As vacacións de nadal abranguerán dende o 23 de decembro ao 8 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.
Felices Festas!!
|
As vacacións de nadal abranguerán dende o 23 de decembro ao 8 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.
Felices Festas!!
Na derradeira semana deste mes de nadal, celebraremos estas festas con varios concertos de distintas agrupacións do noso conservatorio.
O mércores día 21 actuarán a banda Xosé Castiñeira, coa colaboración do Coro do Grao Profesional, e a banda Indalecio F. Groba, ás 18:00 e 20:00 respectivamente.
O xoves día 22, ás 17:30, comezaremos a xornada gozando do concerto conxunto da banda e orquesta do grao elemental.
Importante: reservaranse dúas invitacións por participante de cada agrupación para asistir como público. Estarán dispoñibles na conserxaría do conservatorio dende hoxe mércores, ata o día antes de cada evento no horario de apertura do centro. Dita invitación perderá a súa validez cinco minutos antes do comezo de cada concerto.
As persoas que se acheguen sen entrada poderán acceder aos concertos por orde de chegada ata completar a cabida do auditorio.
Lembramos tamén que tanto o acceso ao auditorio como a posterior saída do conservatorio, terán que realizarse a través da porta que está situada na planta baixa, ao carón da Avd. de Madrid, agás persoas con mobilidade reducida.
Só está permitida a presenza de persoas que estean agardando para entrar aos concertos nas escaleiras de acceso ao auditorio, e nunca nos corredores do conservatorio.
O vindeiro martes 13 de decembro ás 19:00 poderemos gozar do fantástico Concerto á noitiña do coro ddo CMUS no auditorio do conservatorio.