O prazo de matrícula correspondente ao curso 2022-2023 estenderase do 20 de xuño ao 3 de xullo.
A matrícula estará destinada ao alumnado matriculado no presente curso 2021-2022 así como aos aspirantes que obtiveran praza nas probas de acceso aos diferentes cursos. En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro.
O conservatorio, para este ano académico 2022-2023 incorpora o trámite en liña como procedemento único para a formalización da matrícula. Aínda que este proceso esixirá de toda a comunidade educativa un esforzo no tocante ao manexo da plataforma, si esperamos acadar unha maneira máis eficiente de desenvolver o proceso.A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.
O procedemento consistirá en confirmar a matrícula, levar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través da mensaxería de CentrosNET ou dirixindo o envío ao enderezo electrónico administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal. Na ligazón de abaixo é posible ver e descargar unha guía para desenvolver todo o procedemento.