O xoves 24 de marzo teremos a oportunidade de aprender e gozar coa interesantísima Conferencia-concerto Muller e instrumentos de vento no S.XX a cargo de Antonio Fernández e Ferbelia Ensemble.
O pasado século XX foi un dos máis prolíficos na literatura para os instrumentos de vento-madeira e, coa aportación dunha perspectiva de xénero, podemos dicir que foron moitas as mulleres que traballaron para conseguilo dende diferentes ámbitos.
Con esta conferencia-recital preténdese poñer en valor a actividade das mulleres en relación cos instrumentos de vento-madeira, ao longo do século XX, dende a composición, o mecenazgo, a pedagoxía ou a interpretación, facendo un repaso a través da palabra e da música con obras promovidas, comisionadas, estreadas, inspiradas ou compostas por mulleres que son de gran relevancia para os instrumentos de vento, con especial énfase no repertorio da frauta e do saxofón.
Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)