|
Publicado o mércores, 31 de agosto de 2022:
Publicado o domingo, 14 de agosto de 2022:
Música para 18 Músicos de Steve Reich
O martes 30 agosto ás 20:00h, celebrarase o Festival C na Praza das Praterías de Santiago de Compostela, na que un ensemble formado por 18 músicos interpretarán a MÚSICA PARA 18 MÚSICOS de Steve Reich, unha das súas grandes composicións, e considerada como "unha das obras que pode reclamar con razón ter alterado o curso da música occidental".
O autor novaiorquino é un dos compositores vivos máis influíntes da sua xeración, cunha ampla gama de obras mestras que xogaron un papel fundamental na transformación e evolución das técnicas e linguaxe musicais do século XX e XXI.
Neste proxecto participarán 9 alumnos e exalumnos do noso conservatorio, amáis de Diego Ventoso (profesor de percusión).
A través de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022, os solistas de Vertixe Sonora ofrecen un marco pedagóxico de formación para que intérpretes de diferentes especialidades instrumentais, músicos mozos no inicio da súa carreira, poidan ter un contacto directo coa realidade musical de vangarda que abarca tódalas dimensións de realización dun proxecto, e participar de contextos de traballo profesionais no eido da música contemporánea.
A convocatoria estivo dirixida a músicos próximos a rematar os seus estudos interesados en afrontar os especiais retos da música nos séculos XX e XXI e logo dun arduo proceso de selección, audicións e ensaios presentarase o ensemble formado por:
Laura Candame, Sara Pérez, Sara Reija e Daniela Antunes voces
Xoán Carro violín
Uxía Sierra e Victoria Oropeza clarinete en si b e clarinete baixo
Rubén Canedo violonchelo
David Durán, Luis Ángel Martínez, Seunghun Shin e Gloria Uzal piano
Pablo Carballeira, César Fouce, Ismael Moeda, Marcos Roca, Lucas Souto, Pablo del Valle e Diego Ventoso percusión
Iván Ferrer técnico de son
Enrique Martínez dirección vocal