|
Publicado o venres, 23 de setembro de 2022:
Publicado o martes, 13 de setembro de 2022:
Coro, Banda e Orquestra de Grao Elemental
Xa podedes anotarvos nas distintas agrupacións do Grao elemental (coro, banda e orquestra).
Para facelo só tedes que cubrir o formulario premendo nesta ligazón.

Publicado o venres, 9 de setembro de 2022:
Asignación de docencia Repentizacion e acompañamento (Piano)
Publícase a asignación de docencia do alumnado da materia de Repentización e acompañamento da especialidade de Piano correspondente ao curso 2022-2023.
A listaxe poderá consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.
Cómpre advertir que a listaxe soamente poderá consultarse na versión web de CentrosNET.
Asignación de docencia do alumnado de Percusión
Publícase a asignación de docencia do alumnado da especialidade de Percusión correspondente ao curso 2022-2023.
A listaxe poderá consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.
Cómpre advertir que a listaxe soamente poderá consultarse na versión web de CentrosNET.
Elección de horarios
Publícase a concreción horaria de especialidades, docentes e espazos ao respecto da elección de horarios das materias individuais, Repentización e acompañamento e Piano complementario prevista para os días 9 e 12 de setembro.
Asignación de docencia ao alumnado
Publícase a asignación de docencia ao alumnado correspondente ao curso 2022-2023.
As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.
Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.
Actualización dos grupos das materias colectivas e agrupacións
Publícanse a actualización dos grupos e horarios definitivos das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao curso 2022-2023.
As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.
Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.
Grupos de Conxunto e Música de cámara
Publícanse os grupos das materias de Conxunto e Música de cámara correspondentes ao curso 2022-2023.
As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.
Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.
Publicado o martes, 6 de setembro de 2022:
Comezo do curso
Prezadas familias.
O curso 2022 -2023 bota a andar. No escenario dunha recuperada normalidade o centro comeza a súa ordinaria actividade previa ao inicio efectivo das clases. Desta maneira, mañá mércores 7 está prevista a publicación dos grupos das materias de Conxunto e Música de cámara, o xoves 8 a relación do alumnado co profesorado adxudicado e a concreción horaria de especialidades, docentes e espazos ao respecto da elección de horarios das materias individuais, Repentización e acompañamento e Piano complementario.
En relación a elección de horarios, esta desenvolverase os días 9 e 12 de setembro. O comezo das clases está prevista para o vindeiro mércores 14.
Aínda que o xoves esperamos publicar a antedita concreción horaria, achegamos xa o reparto de especialidades nos días 9 e 12.
Aproveitamos esta publicación para saúdar a toda a comunidade educativa do CMUS Xoán Montes e compartir o devezo porque sexamos quen de gozar dun curso proveitoso.
Unha aperta.
A dirección
Publicado o sábado, 3 de setembro de 2022:
Música para 18 Músicos de Steve Reich
Publicado o venres, 2 de setembro de 2022:
Grupos e horarios definitivos curso 2022-2023
Publícanse os grupos e horarios definitivos das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao curso 2022-2023.