• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o mércores, 14 de decembro de 2022:

Concertos de nadal

Na derradeira semana deste mes de nadal, celebraremos estas festas con varios concertos de distintas agrupacións do noso conservatorio. 

O mércores día 21 actuarán a banda Xosé Castiñeira, coa colaboración do Coro do Grao Profesional, e a banda Indalecio F. Groba, ás 18:00 e 20:00 respectivamente.

O xoves día 22, ás 17:30, comezaremos a xornada gozando do concerto conxunto da banda e orquesta do grao elemental.


Para rematar a xornada, ás 19:30 poderemos asistir ao concerto da orquestra e o ensemble do grao profesional. 
Neste concerto tamén poderemos disfrutar da colaboración do Coro do noso conservatorio con varias intervencións.


Animádevos, e vide a gozar coa música!!


Importante: reservaranse dúas invitacións por participante de cada agrupación para asistir como público. Estarán dispoñibles na conserxaría do conservatorio dende hoxe mércores, ata o día antes de cada evento no horario de apertura do centro. Dita invitación perderá a súa validez cinco minutos antes do comezo de cada concerto.

As persoas que se acheguen sen entrada poderán acceder aos concertos por orde de chegada ata completar a cabida do auditorio. 

Lembramos tamén que tanto o acceso ao auditorio como a posterior saída do conservatorio, terán que realizarse a través da porta que está situada na planta baixa, ao carón da Avd. de Madrid, agás persoas con mobilidade reducida. 

Só está permitida a presenza de persoas que estean agardando para entrar aos concertos nas escaleiras de acceso ao auditorio, e nunca nos corredores do conservatorio.