• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 14 de xullo de 2022:

Grupos e horarios provisionais, curso 2022-2023

Publícanse os grupos e horarios provisionais das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao vindeiro curso 2022-2023.

As diferentes listaxes poderán consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

Ao respecto das solicitudes de cambio, estas poderán formalizarse entre o momento desta publicación e o vindeiro 31 de xullo. A solicitude deberá levarse a cabo a través do formulario ao que é posible acceder dende esta ligazón.

A publicación cos grupos e horarios definitivos está prevista para o vindeiro venres 2 de setembro.

En canto ás solicitudes para asistir como oínte, estas poderán formalizarse tamén entre o momento desta publicación e o vindeiro 31 de xullo. A solicitude deberá levarse a cabo a través do formulario ao que é posible acceder dende esta ligazón.

No referente ás solicitudes de docencia, publícanse tamén as aceptadas para a súa consideración e, de ser o caso, formalización polos departamentos didácticos correspondentes. A listaxe pode consultarse nos taboleiros do centro ou, como unha noticia, na plataforma CentrosNET dentro do menú Mensaxes, noticias e arquivos.

Cómpre advertir que as listaxes soamente poderán consultarse na versión web de CentrosNET.