• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 24 de xaneiro de 2022:

Presentación do Cornetto

Coñecedes o cornetto?

O noso coordinador do EDLG, Abraham Cupeiro, fainos unha fantástica presentación deste instrumento.


Publicado o venres, 14 de xaneiro de 2022:

Bandas no Gustavo Freire

O mércores 19 de xaneiro ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo Freire


As dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán un interesante programa inspirado no Renacemento.

A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón.


Publicado o mércores, 12 de xaneiro de 2022:

New Music Blind Date

O venres 21 de xaneiro ás 20.30h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.


O concerto, que será de balde, estará a cargo de Vertixe Sonora e New Babylon Ensemble e interpretarán o seguinte programa:

Ramón Souto BLIND (2021) ensemble e dispositivos electrónicos
Ângela da Ponte Interaction (2021) ensemble e electrónica
Alexander F. Müller If there’s no one else to blame… II (2021) ensemble

VERTIXE SONORA: Clara Saleiro frauta | Pablo Coello saxofón | Carlos Cortés trompeta | Iago Rios trombón | María Mogas acordeón | Elena Rey violín | Alfonso Noriega viola | Carlos Méndez contrabaixo | David Durán piano | Diego Ventoso percusión

NEW BABYLON ENSEMBLE Martin Abendroth clarinete | Benjamin Fischer óboe | Nathan Watts violonchelo | Tobias Hamann percusión | Alexander F. Müller eléctronica





Publicado o martes, 4 de xaneiro de 2022:

Comezamos o ano "De parola"

"De parola" é un espazo de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes no que se fan entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.

Nesta ocasión estivemos de parola con Andrea Vilar, Diego Segade e Marcos Castedo. Tres fantásticos músicos e antigos alumnos do noso conservatorio que decidiron unirse para presentarnos "Música e memes", que é un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica empregando como recurso para falar da música unha linguaxe tan actual e peculiar como son os memes.


Agardamos que teñades un fantástico ano e que gocedes con esta parola.