O Sábado 9 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
O ruído -son complexo e aperiódico- tócanos e móvenos de xeitos profundos e misteriosos. Un ruido estrano e sagrado é unha celebración do ruído como metáfora dos fenómenos turbulentos do mundo que nos rodea, e unha porta de entrada á experiencia extática.
Baseada na violencia elemental da natureza e nas formas autosemellantes das fractais lineais, esta música é unha converxencia da xeografía sonora e a xeometría sonora. Cada peza do ciclo concíbese como o seu propio mundo sonoro distinto e separado, evocando a inmediatez e presenza dun lugar.
Estas paisaxes sonoras están inspiradas e adicadas a compositores que exploraron novos e estranos mundos sonoros.
PROGRAMA
- John Luther Adams Strange and Sacred Noise (1997) cuarteto de percusión
• …dust into dust… 2 caixas e 2 tambores militares
• solitary and time-breaking waves 4 tam-tams
• velocities crossing in phase space 6 toms e 4 bombos
• triadic iteration lattices 4 marimbas, 4 vibráfonos e 4 liras
• clusters on a quadrilateral grid 4 sirenas
• …and dust rising… 2 caixas e 2 tambores militares
Vertixe Sonora: David Dapena, Pablo Paz, David Rodríguez, Diego Ventoso percusión
Podes descargar o programa completo na seguinte ligazón