|
Publicado o luns, 27 de xuño de 2022:
Recital de piano. Aldara Pérez
Publicado o xoves, 23 de xuño de 2022:
Probas de acceso, resultados
Publícanse os resultados das probas de acceso aos cursos diferentes de primeiro.
Publicado o luns, 20 de xuño de 2022:
Admitidos e lista de agarda do Curso Iniciación
Publícase a relación de admitid@s por grupos e a lista de agarda do Curso Iniciación, que se impartirá a partir do vindeiro mes de setembro.
Pode consultar a relación de aspirantes na seguinte ligazón ou no taboleiro de anuncios do conservatorio.
Formulario horario alumnado curso 2022-2023
Publícase o formulario para recoller a información precisa ao respecto da elaboración dos horarios e dos grupos para o vindeiro curso 2022-2023. O formulario permanecerá aberto entre o 20 de xuño e o 3 de xullo coincidindo co período de matrícula.
No caso do alumnado que cursa dúas especialidades será preciso cubrir dous formularios diferentes.
Dispoñer da información que achega o formulario é esencial para a mellor conciliación dos estudos no conservatorio cos correspondentes ao ensino obrigatorio e coas diversas circunstancias de natureza particular.
Publicado o domingo, 19 de xuño de 2022:
Matrícula curso 2022-2023
Despois dalgúns atrancos de natureza técnica, mañá luns 20 comezará o prazo de matrícula correspondente ao curso 2022-2023. A matrícula poderá formalizarse entre a devandita data e o 3 de xullo.
Esta matrícula estará destinada ao alumnado matriculado no presente curso 2021-2022 así como aos aspirantes que obtiveran praza nas probas de acceso aos diferentes cursos. En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro.
O conservatorio, para este ano académico 2022-2023 incorpora o trámite en liña como procedemento único para a formalización da matrícula. Aínda que este proceso esixirá de toda a comunidade educativa un esforzo no tocante ao manexo da plataforma, si esperamos acadar unha maneira máis eficiente de desenvolver o proceso.A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.
O procedemento consistirá en confirmar a matrícula, levar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través da mensaxería de CentrosNET ou dirixindo o envío ao enderezo electrónico administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal. Na ligazón de abaixo é posible ver e descargar unha guía para desenvolver todo o procedemento.
Un saúdo.
A dirección
Publicado o venres, 17 de xuño de 2022:
Probas de acceso aos cursos diferentes a primeiro
Publícanse os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao aos cursos diferentes a primeiro de grao elemental e grao profesional nas diferentes especialidades instrumentais. Nas ligazóns de abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.
Linguaxe musical (Exercicio B)
Publicado o mércores, 15 de xuño de 2022:
CentrosNET e a súa APP
Dentro do proceso de renovación que, en diferentes áreas, está a desenvolver o centro, a comunicación e mais as xestións administrativas ocupan unha parte destacada. Diferentes procedementos están a mudar a súa maneira de facer transitando do papel ao dixital e da presencialidade ao telemático.
A nosa comunidade educativa coñece ben CentrosNET como plataforma de comunicación de resultados de avaliación ou faltas de asistencia. Agora o centro ten a vontade de consolidar este recurso facendo uso de todas as súas posibilidades. Desta maneira, a formalización da matrícula correspondente ao vindeiro curso 2022-2023 levarase a cabo de maneira exclusiva a través desta plataforma e, por todo isto, resulta indispensable que todas as familias teñan habilitado o acceso á mesma, e isto tanto ao respecto do alumnado coma dos seus responsables, nais, pais ou titores legais. Ao mesmo tempo, a intención do conservatorio é que CentrosNET sexa unha das canles de comunicación coas familias no tocante a notificacións, avisos ou difusión de información en xeral.
Cómpre tamén facer referencia á aplicación móbil da que dispón CentrosNET. Pode instalarse nun contorno de iOS ou de Android. A aplicación permite a comunicación co profesorado, a consulta de cualificacións ou da asistencia do alumnado. Pode descargarse dende esta ligazón.
Un saúdo, e grazas.
A dirección
Publicado o venres, 10 de xuño de 2022:
Composición dos tribunais das probas de acceso aos cursos diferentes a primeiro
aos cursos diferentes a primeiro de grao elemental e grao profesional nas diferentes especialidades instrumentais ademais das datas, horas e lugares de celebración.
Probas de acceso aos cursos diferentes de primeiro, tribunais
Publicado o luns, 6 de xuño de 2022:
Publicado o sábado, 4 de xuño de 2022:
Probas avaliación extraordinaria
Publícase o calendario das probas correspondentes á avaliación extraordinaria do curso 2021-2022. Na ligazón de abaixo é posible consultar as datas, horas e espazos ao respecto das diferentes materias e docentes.
Publicado o venres, 3 de xuño de 2022:
Premio fin de grao: Galardoados
Publicado o xoves, 2 de xuño de 2022:
Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, resultados.
Ao respecto das nenas e nenos que superaron a proba pero non obtiveron praza, o vindeiro martes 7 de xuño ás 18:00 desenvolverase no auditorio do centro unha reunión para, de ser o caso, adxudicar as anteditas prazas vacantes. A asistencia a dita reunión é indispensable para permanecer nas listaxes de agarda correspondentes ás especialidades escollidas no momento de formalizar a inscrición á proba.
Publicado o mércores, 1 de xuño de 2022:
Probas de acceso: 2º a 4º de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional
As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.
Publicado o luns, 30 de maio de 2022:
Rethinking Bach: As Variacións Goldberg transcritas para violín solo
programación do Festival de Música Cidade de Lugo deste ano 2022. O centro recupera a presenza de concertos deste festival no seu auditorio, nova que, sen dúbida, cómpre salientar.
Para este regreso dun evento do festival ao auditorio escolleuse un concerto de indubidable interese e, dende logo, axeitado ás características do noso espazo. Trátase dunha transcrición para violín só do BWV 988 de Johann Sebastian Bach, as súas Variacións Goldberg. Este Bach repensado faráo soar o violinista Jorge Jiménez dende ás 20:00.
A entrada é libre ata completar a cabida do auditorio.
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, resultados.
ao curso 2022-2023. Ao mesmo tempo, publícase a relación de aspirantes que superaron a proba e obteñen praza ademais da lista de agarda.
A matrícula poderá formalizarse entre os días 20 de xuño e 3 de xullo.
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, resultados
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes con praza
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, aspirantes en lista de agarda
Publicado o venres, 27 de maio de 2022:
Proba de acceso ao 1º curso do grao elemental, horarios
O resultado da proba publicarase o xoves 2 de xuño. Os aspirantes que superasen a proba, pero non obtivesen unha praza na especialidade escollida, poderán elixir outra nunha reunión que se celebrará o martes 7 de xuño ás 18:00 no auditorio do centro.
Premio fin de grao, composición do tribunal. Corrección de erros.
Premio fin de grao: Horarios
Publicado o mércores, 25 de maio de 2022:
Premio fin de grao, composición do tribunal e relación de alumnado admitido
Publícase a composición do tribunal que avaliará a proba correspondente ao premio fin de grao prevista para o vindeiro venres 3 de xuño. O venres 27 de maio publicarase a concreción horaria.
Publícase ao mesmo tempo a relación de alumnado admitido para a realización da proba.
Publicado o martes, 24 de maio de 2022:
Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, composición do tribunal
A proba desenvolverase dende o vindeiro luns 30 de maio en horario de tarde. O venres 27 publicarase a concreción en canto a datas, horarios e espazo de celebración da proba.
Proba de acceso a 1º curso do grao elemental, composición do tribunal
Proba de acceso a 1º curso do grao profesional. Piano, convocatoria de aspirantes.
Publícase a convocatoria de aspirantes correspondente á proba de acceso ao 1º curso do grao profesional
na especialidade de Piano.
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, criterios de cualificación
abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.
Publicado o xoves, 19 de maio de 2022:
Premio fin de grao
A celebración da proba correspondente ao premio fin de grao destinado ao alumnado que remata as ensinanzas profesionais este curso 2021-2022 está prevista para o vindeiro venres 3 de xuño.
Lembramos que pode optar a este recoñecemento o alumnado que remate o sexto curso dos estudos profesionais de música cunha cualificación media igual ou superior a 8 no antedito curso e se presente á proba correspondente.
A inscrición á proba poderá formalizarse o martes 24 de maio, durante todo o día, na administración ou conserxería do centro.
Despois de pechada a inscrición, publicarase a relación de alumnado admitido, a composición do tribunal e, con posterioridade, a concreción horaria da proba. Esta celebrarase no auditorio do centro.
Toda a información correspondente á proba pódese descargar na ligazón de abaixo.
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional. Reparto de aspirantes por aula
Publicado o luns, 16 de maio de 2022:
Actividade entre o 16 de maio e o 10 de xuño
O pasado venres 13 remataba a actividade lectiva previa á avaliación ordinaria deste curso 2021-2022.
O período que se estenderá entre hoxe día 16 e o vindeiro 10 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, recuperación, reforzo, ampliación e titorización. Estás actividades terán en todo caso un carácter voluntario.
O profesorado comunicarase co alumnado ou, de ser o caso, coas súas familias, co obxecto de concretar a actividade a desenvolver durante estas catro semanas.
Un saúdo.
Curso de iniciación gratuíto
Orquestras no Vello Cárcere
O mércores 18 de maio ás 19:00 terá lugar no Vello Cárcere un concerto no que participarán a orquestra infantil e as dúas orquestras do Grao Profesional do noso conservatorio.
Tribunais das probas de acceso a 1º curso do grao profesional
Pode consultarse na ligazón de abaixo a composición dos tribunais que avaliarán as probas de acceso ao
1º curso do grao profesional nas diferentes especialidades instrumentais ademais das datas, horas e lugares de celebración.
Publicado o luns, 9 de maio de 2022:
Acceso ao 1º curso das ensinanzas elementais
O prazo de inscrición á proba de acceso correspondente ao primeiro curso do grao elemental permanecerá aberto ata o vindeiro venres 13 de maio. A inscrición, de balde, deberá formalizarse en liña a través da ligazón que se atopa más abaixo. Lembramos que a idade mínima e oito anos e a máxima catorce cumpridos ou por cumprir neste ano 2022.
A proba de acceso levarase a cabo a partir do luns 30 de maio. Lembramos que se trata dunha proba de aptitudes e non de coñecementos ou destrezas.
Publicado o domingo, 8 de maio de 2022:
Probas extraordinarias de avaliación
Na ligazón de abaixo pode consultarse o calendario coas datas, horario e lugar de celebración das probas extraordinarias de avaliación para o alumnado con falta de asistencia a clase no presente curso 2021-2022.
Publicado o venres, 6 de maio de 2022:
Concerto das Letras Galegas
O vindeiro martes 10 de maio ás 18:30 poderemos gozar dun fantástico concerto dos coros feminino e mixto no auditorio do conservatorio para celebrar o Día das Letras Galegas.
Orquesta Terra Nova
O vindeiro mércores 11 ás 20:30 no auditorio do centro terá lugar a presentación do proxecto Orquesta Terra Nova. Trátase dunha iniciativa promovida polo director de orquestra arxentino, aínda que de orixe galego, Nicolás Ravelli Barreiro.
O proxecto tenta achegar unha nova voz musical ao quefacer artístico lucense diante da ausencia actualmente dunha agrupación orquestral. Coa vontade de gozar da música sen descoidar o acto de compartila, o proxecto camiña en prol de fomentar o repertorio académico clásico na comunidade achegándoo a diferentes audiencias.
En resumo, o obxectivo é construír unha agrupación orquestral estable na cidade de Lugo co fin de ampliar o seu bagaxe cultural e permitir que profesionais e estudantes de música dispoñan dun espazo local estable e de construción colectiva no que contribuír á súa formación musical, poñendo esta en práctica, e ampliando ademais os horizontes artísticos locais.
Como diciamos, a orquestra estará aberta a instrumentistas tanto estudantes como profesionais, polo que en relación ao noso alumnado das especialidades de corda do grao profesional ―o proxecto propón medrar a partir dunha formación de corda― esta iniciativa é de especial interese.
A entrada á presentación é libre sendo preciso reservar a localidade con antelación.
Publicado o mércores, 4 de maio de 2022:
Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais
Ata o vindeiro venres 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondente
As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.
Publicado o martes, 3 de maio de 2022:
Prazas vacantes curso 2022-2023
Na ligazón de abaixo pode consultarse a listaxe de prazas mínimas vacantes que o centro ofrece para o vindeiro curso 2022-2023 nas diferentes especialidades instrumentais e cursos.
No mes de xullo darase oportuna información das prazas vacantes que poidan xurdir despois dos procesos de matrícula.
Publicado o luns, 2 de maio de 2022:
Bandas no Gustavo Freire
O mércores 4 de mairo ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo Freire
Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais
As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e a outra sobre como formalizar o pago da taxa telematicamente.
Publicado o mércores, 27 de abril de 2022:
Smart-Alineation
O Sábado 30 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
PROGRAMA
Yannis Kyriakides The arrest (2010) ensemble, vídeo e electrónica
Igor Silva Smart-alienation (2016) ensemble, electrónica e vídeo
Pierre Jodlowski People/Time (2003, rev. 2016) ensemble, vídeo e electrónica
ENSEMBLE IXOR Mencía Resch frauta | Diego Bermúdez, José Romero clarinete | Sergio Rodríguez óboe | Diego Garrigo, Liliana Ortega saxofón | Rafael Blanco trompa | Xoán Carro, Daniel Rodríguez violín | Jesús Viejo contrabaixo | Luís Ángel Martínez, Brenda Molinero piano | Uxía Castelo, Ían Solla percusión
VERTIXE SONORA Iago Ríos trombón | Thoma Piel violonchelo | Nuno Pinto guitarra eléctrica
Pablo Coello dirección musical
Podes descargar aquí o programa de man
Publicado o domingo, 24 de abril de 2022:
ChumA
Hoxe, domingo 24 de abril poderemos asistir ás 19:00h no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
En ChumA preséntase un concerto monográfico do compositor colombiano residente en Xenebra, Daniel Zea, un dos máis activos creadores na escena multimedia internacional. No programa preséntase en exclusiva mundial a obra que da título ao concerto, o seu derradeiro traballo, un convite a 14 solistas do Vertixe Sonora especialmente adestrados para celebrar o rito do yagué. Nesta presentación obtense o máximo proveito das especiais condicións acústicas do MIHL transformado nun dispositivo circular que arrodea ao público en semiescuridade promovendo unha escoita meditativa e ritualizada no que a música redescubre a súa esencia coma vehículo de comunicación entre o espírito e a divindade.
Se en ChumA se recupera o compoñente ritual consustancial á música; o resto do programa esvara na desenfreada fascinación do home contemporáneo pola tecnoloxía, nunha visión distópica e nihilista da realidade que nos circunda: músicas que son vehículos poéticos de reflexión e crítica.
Swallow! (2019) catro performers, catro ordenadores usando algoritmos de recoñecemento facial, xeradores de texto, vídeo e sons electrónicos
Borracho Dixital (2018) sampler (usando glitches e sons roubados de videoxogos), saxofón, guitarra eléctrica, percusión e xerador de textos en tempo real
ChumA* (2022) para 14 músicos a e xerador de partituras en tempo real
*Estrea mundial. Encomenda de Vertixe Sonora
VERTIXE SONORA Helena Sousa acordeón | Simon Lewis trompa | Carlos Cortés trompeta | Iago Ríos trombón | Pablo Coello saxofón, laptop | Felipe Agell, Daniel Veiga clarinetes | Alfonso Noriega, Francisco Caldeira violas | Hugo Paiva, Nathan Watts violonchelos | Nuno Márquez guitarra eléctrica, laptop | David Durán, Haruna Takebe sampler, laptop | Diego Ventoso percusión | Daniel Zea medios electrónicos
Podes descargar aquí o programa de man
Publicado o mércores, 20 de abril de 2022:
Xornadas de portas abertas
Publicado o martes, 19 de abril de 2022:
O conservatorio na rúa!!
Publicado o luns, 18 de abril de 2022:
Proba de acceso ás ensinanzas elementais
A proba de acceso levarase a cabo a partir do 30 de maio. Lembramos que se trata dunha proba de aptitudes e non de coñecementos ou destrezas.
Publicado o venres, 15 de abril de 2022:
Presentación de O toque pechado de Pablo Seoane
O luns 25 de abril ás 19:30 terá lugar no auditorio do conservatorio a presentación do libro O toque pechado de Pablo Seoane.
Logo de 2 anos de intenso traballo, Pablo Seoane decide editar este traballo coa idea de poder axudar a todo@s @s gaiteir@s que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega.
A idea, que xa facía tempo que estaba enriba da mesa, levouse a cabo durante o confinamento por mor da Covid-19. Moita xente do sector da música e baile tradicional, deixaron de ter actividade, tanto docente coma artística, polo que era o momento de poder facelo.
O autor, coñecido intérprete deste xeito de tocar, despois do traballo de transcrición de audios, edición de partituras, análise das mesmas (a maior parte do seu arquivo persoal) e de actualizar e poñer ó día anos e anos de traballo, presenta nesta publicación, unha boa escolma de exercicios específicos e 150 partituras divididas en 3 niveis de dificultade, para que @s gaiteir@s poidan traballar en calquera dos distintos xeitos de tocar pechado na gaita galega.
Segundo a experiencia do autor coma gaiteiro e docente, a mellor forma de dominar calquera dos distintos estilos de toque pechado que existe en Galicia, é traballando con exercicios previos e tamén, por suposto, coas músicas axeitadas a este xeito de tocar.
Todas as partituras que aparecen no libro son tradicionais, e aínda que están pensadas para o toque pechado, pódense, por suposto, interpretar coa dixitación aberta, e completar o repertorio de calquera gaiteiro/a.
Publicado o venres, 8 de abril de 2022:
Próbate na proba 2022: Listaxes e horarios
Publicado o martes, 5 de abril de 2022:
Un ruído estrano e sagrado
O Sábado 9 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
PROGRAMA
- John Luther Adams Strange and Sacred Noise (1997) cuarteto de percusión
• …dust into dust… 2 caixas e 2 tambores militares
• solitary and time-breaking waves 4 tam-tams
• velocities crossing in phase space 6 toms e 4 bombos
• triadic iteration lattices 4 marimbas, 4 vibráfonos e 4 liras
• clusters on a quadrilateral grid 4 sirenas
• …and dust rising… 2 caixas e 2 tambores militares
Vertixe Sonora: David Dapena, Pablo Paz, David Rodríguez, Diego Ventoso percusión
Podes descargar o programa completo na seguinte ligazón
Publicado o venres, 1 de abril de 2022:
Próbate na proba 2022
- adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios do xeito máis semellante á proba mesma
- ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.
Publicado o xoves, 31 de marzo de 2022:
Publicado o mércores, 30 de marzo de 2022:
Estudos Coreográficos
O Sábado 2 de abril poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
18:30. CHARLA DIDÁCTICA
Miquel Bernat, percusionista de renome, explicará o proxecto que presenta nesta edición do MIHLSONS e que inclúe música de Polo Vallejo, Luís Tinoco, José Manuel López López, Guillermo Lauzurica, Pedro Lima, Vasco Mendoça.
19:00. CONCERTO
Programa:
- Polo Vallejo Tactus (2006) seis tambores afinados
- Luís Tinoco Arquilélago (2019) vibráfono e tubos wah-wah
- José Manuel López López Estudio Coreográfico (2020) seis caixas e electrónica
- Guillermo Lauzurica Playback (2020) multipercusión
- Pedro Lima Three Questions from a Lover to a Saint (2020) vibráfono e electrónica
- Vasco Mendoça Aphasia (2020) percusión e electrónica en vivo
Podes descargar o programa completo na seguinte ligazón
Publicado o luns, 28 de marzo de 2022:
Convocatoria de bolsas para estudantes
Este ano 2022 o goberno ven de facer una modificación do calendario habitual correspondente ás bolsas de estudos que poden solicitar, entre outros, o alumnado matriculado nas ensinanzas profesionais de música. Desta maneira, o comezo do prazo de presentación de solicitudes, habitualmente situado no mes de agosto, está previsto este ano para o xa moi próximo mércores 30 deste mes de marzo estendéndose ao día 12 do mes de maio.
A modificación no calendario conduce imperativamente a unha alteración do procedemento. Desta maneira, este ano a presentación da solicitude será anterior á calquera prazo de matrícula respecto ao vindeiro curso. En canto ao calendario previsto, as diferentes etapas da tramitación serán as seguintes: solicitude no antedito prazo, cruce de datos coa AEAT no mes de xullo, comunicación coas persoas solicitantes durante o mes de agosto, concreción entre agosto e setembro da información académica, alegacións e achega de documentación, e unha segunda etapa entre setembro e decembro coa gravación de datos académicos, asignación de axudas e notificación das resolucións.
Nesta ligazón pódese consultar o extracto da convocatoria publicada polo BOE. Esta outra leva ao espazo do Ministerio de Educación y Formación Profesional destinado ás bolsas de estudos.
Xornadas de portas abertas 2022
Dende hoxe, luns 28 de marzo e ata o venres 1 de abril, está aberto o prazo para inscribirse nas Xornadas de portas abertas 2022 do Conservatorio Profesional Xoán Montes de Música de Lugo.
Estas xornadas están pensadas para que o futur alumnado do noso conservatorio e as súas familas coñezan as nosas ensinanzas xunto ás diferentes especialidades instrumentais que poden estudar no centro.
Para formalizar a inscrición nas xornadas simplemente hai que cumprimentar o seguinte formulario.
Publicado o sábado, 26 de marzo de 2022:
Estudos de concerto: Clase maxistral de Miquel Bernat
O vindeiro luns 4 de abril, teremos a fortuna de contar con Miquel Bernat no noso conservatorio, onde impartirá entre as 19:00 e as 20:30 a clase maxistral Estudos de concerto, que parte dunha longa investigación que supón un auténtico fito no desenvolvemento das posibilidades técnicas e expresivas da marimba, sendo concebida, ademáis, como un proxecto de divulgación do instrumento apoiado pola Fundación BBVA a través das Bolsas Leonardo para Investigadores e Creadores Culturais.
Miquel Bernat é un dos maiores impulsores da percusión no panorama internacional, contribuíndo á súa difusión e consolidación como medio artístico. No seu traballo abarca áreas como a dirección, docencia, composición e interpretación nos máis diversos tipos de música que inclúen a académica, experimental con electrónica e popular, interactuando con diversas áreas artísticas.
Presentada en decenas de conservatorios e universidades de todo un mundo, Miquel Bernat mostrará no CMUS Xoán Montes a través deste estudo a súa orixinal e creativa visión da técnica e interpretación da marimba, ademáis de adiantar os contidos dos próximos libros de estudos adicados ó vibráfono e á multipercusión.
Podes descargar o programa aquí.
Esta clase, polo seu interese xeral, estará aberta a toda a comunidade educativa.
Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)