Durante o mes de abril terá lugar o X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
A idea unificadora dos catro concertos presentados no X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» é a de explorar e trascender as nocións habitualmente asociadas á relación música-espazo, para o cal contaremos cun marco arquitectónico tan especial como a Caixa Negra do MIHL.
Desta forma, cada unha das propostas plantexará diferentes perspectivas deste concepto: Estudos Coreográficos, unha exploración do movemento e xestualidade do percusionista; ChumA, unha experiencia de escoita meditativa e percepción sensorial nun espazo ritualizado a través da tecnoloxía; Smart-alineation, a interacción entre diferentes dimensións dos sons instrumentais, electrónicos e as videocreacións; e Un ruído estraño e sagrado, unha instalación escultórica, sonora e lumínica a partir dos instrumentos de percusión.
RUÍDOS NA CAIXA NEGRA
CONCERTOS
- Sábado, 2 de abril ás 19:00 h:
ESTUDOS COREOGRÁFICOS-Miquel Bernat percusión
- Sábado, 9 de abril ás 19:00 h:
UN RUÍDO ESTRAÑO E SAGRADO-Vertixe Sonora
- Domingo, 24 de abril ás 19:00 h:
ChumA-Vertixe Sonora
- Sábado, 30 de abril ás 19:00 h.
SMART-ALINEATION. ALÉN - proxecto educativo de Vertixe Sonora
Ensemble Ixor. Pablo Coello dirección
CHARLA DIDÁCTICA
- Sábado, 2 de abril ás 18:30 h.
Miquel Bernat relator
Todas as actividades do ciclo terán lugar no MIHL.
Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es
Podes descargar o dossier do festival nesta ligazón