Dentro do proceso de renovación que, en diferentes áreas, está a desenvolver o centro, a comunicación e mais as xestións administrativas ocupan unha parte destacada. Diferentes procedementos están a mudar a súa maneira de facer transitando do papel ao dixital e da presencialidade ao telemático.
A nosa comunidade educativa coñece ben CentrosNET como plataforma de comunicación de resultados de avaliación ou faltas de asistencia. Agora o centro ten a vontade de consolidar este recurso facendo uso de todas as súas posibilidades. Desta maneira, a formalización da matrícula correspondente ao vindeiro curso 2022-2023 levarase a cabo de maneira exclusiva a través desta plataforma e, por todo isto, resulta indispensable que todas as familias teñan habilitado o acceso á mesma, e isto tanto ao respecto do alumnado coma dos seus responsables, nais, pais ou titores legais. Ao mesmo tempo, a intención do conservatorio é que CentrosNET sexa unha das canles de comunicación coas familias no tocante a notificacións, avisos ou difusión de información en xeral.
Cómpre tamén facer referencia á aplicación móbil da que dispón CentrosNET. Pode instalarse nun contorno de iOS ou de Android. A aplicación permite a comunicación co profesorado, a consulta de cualificacións ou da asistencia do alumnado. Pode descargarse dende esta ligazón.
Un saúdo, e grazas.
A dirección