• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o sábado, 15 de outubro de 2022:

UNIVERSO REICH

«Universo Reich» é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado de escenografía e deseño audiovidual, danza contemporánea e música da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e da Academia Internacional Cardinais 2022/2023 de Vertixe Sonora (na que participa alumnado do noso conservatorio), respectivamente. 

Tomando como punto de partida a lexendaria peza musical de Steve Reich Music for 18 Musicians e a través da metodoloxía Art Thinking, dito alumnado levará a cabo unha proposta artística propia coa coordinación do profesorado das tres institucións en diferentes sesións de traballo conxunto e individual. 

A creación resultante será presentada o 11 de abril de 2023 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, frutificando desta forma unha experiencia artística sen precedentes no ámbito educatico galego.