• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 27 de xuño de 2022:

Recital de piano. Aldara Pérez

O vindeiro martes 28 de xuño ás 19:00, a pianista Aldara Pérez ofrecerá un recital no noso conservatorio.

 
Estades tod@s convidad@s!!

Publicado o xoves, 23 de xuño de 2022:

Probas de acceso, resultados

Publícanse os resultados das probas de acceso aos cursos diferentes de primeiro.

Cómpre apuntar que, ao respecto destas probas, o feito de ter superada a proba non conduce á obtención dunha praza. A oferta mínima de prazas vacantes aprobada e publicada polo centro non recollía vacantes nos cursos diferentes de primeiro. Así é todo, e ao tratarse dunha oferta mínima, é posible que, con posterioridade ao proceso de matrícula, si xurdan novas vacantes. Desta maneira, o consello escolar como órgano competente será quen adxudique as prazas logo da finalización do prazo de matrícula o vindeiro 3 de xullo. As persoas aspirantes que superasen as probas pero non obtiveran praza, disporán dun prazo de matrícula extraordinario posterior ao que está a transcorrer agora.


Publicado o luns, 20 de xuño de 2022:

Admitidos e lista de agarda do Curso Iniciación

Publícase a relación de admitid@s por grupos e a lista de agarda do Curso Iniciación, que se impartirá a partir do vindeiro mes de setembro.

Pode consultar a relación de aspirantes na seguinte ligazón ou no taboleiro de anuncios do conservatorio.

Admitidos e lista de agarda do Curso de Iniciación 2022/23

Formulario horario alumnado curso 2022-2023

Publícase o formulario para recoller a información precisa ao respecto da elaboración dos horarios e dos grupos para o vindeiro curso 2022-2023. O formulario permanecerá aberto entre o 20 de xuño e o 3 de xullo coincidindo co período de matrícula.

No caso do alumnado que cursa dúas especialidades será preciso cubrir dous formularios diferentes.

Dispoñer da información que achega o formulario é esencial para a mellor conciliación dos estudos no conservatorio cos correspondentes ao ensino obrigatorio e coas diversas circunstancias de natureza particular.

Formulario horario alumnado curso 2022-2023

Publicado o venres, 17 de xuño de 2022:

Probas de acceso aos cursos diferentes a primeiro

Publícanse os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao aos cursos diferentes a primeiro de grao elemental e grao profesional nas diferentes especialidades instrumentais. Nas ligazóns de abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.



Clarinete (3º profesional)

Gaita (4º elemental)

Guitarra (2º elemental)

Piano (2º elemental)

Piano (3º elemental)

Piano (2º profesional)

Piano (3º profesional)

Trompa (4º elemental)

Trompeta (3º elemental)

Violín (2º elemental)

Violín (2º profesional)

Violoncello (4º elemental)

Linguaxe musical (Exercicio B)


Publicado o mércores, 15 de xuño de 2022:

CentrosNET e a súa APP

Dentro do proceso de renovación que, en diferentes áreas, está a desenvolver o centro, a comunicación e mais as xestións administrativas ocupan unha parte destacada. Diferentes procedementos están a mudar a súa maneira de facer transitando do papel ao dixital e da presencialidade ao telemático.

A nosa comunidade educativa coñece ben CentrosNET como plataforma de comunicación de resultados de avaliación ou faltas de asistencia. Agora o centro ten a vontade de consolidar este recurso facendo uso de todas as súas posibilidades. Desta maneira, a formalización da matrícula correspondente ao vindeiro curso 2022-2023 levarase a cabo de maneira exclusiva a través desta plataforma e, por todo isto, resulta indispensable que todas as familias teñan habilitado o acceso á mesma, e isto tanto ao respecto do alumnado coma dos seus responsables, nais, pais ou titores legais. Ao mesmo tempo, a intención do conservatorio é que CentrosNET sexa unha das canles de comunicación coas familias no tocante a notificacións, avisos ou difusión de información en xeral.

Cómpre tamén facer referencia á aplicación móbil da que dispón CentrosNET. Pode instalarse nun contorno de iOS ou de Android. A aplicación permite a comunicación co profesorado, a consulta de cualificacións ou da asistencia do alumnado. Pode descargarse dende esta ligazón.

Un saúdo, e grazas.

A dirección



Publicado o venres, 10 de xuño de 2022:

Composición dos tribunais das probas de acceso aos cursos diferentes a primeiro

Pode consultarse na ligazón de abaixo a composición dos tribunais que avaliarán as probas de acceso
aos cursos diferentes a primeiro de grao elemental e grao profesional
 nas diferentes especialidades instrumentais ademais das datas, horas e lugares de celebración.


Probas de acceso aos cursos diferentes de primeiro, tribunais

Publicado o sábado, 4 de xuño de 2022:

Probas avaliación extraordinaria

Publícase o calendario das probas correspondentes á avaliación extraordinaria do curso 2021-2022. Na ligazón de abaixo é posible consultar as datas, horas e espazos ao respecto das diferentes materias e docentes.

Probas extraordinarias, datas, horarios e espazos

Publicado o venres, 3 de xuño de 2022:

Premio fin de grao: Galardoados

Publícase a relación de aspirantes que obtiveron o premio de fin de grao neste curso académico 2021/22:

Poderase recoller o diploma acreditativo na conserxería do centro a partir do vindeiro martes 7 de xuño de 2022

Publicado o xoves, 2 de xuño de 2022:

Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, resultados.

Publícanse os resultados da proba de acceso ao primeiro curso das ensinanzas elementais. A listaxe das persoas aspirantes que superaron a proba e obtiveron praza na especialidade solicitada, a listaxe coas persoas que superaron a proba e non obtiveron praza na especialidade solicitada, ademais das prazas vacantes resultantes despois da primeira adxudicación logo da celebración da proba.

Ao respecto das nenas e nenos que superaron a proba pero non obtiveron praza, o vindeiro martes 7 de xuño ás 18:00 desenvolverase no auditorio do centro unha reunión para, de ser o caso, adxudicar as anteditas prazas vacantes. A asistencia a dita reunión é indispensable para permanecer nas listaxes de agarda correspondentes ás especialidades escollidas no momento de formalizar a inscrición á proba.

Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, resultados.

Publicado o mércores, 1 de xuño de 2022:

Probas de acceso: 2º a 4º de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional

Recórdase que ata o vindeiro venres 3 de xuño estará aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso de 2º, 3º e 4º de Grao Elemental e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.

As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.

Formulario de inscrición

Guía das ensinanzas profesionais e o seu acceso

Guía do pago da taxa na ATRIGA