• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 25 de febreiro de 2022:

Curso con Lorenzo Meseguer

Os días 26 e 27 de marzo Lorenzo Mesaguer impartirá un curso de violonchelo e música de cámara no auditorio do noso conservatorio.


Lorenzo é Catedrático de violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Castela e León e compaxina a docencia coa súa carreira concertista sendo membro do “Balthasar Neumann Ensemble” de Freiburg e da “City of Birmingham Symphony Orchestra” ata a tempada 2020.

Podes descargar o boletín de inscrición na seguinte ligazón


Publicado o xoves, 24 de febreiro de 2022:

Día de Rosalía

Onte, día 23 de febreiro, cumplíronse 185 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Ó día seguinte (tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837) era bautizada na capela do Hospital Real de Santiago de Compostela (hoxe en día o Hostal dos reis Católicos). 

Dende o conservatorio queremos facer a nosa pequena contribución para celebrar o "Día de Rosalía". Neste vídeo podedes escoitar o seu poema "Negra Sombra" con acompañamento musical de Abraham Cupeiro, o noso coordinador do EDLG.

Publicado o mércores, 16 de febreiro de 2022:

Clase Maxistral de Miquel Bernat no CMUS

Miquel Bernat é un dos maiores impulsores da percusión no panorama internacional, contribuíndo á súa difusión e consolidación como medio artístico. No seu traballo abarca áreas como a dirección, docencia, composición e interpretación nos máis diversos tipos de música que inclúen a académica, experimental con electrónica e popular, interactuando con diversas áreas artísticas.

O vindeiro luns 4 de abril, teremos a fortuna de contar con este magnífico músico no noso conservatorio, onde impartirá entre as 19:00 e as 20:30 a clase maxistral Estudos de concerto, que parte dunha longa investigación que supón un auténtico fito no desenvolvemento das posibilidades técnicas e expresivas da marimba, sendo concebida, ademáis, como un proxecto de divulgación do instrumento apoiadoda pola Fundación BBVA a través das Bolsas Leonardo para Investigadores e Creadores Culturais.

Presentada en decenas de conservatorios e universidades de todo un mundo, Miquel Bernat mostrará no CMUS Xoán Montes a través deste estudo a súa orixinal e creativa visión da técnica e interpretación da marimba, ademáis de adiantar os contidos dos próximos libros de estudos adicados ó vibráfono e á multipercusión.

Esta clase, polo seu interese xeral, estará aberta a toda a comunidade educativa.

Publicado o martes, 15 de febreiro de 2022:

Publicado o venres, 4 de febreiro de 2022:

Tremor

O domingo 13 de febreiro ás 19.00h poderemos asistir no Auditorio do noso conservatorio a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.


O concerto, que estará a cargo de Vertixe Sonoraserá de balde e nel interpretarase o seguinte programa:

Tianyu Zou (1996) | Quintet* [2021] para saxofón, acordeón, guitarra eléctrica, piano e percusión
Heather B. Frasch (1980) | Quivering** [2016] para saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, piano e percusión
Diogo Novo Carvalho | Tacto*** [2022] para saxofón, piano e percusión
Stefan Beyer (1981) | Mittel und Zwecke**** (Boulevard) [2014] para saxofón, acordeón, contrabaixo, guitarra, piano e percusión

* Estrea absoluta. Encomenda do Vertixe Sonora en colaboración co Festival Mixtur
** Comisionada por Vertixe Sonora para a exposición Eva Lootz. Cut through the fog (CGAC, 2016)
*** Pre-estrea. Obra resultante da proposta seleccionada por Vertixe Sonora e a Arte no Tempo
**** Comisionada por Vertixe Sonora para a exposición Carlos León. A orde das primeras cousas (CGAC, 2014)


VERTIXE SONORA: Pablo Coello saxofón | Helena Sousa acordeón | Carlos Méndez contrabaixo | Nuno Pinto guitarra eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión

Imaxe: Eva Lootz- El monte Neme en la niebla, 2016. © Eva Lootz, VEGAP, Santiago de Compostela, 2016




 

Publicado o martes, 1 de febreiro de 2022:

DUDUK

Coñecedes o duduk?

O noso coordinador do EDLG, Abraham Cupeiro, preséntanos nesta semana o duduk, un instrumento armenio de son marabilloso que está protexido pola UNESCO como ben inmaterial.