• Toda a información das Probas de Acceso aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 30 de maio de 2022:

Rethinking Bach: As Variacións Goldberg transcritas para violín solo

O martes 31 de maio está prevista a celebración no noso auditorio dun dos concertos que forman parte da
programación do Festival de Música Cidade de Lugo deste ano 2022. O centro recupera a presenza de concertos deste festival no seu auditorio, nova que, sen dúbida, cómpre salientar.

Para este regreso dun evento do festival ao auditorio escolleuse un concerto de indubidable interese e, dende logo, axeitado ás características do noso espazo. Trátase dunha transcrición para violín só do BWV 988 de Johann Sebastian Bach, as súas Variacións Goldberg. Este Bach repensado faráo soar o violinista Jorge Jiménez dende ás 20:00.

A entrada é libre ata completar a cabida do auditorio.

Programa do concerto

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, resultados.

Publícanse os resultados das probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional correspondentes
ao curso 2022-2023. Ao mesmo tempo, publícase a relación de aspirantes que superaron a proba e obteñen praza ademais da lista de agarda.

A matrícula poderá formalizarse entre os días 20 de xuño e 3 de xullo.



Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, resultados

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes con praza

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes en lista de agarda

Publicado o venres, 27 de maio de 2022:

Proba de acceso ao 1º curso do grao elemental, horarios

Publícase o horario correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental prevista para os días 30 e 31 de maio, e 1 de xuño. A proba desenvolverase na aula 1.14 situada no primeiro andar do edificio.

O resultado da proba publicarase o xoves 2 de xuño. Os aspirantes que superasen a proba, pero non obtivesen unha praza na especialidade escollida, poderán elixir outra nunha reunión que se celebrará o martes 7 de xuño ás 18:00 no auditorio do centro.

Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, horarios

Premio fin de grao, composición do tribunal. Corrección de erros.

Publicase corrección de erros na composición do tribunal que avaliará a proba correspondente ao premio fin de grao do presente curso 2021-2022.



Premio fin de grao: Horarios

Publícase a concreción horaria da proba para a concesión dos premios fin de grao do curso 2021/22 

             Horarios premio fin de grao

Publicado o mércores, 25 de maio de 2022:

Premio fin de grao, composición do tribunal e relación de alumnado admitido

Publícase a composición do tribunal que avaliará a proba correspondente ao premio fin de grao prevista para o vindeiro venres 3 de xuño. O venres 27 de maio publicarase a concreción horaria.

Publícase ao mesmo tempo a relación de alumnado admitido para a realización da proba.

Premio fin de grao, composición do tribunal

Premio fin de grao, alumnado admitido

Publicado o martes, 24 de maio de 2022:

Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, composición do tribunal

Publícase a composición do tribunal que avaliará a proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental.

A proba desenvolverase dende o vindeiro luns 30 de maio en horario de tarde. O venres 27 publicarase a concreción en canto a datas, horarios e espazo de celebración da proba.



Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, composición do tribunal

Proba de acceso a 1º curso do grao profesional. Piano, convocatoria de aspirantes.

Publícase a convocatoria de aspirantes correspondente á proba de acceso ao 1º curso do grao profesional
na especialidade de Piano.


Convocatoria de aspirantes

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, criterios de cualificación

Publícanse os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Nas ligazóns de
abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.




Publicado o xoves, 19 de maio de 2022:

Premio fin de grao

A celebración da proba correspondente ao premio fin de grao destinado ao alumnado que remata as ensinanzas profesionais este curso 2021-2022 está prevista para o vindeiro venres 3 de xuño.

Lembramos que pode optar a este recoñecemento o alumnado que remate o sexto curso dos estudos profesionais de música cunha cualificación media igual ou superior a 8 no antedito curso e se presente á proba correspondente.

A inscrición á proba poderá formalizarse o martes 24 de maio, durante todo o día, na administración ou conserxería do centro.

Despois de pechada a inscrición, publicarase a relación de alumnado admitido, a composición do tribunal e, con posterioridade, a concreción horaria da proba. Esta celebrarase no auditorio do centro.

Toda a información correspondente á proba pódese descargar na ligazón de abaixo.

Información do premio fin de grao

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional. Reparto de aspirantes por aula

Pode consultarse na ligazón de abaixo o  reparto de aspirantes por aula (B3, B4, B5 y B6) da proba de acceso a 1º cuso de grao profesional para a proba do ditado do próximo martes 24 de maio.

Reparto de aspirantes por aula

Publicado o luns, 16 de maio de 2022:

Actividade entre o 16 de maio e o 10 de xuño

O pasado venres 13 remataba a actividade lectiva previa á avaliación ordinaria deste curso 2021-2022.

O período que se estenderá entre hoxe día 16 e o vindeiro 10 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, recuperación, reforzo, ampliación e titorización. Estás actividades terán en todo caso un carácter voluntario.

O profesorado comunicarase co alumnado ou, de ser o caso, coas súas familias, co obxecto de concretar a actividade a desenvolver durante estas catro semanas.

Un saúdo.

Curso de iniciación gratuíto

No vindeiro curso, o CMUS Xoán Montes ofertará un curso de iniciación gratuíto destinado a nenas e nenos nados no ano 2015. O número de prazas ofertadas é de 30, que se cubrirán por orde de inscrición ata chegar ao número máximo.


Para formalizar a matrícula podedes escanear o código QR que aparece na imaxe, ou premer nesta ligazón.

A listaxe de persoas admitidas publicarase na semana do 20 de xuño de 2022. 

Orquestras no Vello Cárcere

O mércores 18 de maio ás 19:00 terá lugar no Vello Cárcere un concerto no que participarán a orquestra infantil e as dúas orquestras do Grao Profesional do noso conservatorio.


A entrada será gratuíta e libre ata completar a cabida da sala.

Tribunais das probas de acceso a 1º curso do grao profesional

Pode consultarse na ligazón de abaixo a composición dos tribunais que avaliarán as probas de acceso ao
1º curso do grao profesional
nas diferentes especialidades instrumentais ademais das datas, horas e lugares de celebración.

Lembramos que será preciso acudir ás probas cun documento acreditativo da identidade da persoa aspirante e que é necesario tamén achegar ao tribunal tres copias das partituras correspondentes ás obras a interpretar co instrumento.



Tribunais proba acceso 1º grao profesional

Publicado o luns, 9 de maio de 2022:

Acceso ao 1º curso das ensinanzas elementais

prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao elemental permanecerá aberto ata o vindeiro venres 13 de maio. A inscrición, de balde, deberá formalizarse en liña a través da ligazón que se atopa más abaixo. Lembramos que a idade mínima e oito anos e a máxima catorce cumpridos ou por cumprir neste ano 2022.

proba de acceso levarase a cabo a partir do luns 30 de maio. Lembramos que se trata dunha proba de aptitudes e non de coñecementos ou destrezas.


Inscrición ao 1º curso do grao elemental

Publicado o domingo, 8 de maio de 2022:

Probas extraordinarias de avaliación

Na ligazón de abaixo pode consultarse o calendario coas datas, horario e lugar de celebración das probas extraordinarias de avaliación para o alumnado con falta de asistencia a clase no presente curso 2021-2022.

Probas extraordinarias de avaliación

Publicado o venres, 6 de maio de 2022:

Concerto das Letras Galegas

O vindeiro martes 10 de maio ás 18:30 poderemos gozar dun fantástico concerto dos coros feminino e mixto no auditorio do conservatorio para celebrar o Día das Letras Galegas


Por mor das limitacións de cabida no noso auditorio derivados do protocolo covid, a entrada do público estará limitada a unha persoa por particiante no concerto.

Orquesta Terra Nova


O vindeiro mércores 11 ás 20:30 no auditorio do centro terá lugar a presentación do proxecto Orquesta Terra Nova. Trátase dunha iniciativa promovida polo director de orquestra arxentino, aínda que de orixe galego, Nicolás Ravelli Barreiro.

O proxecto tenta achegar unha nova voz musical ao quefacer artístico lucense diante da ausencia actualmente dunha agrupación orquestral. Coa vontade de gozar da música sen descoidar o acto de compartila, o proxecto camiña en prol de fomentar o repertorio académico clásico na comunidade achegándoo a diferentes audiencias.

En resumo, o obxectivo é construír unha agrupación orquestral estable na cidade de Lugo co fin de ampliar o seu bagaxe cultural e permitir que profesionais e estudantes de música dispoñan dun espazo local estable e de construción colectiva no que contribuír á súa formación musical, poñendo esta en práctica, e ampliando ademais os horizontes artísticos locais.

Como diciamos, a orquestra estará aberta a instrumentistas tanto estudantes como profesionais, polo que en relación ao noso alumnado das especialidades de corda do grao profesional ―o proxecto propón medrar a partir dunha formación de corda― esta iniciativa é de especial interese.

A entrada á presentación é libre sendo preciso reservar a localidade con antelación.

Publicado o mércores, 4 de maio de 2022:

Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais


Ata o vindeiro venres 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente

ao primeiro curso do grao profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.

As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.


Formulario de inscrición

Guía das ensinanzas profesionais e o seu acceso

Guía do pago da taxa na ATRIGA

Publicado o martes, 3 de maio de 2022:

Prazas vacantes curso 2022-2023

Na ligazón de abaixo pode consultarse a listaxe de prazas mínimas vacantes que o centro ofrece para o vindeiro curso 2022-2023 nas diferentes especialidades instrumentais e cursos.

No mes de xullo darase oportuna información das prazas vacantes que poidan xurdir despois dos procesos de matrícula.

Oferta mínima de prazas vacantes para o curso 2022-2023

Publicado o luns, 2 de maio de 2022:

Bandas no Gustavo Freire

O mércores 4 de mairo ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo Freire


As dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán obras de Julio Montero, María Mendoza (o conto musical "la bella durmiente") e música dos Beatles.

A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón.

Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais

Dende hoxe día 2 e o vindeiro venres 6 estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.

As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.


Formulario de inscrición

Guía das ensinanzas profesionais e o seu acceso

Guía do pago da taxa na ATRIGA