• Toda a información das Probas de Acceso aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 4 de xaneiro de 2022:

Comezamos o ano "De parola"

"De parola" é un espazo de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes no que se fan entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.

Nesta ocasión estivemos de parola con Andrea Vilar, Diego Segade e Marcos Castedo. Tres fantásticos músicos e antigos alumnos do noso conservatorio que decidiron unirse para presentarnos "Música e memes", que é un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica empregando como recurso para falar da música unha linguaxe tan actual e peculiar como son os memes.


Agardamos que teñades un fantástico ano e que gocedes con esta parola.