• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 6 de maio de 2022:

Orquesta Terra Nova


O vindeiro mércores 11 ás 20:30 no auditorio do centro terá lugar a presentación do proxecto Orquesta Terra Nova. Trátase dunha iniciativa promovida polo director de orquestra arxentino, aínda que de orixe galego, Nicolás Ravelli Barreiro.

O proxecto tenta achegar unha nova voz musical ao quefacer artístico lucense diante da ausencia actualmente dunha agrupación orquestral. Coa vontade de gozar da música sen descoidar o acto de compartila, o proxecto camiña en prol de fomentar o repertorio académico clásico na comunidade achegándoo a diferentes audiencias.

En resumo, o obxectivo é construír unha agrupación orquestral estable na cidade de Lugo co fin de ampliar o seu bagaxe cultural e permitir que profesionais e estudantes de música dispoñan dun espazo local estable e de construción colectiva no que contribuír á súa formación musical, poñendo esta en práctica, e ampliando ademais os horizontes artísticos locais.

Como diciamos, a orquestra estará aberta a instrumentistas tanto estudantes como profesionais, polo que en relación ao noso alumnado das especialidades de corda do grao profesional ―o proxecto propón medrar a partir dunha formación de corda― esta iniciativa é de especial interese.

A entrada á presentación é libre sendo preciso reservar a localidade con antelación.