"De parola" é un espazo de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes no que se fan entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.
Nesta ocasión estivemos de parola con Andrea Vilar, Diego Segade e Marcos Castedo. Tres fantásticos músicos e antigos alumnos do noso conservatorio que decidiron unirse para presentarnos "Música e memes", que é un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica empregando como recurso para falar da música unha linguaxe tan actual e peculiar como son os memes.