• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 28 de marzo de 2022:

Convocatoria de bolsas para estudantes

Este ano 2022 o goberno ven de facer una modificación do calendario habitual correspondente ás bolsas de estudos que poden solicitar, entre outros, o alumnado matriculado nas ensinanzas profesionais de música. Desta maneira, o comezo do prazo de presentación de solicitudes, habitualmente situado no mes de agosto, está previsto este ano para o xa moi próximo mércores 30 deste mes de marzo estendéndose ao día 12 do mes de maio.

A modificación no calendario conduce imperativamente a unha alteración do procedemento. Desta maneira, este ano a presentación da solicitude será anterior á calquera prazo de matrícula respecto ao vindeiro curso. En canto ao calendario previsto, as diferentes etapas da tramitación serán as seguintes: solicitude no antedito prazo, cruce de datos coa AEAT no mes de xullo, comunicación coas persoas solicitantes durante o mes de agosto, concreción entre agosto e setembro da información académica, alegacións e achega de documentación, e unha segunda etapa entre setembro e decembro coa gravación de datos académicos, asignación de axudas e notificación das resolucións.

Nesta ligazón pódese consultar o extracto da convocatoria publicada polo BOE. Esta outra leva ao espazo do Ministerio de Educación y Formación Profesional destinado ás bolsas de estudos.