado o venres, 17 de xuño de 2022:

    Probas de acceso aos cursos diferentes a primeiro

    Publícanse os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao aos cursos diferentes a primeiro de grao elemental e grao profesional nas diferentes especialidades instrumentais. Nas ligazóns de abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.



    Clarinete (3º profesional)

    Gaita (4º elemental)

    Guitarra (2º elemental)

    Piano (2º elemental)

    Piano (3º elemental)

    Piano (2º profesional)

    Piano (3º profesional)

    Trompa (4º elemental)

    Trompeta (3º elemental)

    Violín (2º elemental)

    Violín (2º profesional)

    Violoncello (4º elemental)

    Linguaxe musical (Exercicio B)


    Publicado o mércores, 15 de xuño de 2022:

    CentrosNET e a súa APP

    Dentro do proceso de renovación que, en diferentes áreas, está a desenvolver o centro, a comunicación e mais as xestións administrativas ocupan unha parte destacada. Diferentes procedementos están a mudar a súa maneira de facer transitando do papel ao dixital e da presencialidade ao telemático.

    A nosa comunidade educativa coñece ben CentrosNET como plataforma de comunicación de resultados de avaliación ou faltas de asistencia. Agora o centro ten a vontade de consolidar este recurso facendo uso de todas as súas posibilidades. Desta maneira, a formalización da matrícula correspondente ao vindeiro curso 2022-2023 levarase a cabo de maneira exclusiva a través desta plataforma e, por todo isto, resulta indispensable que todas as familias teñan habilitado o acceso á mesma, e isto tanto ao respecto do alumnado coma dos seus responsables, nais, pais ou titores legais. Ao mesmo tempo, a intención do conservatorio é que CentrosNET sexa unha das canles de comunicación coas familias no tocante a notificacións, avisos ou difusión de información en xeral.

    Cómpre tamén facer referencia á aplicación móbil da que dispón CentrosNET. Pode instalarse nun contorno de iOS ou de Android. A aplicación permite a comunicación co profesorado, a consulta de cualificacións ou da asistencia do alumnado. Pode descargarse dende esta ligazón.

    Un saúdo, e grazas.

    A dirección



    Publicado o venres, 10 de xuño de 2022:

    Composición dos tribunais das probas de acceso aos cursos diferentes a primeiro

    Pode consultarse na ligazón de abaixo a composición dos tribunais que avaliarán as probas de acceso
    aos cursos diferentes a primeiro de grao elemental e grao profesional
     nas diferentes especialidades instrumentais ademais das datas, horas e lugares de celebración.


    Probas de acceso aos cursos diferentes de primeiro, tribunais

    Publicado o sábado, 4 de xuño de 2022:

    Probas avaliación extraordinaria

    Publícase o calendario das probas correspondentes á avaliación extraordinaria do curso 2021-2022. Na ligazón de abaixo é posible consultar as datas, horas e espazos ao respecto das diferentes materias e docentes.

    Probas extraordinarias, datas, horarios e espazos

    Publicado o venres, 3 de xuño de 2022:

    Premio fin de grao: Galardoados

    Publícase a relación de aspirantes que obtiveron o premio de fin de grao neste curso académico 2021/22:

    Poderase recoller o diploma acreditativo na conserxería do centro a partir do vindeiro martes 7 de xuño de 2022

    Publicado o xoves, 2 de xuño de 2022:

    Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, resultados.

    Publícanse os resultados da proba de acceso ao primeiro curso das ensinanzas elementais. A listaxe das persoas aspirantes que superaron a proba e obtiveron praza na especialidade solicitada, a listaxe coas persoas que superaron a proba e non obtiveron praza na especialidade solicitada, ademais das prazas vacantes resultantes despois da primeira adxudicación logo da celebración da proba.

    Ao respecto das nenas e nenos que superaron a proba pero non obtiveron praza, o vindeiro martes 7 de xuño ás 18:00 desenvolverase no auditorio do centro unha reunión para, de ser o caso, adxudicar as anteditas prazas vacantes. A asistencia a dita reunión é indispensable para permanecer nas listaxes de agarda correspondentes ás especialidades escollidas no momento de formalizar a inscrición á proba.

    Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, resultados.

    Publicado o mércores, 1 de xuño de 2022:

    Probas de acceso: 2º a 4º de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional

    Recórdase que ata o vindeiro venres 3 de xuño estará aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso de 2º, 3º e 4º de Grao Elemental e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.

    As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.

    Formulario de inscrición

    Guía das ensinanzas profesionais e o seu acceso

    Guía do pago da taxa na ATRIGA

    Publicado o luns, 30 de maio de 2022:

    Rethinking Bach: As Variacións Goldberg transcritas para violín solo

    O martes 31 de maio está prevista a celebración no noso auditorio dun dos concertos que forman parte da
    programación do Festival de Música Cidade de Lugo deste ano 2022. O centro recupera a presenza de concertos deste festival no seu auditorio, nova que, sen dúbida, cómpre salientar.

    Para este regreso dun evento do festival ao auditorio escolleuse un concerto de indubidable interese e, dende logo, axeitado ás características do noso espazo. Trátase dunha transcrición para violín só do BWV 988 de Johann Sebastian Bach, as súas Variacións Goldberg. Este Bach repensado faráo soar o violinista Jorge Jiménez dende ás 20:00.

    A entrada é libre ata completar a cabida do auditorio.

    Programa do concerto

    Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, resultados.

    Publícanse os resultados das probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional correspondentes
    ao curso 2022-2023. Ao mesmo tempo, publícase a relación de aspirantes que superaron a proba e obteñen praza ademais da lista de agarda.

    A matrícula poderá formalizarse entre os días 20 de xuño e 3 de xullo.



    Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, resultados

    Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes con praza

    Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes en lista de agarda

    Publicado o venres, 27 de maio de 2022:

    Proba de acceso ao 1º curso do grao elemental, horarios

    Publícase o horario correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental prevista para os días 30 e 31 de maio, e 1 de xuño. A proba desenvolverase na aula 1.14 situada no primeiro andar do edificio.

    O resultado da proba publicarase o xoves 2 de xuño. Os aspirantes que superasen a proba, pero non obtivesen unha praza na especialidade escollida, poderán elixir outra nunha reunión que se celebrará o martes 7 de xuño ás 18:00 no auditorio do centro.

    Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, horarios

    Premio fin de grao, composición do tribunal. Corrección de erros.

    Publicase corrección de erros na composición do tribunal que avaliará a proba correspondente ao premio fin de grao do presente curso 2021-2022.



    Premio fin de grao: Horarios

    Publícase a concreción horaria da proba para a concesión dos premios fin de grao do curso 2021/22 

                 Horarios premio fin de grao

    Publicado o mércores, 25 de maio de 2022:

    Premio fin de grao, composición do tribunal e relación de alumnado admitido

    Publícase a composición do tribunal que avaliará a proba correspondente ao premio fin de grao prevista para o vindeiro venres 3 de xuño. O venres 27 de maio publicarase a concreción horaria.

    Publícase ao mesmo tempo a relación de alumnado admitido para a realización da proba.

    Premio fin de grao, composición do tribunal

    Premio fin de grao, alumnado admitido

    Publicado o martes, 24 de maio de 2022:

    Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, composición do tribunal

    Publícase a composición do tribunal que avaliará a proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental.

    A proba desenvolverase dende o vindeiro luns 30 de maio en horario de tarde. O venres 27 publicarase a concreción en canto a datas, horarios e espazo de celebración da proba.



    Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, composición do tribunal

    Proba de acceso a 1º curso do grao profesional. Piano, convocatoria de aspirantes.

    Publícase a convocatoria de aspirantes correspondente á proba de acceso ao 1º curso do grao profesional
    na especialidade de Piano.


    Convocatoria de aspirantes

    Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, criterios de cualificación

    Publícanse os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Nas ligazóns de
    abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.




    Publicado o xoves, 19 de maio de 2022:

    Premio fin de grao

    A celebración da proba correspondente ao premio fin de grao destinado ao alumnado que remata as ensinanzas profesionais este curso 2021-2022 está prevista para o vindeiro venres 3 de xuño.

    Lembramos que pode optar a este recoñecemento o alumnado que remate o sexto curso dos estudos profesionais de música cunha cualificación media igual ou superior a 8 no antedito curso e se presente á proba correspondente.

    A inscrición á proba poderá formalizarse o martes 24 de maio, durante todo o día, na administración ou conserxería do centro.

    Despois de pechada a inscrición, publicarase a relación de alumnado admitido, a composición do tribunal e, con posterioridade, a concreción horaria da proba. Esta celebrarase no auditorio do centro.

    Toda a información correspondente á proba pódese descargar na ligazón de abaixo.

    Información do premio fin de grao

    Proba de acceso a 1º curso de grao profesional. Reparto de aspirantes por aula

    Pode consultarse na ligazón de abaixo o  reparto de aspirantes por aula (B3, B4, B5 y B6) da proba de acceso a 1º cuso de grao profesional para a proba do ditado do próximo martes 24 de maio.

    Reparto de aspirantes por aula

    Publicado o luns, 16 de maio de 2022:

    Actividade entre o 16 de maio e o 10 de xuño

    O pasado venres 13 remataba a actividade lectiva previa á avaliación ordinaria deste curso 2021-2022.

    O período que se estenderá entre hoxe día 16 e o vindeiro 10 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, recuperación, reforzo, ampliación e titorización. Estás actividades terán en todo caso un carácter voluntario.

    O profesorado comunicarase co alumnado ou, de ser o caso, coas súas familias, co obxecto de concretar a actividade a desenvolver durante estas catro semanas.

    Un saúdo.

    Curso de iniciación gratuíto

    No vindeiro curso, o CMUS Xoán Montes ofertará un curso de iniciación gratuíto destinado a nenas e nenos nados no ano 2015. O número de prazas ofertadas é de 30, que se cubrirán por orde de inscrición ata chegar ao número máximo.


    Para formalizar a matrícula podedes escanear o código QR que aparece na imaxe, ou premer nesta ligazón.

    A listaxe de persoas admitidas publicarase na semana do 20 de xuño de 2022. 

    Orquestras no Vello Cárcere

    O mércores 18 de maio ás 19:00 terá lugar no Vello Cárcere un concerto no que participarán a orquestra infantil e as dúas orquestras do Grao Profesional do noso conservatorio.


    A entrada será gratuíta e libre ata completar a cabida da sala.

    Tribunais das probas de acceso a 1º curso do grao profesional

    Pode consultarse na ligazón de abaixo a composición dos tribunais que avaliarán as probas de acceso ao
    1º curso do grao profesional
    nas diferentes especialidades instrumentais ademais das datas, horas e lugares de celebración.

    Lembramos que será preciso acudir ás probas cun documento acreditativo da identidade da persoa aspirante e que é necesario tamén achegar ao tribunal tres copias das partituras correspondentes ás obras a interpretar co instrumento.



    Tribunais proba acceso 1º grao profesional

    Publicado o luns, 9 de maio de 2022:

    Acceso ao 1º curso das ensinanzas elementais

    prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao elemental permanecerá aberto ata o vindeiro venres 13 de maio. A inscrición, de balde, deberá formalizarse en liña a través da ligazón que se atopa más abaixo. Lembramos que a idade mínima e oito anos e a máxima catorce cumpridos ou por cumprir neste ano 2022.

    proba de acceso levarase a cabo a partir do luns 30 de maio. Lembramos que se trata dunha proba de aptitudes e non de coñecementos ou destrezas.


    Inscrición ao 1º curso do grao elemental

    Publicado o domingo, 8 de maio de 2022:

    Probas extraordinarias de avaliación

    Na ligazón de abaixo pode consultarse o calendario coas datas, horario e lugar de celebración das probas extraordinarias de avaliación para o alumnado con falta de asistencia a clase no presente curso 2021-2022.

    Probas extraordinarias de avaliación

    Publicado o venres, 6 de maio de 2022:

    Concerto das Letras Galegas

    O vindeiro martes 10 de maio ás 18:30 poderemos gozar dun fantástico concerto dos coros feminino e mixto no auditorio do conservatorio para celebrar o Día das Letras Galegas


    Por mor das limitacións de cabida no noso auditorio derivados do protocolo covid, a entrada do público estará limitada a unha persoa por particiante no concerto.

    Orquesta Terra Nova


    O vindeiro mércores 11 ás 20:30 no auditorio do centro terá lugar a presentación do proxecto Orquesta Terra Nova. Trátase dunha iniciativa promovida polo director de orquestra arxentino, aínda que de orixe galego, Nicolás Ravelli Barreiro.

    O proxecto tenta achegar unha nova voz musical ao quefacer artístico lucense diante da ausencia actualmente dunha agrupación orquestral. Coa vontade de gozar da música sen descoidar o acto de compartila, o proxecto camiña en prol de fomentar o repertorio académico clásico na comunidade achegándoo a diferentes audiencias.

    En resumo, o obxectivo é construír unha agrupación orquestral estable na cidade de Lugo co fin de ampliar o seu bagaxe cultural e permitir que profesionais e estudantes de música dispoñan dun espazo local estable e de construción colectiva no que contribuír á súa formación musical, poñendo esta en práctica, e ampliando ademais os horizontes artísticos locais.

    Como diciamos, a orquestra estará aberta a instrumentistas tanto estudantes como profesionais, polo que en relación ao noso alumnado das especialidades de corda do grao profesional ―o proxecto propón medrar a partir dunha formación de corda― esta iniciativa é de especial interese.

    A entrada á presentación é libre sendo preciso reservar a localidade con antelación.

    Publicado o mércores, 4 de maio de 2022:

    Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais


    Ata o vindeiro venres 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente

    ao primeiro curso do grao profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.

    As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.


    Formulario de inscrición

    Guía das ensinanzas profesionais e o seu acceso

    Guía do pago da taxa na ATRIGA

    Publicado o martes, 3 de maio de 2022:

    Prazas vacantes curso 2022-2023

    Na ligazón de abaixo pode consultarse a listaxe de prazas mínimas vacantes que o centro ofrece para o vindeiro curso 2022-2023 nas diferentes especialidades instrumentais e cursos.

    No mes de xullo darase oportuna información das prazas vacantes que poidan xurdir despois dos procesos de matrícula.

    Oferta mínima de prazas vacantes para o curso 2022-2023

    Publicado o luns, 2 de maio de 2022:

    Bandas no Gustavo Freire

    O mércores 4 de mairo ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo Freire


    As dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán obras de Julio Montero, María Mendoza (o conto musical "la bella durmiente") e música dos Beatles.

    A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón.

    Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais

    Dende hoxe día 2 e o vindeiro venres 6 estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.

    As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.


    Formulario de inscrición

    Guía das ensinanzas profesionais e o seu acceso

    Guía do pago da taxa na ATRIGA