Ata o vindeiro venres 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente
ao primeiro curso do grao profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.
As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.