• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o xoves, 31 de marzo de 2022:

Publicado o mércores, 30 de marzo de 2022:

Estudos Coreográficos

O Sábado 2 de abril poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.

18:30. CHARLA DIDÁCTICA

Miquel Bernat, percusionista de renome, explicará o proxecto que presenta nesta edición do MIHLSONS e que inclúe música de Polo Vallejo, Luís Tinoco, José Manuel López López, Guillermo Lauzurica, Pedro Lima, Vasco Mendoça.

19:00. CONCERTO

Programa:

- Polo Vallejo Tactus (2006) seis tambores afinados

- Luís Tinoco Arquilélago (2019) vibráfono e tubos wah-wah

- José Manuel López López Estudio Coreográfico (2020) seis caixas e electrónica

- Guillermo Lauzurica Playback (2020) multipercusión

- Pedro Lima Three Questions from a Lover to a Saint (2020) vibráfono e electrónica

- Vasco Mendoça Aphasia (2020) percusión e electrónica en vivo

Podes descargar o programa completo na seguinte ligazón

Reserva aquí a túa entrada de valde 

Publicado o luns, 28 de marzo de 2022:

Convocatoria de bolsas para estudantes

Este ano 2022 o goberno ven de facer una modificación do calendario habitual correspondente ás bolsas de estudos que poden solicitar, entre outros, o alumnado matriculado nas ensinanzas profesionais de música. Desta maneira, o comezo do prazo de presentación de solicitudes, habitualmente situado no mes de agosto, está previsto este ano para o xa moi próximo mércores 30 deste mes de marzo estendéndose ao día 12 do mes de maio.

A modificación no calendario conduce imperativamente a unha alteración do procedemento. Desta maneira, este ano a presentación da solicitude será anterior á calquera prazo de matrícula respecto ao vindeiro curso. En canto ao calendario previsto, as diferentes etapas da tramitación serán as seguintes: solicitude no antedito prazo, cruce de datos coa AEAT no mes de xullo, comunicación coas persoas solicitantes durante o mes de agosto, concreción entre agosto e setembro da información académica, alegacións e achega de documentación, e unha segunda etapa entre setembro e decembro coa gravación de datos académicos, asignación de axudas e notificación das resolucións.

Nesta ligazón pódese consultar o extracto da convocatoria publicada polo BOE. Esta outra leva ao espazo do Ministerio de Educación y Formación Profesional destinado ás bolsas de estudos.

Xornadas de portas abertas 2022

Dende hoxe, luns 28 de marzo e ata o venres 1 de abril, está aberto o prazo para inscribirse nas Xornadas de portas abertas 2022 do Conservatorio Profesional Xoán Montes de Música de Lugo.

Estas xornadas están pensadas para que o futur alumnado do noso conservatorio e as súas familas coñezan as nosas ensinanzas xunto ás diferentes especialidades instrumentais que poden estudar no centro. 

Para formalizar a inscrición nas xornadas simplemente hai que cumprimentar o seguinte formulario.

Publicado o sábado, 26 de marzo de 2022:

Estudos de concerto: Clase maxistral de Miquel Bernat

O vindeiro luns 4 de abril, teremos a fortuna de contar con Miquel Bernat no noso conservatorio, onde impartirá entre as 19:00 e as 20:30 a clase maxistral Estudos de concerto, que parte dunha longa investigación que supón un auténtico fito no desenvolvemento das posibilidades técnicas e expresivas da marimba, sendo concebida, ademáis, como un proxecto de divulgación do instrumento apoiado pola Fundación BBVA a través das Bolsas Leonardo para Investigadores e Creadores Culturais.

Miquel Bernat é un dos maiores impulsores da percusión no panorama internacional, contribuíndo á súa difusión e consolidación como medio artístico. No seu traballo abarca áreas como a dirección, docencia, composición e interpretación nos máis diversos tipos de música que inclúen a académica, experimental con electrónica e popular, interactuando con diversas áreas artísticas.

Presentada en decenas de conservatorios e universidades de todo un mundo, Miquel Bernat mostrará no CMUS Xoán Montes a través deste estudo a súa orixinal e creativa visión da técnica e interpretación da marimba, ademáis de adiantar os contidos dos próximos libros de estudos adicados ó vibráfono e á multipercusión.

Podes descargar o programa aquí.

Esta clase, polo seu interese xeral, estará aberta a toda a comunidade educativa.

Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)

Publicado o venres, 25 de marzo de 2022:

O vindeiro martes 29 de marzo ás 18:30 disfrutaremos dun fantástico concerto do coro mixto no auditorio do conservatorio. 


Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)

Publicado o xoves, 24 de marzo de 2022:

Concerto de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura

O vindeiro luns 28 de marzo ás 20:00 teremos o pracer de disfrutar dun concerto de violonchelos a cargo de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura no auditorio do conservatorio.


A entrada será libre ata completar a cabida e lembrade que é necesario reservar a localidade.

Publicado o martes, 22 de marzo de 2022:

Muller e instrumentos de vento no S.XX. Olvidadas ou ignoradas?

O xoves 24 de marzo teremos a oportunidade de aprender e gozar coa interesantísima Conferencia-concerto Muller e instrumentos de vento no S.XX a cargo de Antonio Fernández e Ferbelia Ensemble.

O pasado século XX foi un dos máis prolíficos na literatura para os instrumentos de vento-madeira e, coa aportación dunha perspectiva de xénero, podemos dicir que foron moitas as mulleres que traballaron para conseguilo dende diferentes ámbitos. 

Con esta conferencia-recital preténdese poñer en valor a actividade das mulleres en relación cos instrumentos de vento-madeira, ao longo do século XX, dende a composición, o mecenazgo, a pedagoxía ou a interpretación, facendo un repaso a través da palabra e da música con obras promovidas, comisionadas, estreadas, inspiradas ou compostas por mulleres que son de gran relevancia para os instrumentos de vento, con especial énfase no repertorio da frauta e do saxofón. 


Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)



Publicado o luns, 21 de marzo de 2022:

X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI

Durante o mes de abril terá lugar o X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.

A idea unificadora dos catro concertos presentados no X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» é a de explorar e trascender as nocións habitualmente asociadas á relación música-espazo, para o cal contaremos cun marco arquitectónico tan especial como a Caixa Negra do MIHL. 

Desta forma, cada unha das propostas plantexará diferentes perspectivas deste concepto: Estudos Coreográficos, unha exploración do movemento e xestualidade do percusionista; ChumA, unha experiencia de escoita meditativa e percepción sensorial nun espazo ritualizado a través da tecnoloxía; Smart-alineation, a interacción entre diferentes dimensións dos sons instrumentais, electrónicos e as videocreacións; e Un ruído estraño e sagrado, unha instalación escultórica, sonora e lumínica a partir dos instrumentos de percusión. 


A axenda desta edición será a seguinte:

RUÍDOS NA CAIXA NEGRA

CONCERTOS

  • Sábado, 2 de abril ás 19:00 h: 

ESTUDOS COREOGRÁFICOS-Miquel Bernat percusión


  • Sábado, 9 de abril ás 19:00 h:

UN RUÍDO ESTRAÑO E SAGRADO-Vertixe Sonora


  • Domingo, 24 de abril ás 19:00 h:

ChumA-Vertixe Sonora


  • Sábado, 30 de abril ás 19:00 h.

SMART-ALINEATION. ALÉN - proxecto educativo de Vertixe Sonora

Ensemble Ixor. Pablo Coello dirección


CHARLA DIDÁCTICA

  • Sábado, 2 de abril ás 18:30 h. 

Miquel Bernat relator


Todas as actividades do ciclo terán lugar no MIHL.

Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es


Podes descargar o dossier do festival nesta ligazón



Publicado o sábado, 19 de marzo de 2022:

Mundo pequeno

O sábado 26 de marzo ás 19.00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22. 

Vertixe Sonora presenta en estreas absolutas as novas composicións para este proxecto de Lula Romero, Luc Döbereiner e Jeremías Iturra, xunto a estrea en Europa da composición de Wolf Edwards.


A partires da idea de mundo pequeño, das conexións entre diferentes elementos que aparentemente non son veciños entre sí, e que a través de sucesivas conexións son interconectados todos entre eles (as redes sociais de internet son un exemplo) concebiuse unha topoloxía musical de mundo pequeño tomando como elemento inical un cuarteto de saxofóns, que en diferentes combinacións se conecta con diferentes solistas instrumentais: violín, guitarra eléctrica ou electrónica en vivo

O programa será o seguinte:
Lula Romero (España) Ohne auβen* (2022) guitarra eléctrica e cuarteto de saxofóns
Luc Döbereiner (Alemaña) Small Worlds** (2022) 4 saxofóns tenores e electrónica en vivo
Wolf Edwards (Canadá) Torque*** (2021) cuarteto de saxofóns
Jeremías Iturra (Chile) Camera oscura*** (2022) violín e cuarteto de saxofóns
*Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora. Co apoio da Akademie der Künste
** Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora
***Estrea en Europa
****Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora. Co apoio de SACEM

VERTIXE SONORA Elena Rey violín | Nuno Pinto guitarra eléctrica | Luc Döbereiner electrónica | Moisés Barreiro, Pablo Coello, Sara Méndez, Adrián Pais cuarteto de saxofóns.

Publicado o mércores, 16 de marzo de 2022:

Concerto do coro infantil

O vindeiro luns 21 de marzo ás 18:00 poderemos gozar dun fantástico concerto do coro infantil no auditorio do conservatorio. 

Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)


Publicado o sábado, 12 de marzo de 2022:

24 compases pola paz

O vindeiro martes día 15 ás 17:30, sairemos ós corredores do conservatorio para facer un canto conxunto en prol da paz interpretando o «Dona nobis pacem», atribuído a Mozart.


Animádevos a participar nesta iniciativa!!

Podedes descargar aquí a partitura

Publicado o mércores, 2 de marzo de 2022:

Concerto do Día da Muller

O martes 8 de marzo ás 18:00 celebraremos o Día da muller cun marabilloso concerto no auditorio do conservatorio a cargo de Cantar Delas e o Coro Feminino do CMUS Xoán Montes.

Desacarga aquí o programa

A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio e lembrade que é necesario reservar a localidade.