|
Publicado o xoves, 31 de marzo de 2022:
Publicado o mércores, 30 de marzo de 2022:
Estudos Coreográficos
O Sábado 2 de abril poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
18:30. CHARLA DIDÁCTICA
Miquel Bernat, percusionista de renome, explicará o proxecto que presenta nesta edición do MIHLSONS e que inclúe música de Polo Vallejo, Luís Tinoco, José Manuel López López, Guillermo Lauzurica, Pedro Lima, Vasco Mendoça.
19:00. CONCERTO
Programa:
- Polo Vallejo Tactus (2006) seis tambores afinados
- Luís Tinoco Arquilélago (2019) vibráfono e tubos wah-wah
- José Manuel López López Estudio Coreográfico (2020) seis caixas e electrónica
- Guillermo Lauzurica Playback (2020) multipercusión
- Pedro Lima Three Questions from a Lover to a Saint (2020) vibráfono e electrónica
- Vasco Mendoça Aphasia (2020) percusión e electrónica en vivo
Podes descargar o programa completo na seguinte ligazón
Publicado o luns, 28 de marzo de 2022:
Convocatoria de bolsas para estudantes
Este ano 2022 o goberno ven de facer una modificación do calendario habitual correspondente ás bolsas de estudos que poden solicitar, entre outros, o alumnado matriculado nas ensinanzas profesionais de música. Desta maneira, o comezo do prazo de presentación de solicitudes, habitualmente situado no mes de agosto, está previsto este ano para o xa moi próximo mércores 30 deste mes de marzo estendéndose ao día 12 do mes de maio.
A modificación no calendario conduce imperativamente a unha alteración do procedemento. Desta maneira, este ano a presentación da solicitude será anterior á calquera prazo de matrícula respecto ao vindeiro curso. En canto ao calendario previsto, as diferentes etapas da tramitación serán as seguintes: solicitude no antedito prazo, cruce de datos coa AEAT no mes de xullo, comunicación coas persoas solicitantes durante o mes de agosto, concreción entre agosto e setembro da información académica, alegacións e achega de documentación, e unha segunda etapa entre setembro e decembro coa gravación de datos académicos, asignación de axudas e notificación das resolucións.
Nesta ligazón pódese consultar o extracto da convocatoria publicada polo BOE. Esta outra leva ao espazo do Ministerio de Educación y Formación Profesional destinado ás bolsas de estudos.
Xornadas de portas abertas 2022
Dende hoxe, luns 28 de marzo e ata o venres 1 de abril, está aberto o prazo para inscribirse nas Xornadas de portas abertas 2022 do Conservatorio Profesional Xoán Montes de Música de Lugo.
Estas xornadas están pensadas para que o futur alumnado do noso conservatorio e as súas familas coñezan as nosas ensinanzas xunto ás diferentes especialidades instrumentais que poden estudar no centro.
Para formalizar a inscrición nas xornadas simplemente hai que cumprimentar o seguinte formulario.
Publicado o sábado, 26 de marzo de 2022:
Estudos de concerto: Clase maxistral de Miquel Bernat
O vindeiro luns 4 de abril, teremos a fortuna de contar con Miquel Bernat no noso conservatorio, onde impartirá entre as 19:00 e as 20:30 a clase maxistral Estudos de concerto, que parte dunha longa investigación que supón un auténtico fito no desenvolvemento das posibilidades técnicas e expresivas da marimba, sendo concebida, ademáis, como un proxecto de divulgación do instrumento apoiado pola Fundación BBVA a través das Bolsas Leonardo para Investigadores e Creadores Culturais.
Miquel Bernat é un dos maiores impulsores da percusión no panorama internacional, contribuíndo á súa difusión e consolidación como medio artístico. No seu traballo abarca áreas como a dirección, docencia, composición e interpretación nos máis diversos tipos de música que inclúen a académica, experimental con electrónica e popular, interactuando con diversas áreas artísticas.
Presentada en decenas de conservatorios e universidades de todo un mundo, Miquel Bernat mostrará no CMUS Xoán Montes a través deste estudo a súa orixinal e creativa visión da técnica e interpretación da marimba, ademáis de adiantar os contidos dos próximos libros de estudos adicados ó vibráfono e á multipercusión.
Podes descargar o programa aquí.
Esta clase, polo seu interese xeral, estará aberta a toda a comunidade educativa.
Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)
Publicado o venres, 25 de marzo de 2022:
O vindeiro martes 29 de marzo ás 18:30 disfrutaremos dun fantástico concerto do coro mixto no auditorio do conservatorio.
Publicado o xoves, 24 de marzo de 2022:
Concerto de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura
O vindeiro luns 28 de marzo ás 20:00 teremos o pracer de disfrutar dun concerto de violonchelos a cargo de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura no auditorio do conservatorio.
Publicado o martes, 22 de marzo de 2022:
Muller e instrumentos de vento no S.XX. Olvidadas ou ignoradas?
O xoves 24 de marzo teremos a oportunidade de aprender e gozar coa interesantísima Conferencia-concerto Muller e instrumentos de vento no S.XX a cargo de Antonio Fernández e Ferbelia Ensemble.
O pasado século XX foi un dos máis prolíficos na literatura para os instrumentos de vento-madeira e, coa aportación dunha perspectiva de xénero, podemos dicir que foron moitas as mulleres que traballaron para conseguilo dende diferentes ámbitos.
Con esta conferencia-recital preténdese poñer en valor a actividade das mulleres en relación cos instrumentos de vento-madeira, ao longo do século XX, dende a composición, o mecenazgo, a pedagoxía ou a interpretación, facendo un repaso a través da palabra e da música con obras promovidas, comisionadas, estreadas, inspiradas ou compostas por mulleres que son de gran relevancia para os instrumentos de vento, con especial énfase no repertorio da frauta e do saxofón.
Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)
Publicado o luns, 21 de marzo de 2022:
X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI
Durante o mes de abril terá lugar o X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
A idea unificadora dos catro concertos presentados no X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» é a de explorar e trascender as nocións habitualmente asociadas á relación música-espazo, para o cal contaremos cun marco arquitectónico tan especial como a Caixa Negra do MIHL.
Desta forma, cada unha das propostas plantexará diferentes perspectivas deste concepto: Estudos Coreográficos, unha exploración do movemento e xestualidade do percusionista; ChumA, unha experiencia de escoita meditativa e percepción sensorial nun espazo ritualizado a través da tecnoloxía; Smart-alineation, a interacción entre diferentes dimensións dos sons instrumentais, electrónicos e as videocreacións; e Un ruído estraño e sagrado, unha instalación escultórica, sonora e lumínica a partir dos instrumentos de percusión.
RUÍDOS NA CAIXA NEGRA
CONCERTOS
- Sábado, 2 de abril ás 19:00 h:
ESTUDOS COREOGRÁFICOS-Miquel Bernat percusión
- Sábado, 9 de abril ás 19:00 h:
UN RUÍDO ESTRAÑO E SAGRADO-Vertixe Sonora
- Domingo, 24 de abril ás 19:00 h:
ChumA-Vertixe Sonora
- Sábado, 30 de abril ás 19:00 h.
SMART-ALINEATION. ALÉN - proxecto educativo de Vertixe Sonora
Ensemble Ixor. Pablo Coello dirección
CHARLA DIDÁCTICA
- Sábado, 2 de abril ás 18:30 h.
Miquel Bernat relator
Todas as actividades do ciclo terán lugar no MIHL.
Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es
Podes descargar o dossier do festival nesta ligazón
Publicado o sábado, 19 de marzo de 2022:
Mundo pequeno
O sábado 26 de marzo ás 19.00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.
Vertixe Sonora presenta en estreas absolutas as novas composicións para este proxecto de Lula Romero, Luc Döbereiner e Jeremías Iturra, xunto a estrea en Europa da composición de Wolf Edwards.
Publicado o mércores, 16 de marzo de 2022:
Concerto do coro infantil
O vindeiro luns 21 de marzo ás 18:00 poderemos gozar dun fantástico concerto do coro infantil no auditorio do conservatorio.
Publicado o sábado, 12 de marzo de 2022:
24 compases pola paz
O vindeiro martes día 15 ás 17:30, sairemos ós corredores do conservatorio para facer un canto conxunto en prol da paz interpretando o «Dona nobis pacem», atribuído a Mozart.
Publicado o mércores, 2 de marzo de 2022:
Concerto do Día da Muller
O martes 8 de marzo ás 18:00 celebraremos o Día da muller cun marabilloso concerto no auditorio do conservatorio a cargo de Cantar Delas e o Coro Feminino do CMUS Xoán Montes.