• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 24 de decembro de 2021:

Nadal co EDLG

Que mellor que felicitar estas festas coa música dunha panxoliña, e si por riba está interpretada polo noso compañeiro Abraham Cupeiro o festexo xa é fantástico....

Aproveitamos esta publicación na nosa web para dar a coñecer a visita que fixo Abraham ó Conservatorio Xan Viaño de Ferrol representando ó noso centro en calidade de Coordinador do EDLG.


Alí emocionou ó público asistente co seu espectáculo "Resoando no Pasado" completando o aforo do auditorio.
Si queredes ver a nova completa, podedes facelo na bitácora do EDLG do CMUS Xan Viaño premendo na seguinte ligazón.

Agardamos que esta colaboración entre os dous Equipos de Dinamización da Lingua Galega sexa a primeira de moitas iniciativas conxuntas a prol da nosa lingua e cultura.

Bo Nadal!!!

Publicado o martes, 21 de decembro de 2021:

Felices Festas!

Dende o CMUS Xoán Montes desexamos que teñades un moi Bo Nadal e que o novo ano veña cheo de música, paz, saúde e milleiros de cousas boas.






 

Publicado o mércores, 15 de decembro de 2021:

Reserva de entradas!!


Xa está dispoñible na columna esquerda da páxina web a ligazón para poder reservar entradas nas actividades que sexa necesario:


Tamén podedes atopala na axenda de actividades:




Concertos de Nadal!

O luns día 20 e martes día 22 celebraremos o Nadal con distintos concertos no noso auditorio. 


Agardamos que este comezo de curso fose moi proveitoso e que teñades unhas moi Boas Festas!!

Para poder asistir a todos os concertos será necesario que reserves a túa localidade a través do seguinte formulario

Publicado o martes, 14 de decembro de 2021:

Vacacións de nadal: horarios

 As vacacións de nadal abranguerán desde o 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.


Concerto do Coro Infantil

Logo de moito tempo sen poder gozar do noso querido coro infantil, no conservatorio estamos moi ledos de ver como os ensaios xa deron os primeiros froitos. 
O luns 20 de nadal ás 18:00h desfrutaremos un montón escoitando as súas fantásticas voces.


Para poder asistir a este concerto será necesario que reserves a túa localidade a través do seguinte formulario

Publicado o luns, 13 de decembro de 2021:

New Music, New Paths

O sábado 18 de decembro rematará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI


Ás 18:30h terá lugar o derradeiro concerto desta edición do ciclo a cargo de Silvia Rosani, Ramón Otero, Davor Vincze, Gabriel Bolaños, Andrés Guadarrama, Tatiana Gerasimenok
Estes magníficos intérpretes interpretarán o deguinte programa:

SILVIA ROSANIO Ni inverso ni reverso* (2021) violín e electrónica
RAMÓN OTERO Unha e mil árbores* (2021) violín e vídeo
DAVOR VINCZE Me, Myself & All* (2021) violin e electrónica
GABRIEL BOLAÑOS Pixel Streams* (2021) violín, electrónica e vídeo
ANDRÉS GUADARRAMA Como un reposado vacío* (2021) violín e ecosistema
TATIANA GERASIMENOK  nova obra* (2021) performance
* Estrea absoluta

VERTIXE SONORA Roberto Alonso violín | Iván Ferrer electrónica


Unha vez rematado o concerto, ás 19:30 terá lugar unha charla didáctica a cargo de Roberto Alonso como relator.

Merca aquí as túas entradas

Publicado o luns, 6 de decembro de 2021:

The Pawnshop

 O sábado 11 de decembro teremos un novo concerto do IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.


Ás 18:30h a Banda Filharmónica de Lugo, na que toca un número importante de alumnado do noso conservatorio e baixo a dirección de Iván Martínez, ofrecerá un concerto co seguinte programa:.

UXÍO DOMÍNGUEZ  Trémulas* (2021) banda
JOSÉ MIGUEL FAYOS Ecos de un mundo distante (2009) banda
ANTÓN ALCALDE The Pawnshop Op. 7 (2012)  Antón Alcalde  banda e filme de cine mudo (The Pawnshop de Charles Chaplin)

* Estrea absoluta




Publicado o venres, 3 de decembro de 2021:

Publicación de cualificacións da primeira avaliación

Dende hoxe venres 3 ás 20:00 é posible consultar en CentrosNET as cualificacións correspondentes á primeira avaliación deste curso 2021-2022. Na seguinte ligazón é posible consultar e descargar a guía de utilización de CentrosNET.

Publicado o mércores, 1 de decembro de 2021:

Concerto de Xurxo Morales como solista coa Real Filharmonía de Galicia

Vídeo da actuación como solista do exalumno do centro Xurxo Morales Varela coa Real Filharmonía de Galicia o 17 de Setembro de 2021 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este concerto enmárcase no programa "Peregrinos Musicales".

¡Noraboa Xurxo!

Publicado o luns, 29 de novembro de 2021:

Publicación das programacións didácticas

Infórmase a toda a comunidade educativa que están dispoñibles para a súa consulta e descarga as programacións didácticas correspondentes ás diferentes materias. As ligazóns aos documentos atópanse nos espazos adicados a cada departamento didáctico no menú da esquerda. Lembramos ademais que as programacións didácticas recollen sempre os mínimos esixibles e criterios de cualificación correspondentes a cada curso e materia.

Sólidos e líquidos II

O sábado 4 de decembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.


Ás 18:30h terá lugar un concerto a cargo do IXOR Cuarteto de saxofóns baixo a dirección musical de Pablo Coello e formado por David Luís García (soprano), Diego Garrigo (alto), Efrén Soto (tenor) e Sérgio Piñeiro (barítono).

Interpretarán o seguinte programa:

CHRISTOPH PENDERECKI Quartett (1993) (arranxo: Harry Kinross-White, 1999)
JACOBO GASPAR Figuras con sólidos e líquidos (2017) 
ROBIN HOFFMAN Der blutige Schaffner (1996)





Publicado o luns, 22 de novembro de 2021:

Aviso para o público asistente a actividades no CMUS

O público accederá ó conservatorio dende o exterior pola porta da planta baixa situada na parte dereita da fachada, agás as persoas que presenten mobilidade reducida.

O acceso ó auditorio será únicamente a través da porta situada na planta 1.

Levarase un rexistro do público asistente (profesorado de garda).

As persoas asistentes terán que ter en todo momento a máscara colocada correctamente na faciana.

O público sentarase  ocupando as cadeiras de maneira alterna.

As persoas dunha mesma unidade familiar poderán sentarse xuntos sempre que se poida manter a distancia de seguridade con resto de público. De facer isto, preferiblemente será nas cadeiras dos extremos de cada ringleira.

As portas de acceso para o público estarán abertas 5 minutos antes da hora estipulada para o comezo da actividade. 

Una vez comezada actividade non se permitirá o acceso de público.


O Equipo Covid


Publicado o martes, 16 de novembro de 2021:

Actividades Sta. Icía

O luns día 22 de Novembro celebraremos o día de Sta Icía con diversas actividades no auditorio do noso conservatorio.

Dende as 17:00 horas, tanto alumnado como profesorado serán protagonistas da nosa celebración.

Celébrao con nós!!

Publicado o luns, 15 de novembro de 2021:

The Falls Flight

O domingo 28 novembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI


Ás 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Sisco Aparici e Juanjo Llopico como relatores.


Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Panayotis Kokoras, Carlos Fontcuberta, Manuel Valenzuela e Benjamin Hackbarth co seguinte programa:

PANAYOTIS KOKORAS Viper Snake** (2021) dous percusionistas e electrónica en vivo

CARLOS FONTCUBERTA Tableaux*** (2021) versión para dous percusionistas e electrónica en vivo

MANUEL VALENZUELA T(t)-Blocks version G** (2021) dous percusionistas

BENJAMIN HACKBARTH Am I a particle or a Wave? (2011) dous percusionistas e electrónica **

**Estrea absoluta. Adicada a Synergein Project 

*** Estrea absoluta. Encargo do IVC. Adicada a Synergein Project

SYNERGEIN PROJECT Sisco Aparici e Juanjo Llopico percusión, Iván Ferrer electrónica

Merca aquí as túas entradas

Publicado o venres, 12 de novembro de 2021:

VÍTREO – Baixo o signo do vidro

Este sábado 20 novembro comezará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI

Ás 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Nuno Aroso como relator.

Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Inés Badalo, César Camarero, Ángela Lopes, Amanda Cole e Joāo Pedro Oliveira co seguinte programa:

INÉS BADALO Glass Landscapes* (2021) percusión soa

CÉSAR CAMARERO 33 maneras de mirar un vaso de agua (2006) trío de percusión

ÁNGELA LOPES Au-delà The blue – Pelo outono* (2021) percusión soa

AMANDA COLE Cirrus** (2004) trío de percusión

JOÃO PEDRO OLIVEIRA In the House of the Glass King (2021) quinteto de percusión

* Estrea absoluta ** Estrea europea 

NUNO AROSO

Clamat – colectivo variable: Vitória do Bem, Henrique Ramos, João Pedro Lourenço e Bernardo Rosado da Cruz percusión


Descarga aquí o programa de man

Merca aquí as túas entradas

IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI

Partindo dunha premisa da creación renovada, o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI presenta cinco propostas que van dende a exploración da intelixencia artificial, creatividade aumentada e colaboración ser humano-máquina do concerto New Music, New Paths ata a interacción entre música e cinema de The Pawnshop, pasando por diferentes aproximacións á ciencia e tecnoloxía en Vítreo – baixo o signo do vidro, The Falls Fight e Sólidos e líquidos II. Asimesmo, o aspecto divulgativo do ciclo estará presente a través de tres charlas didácticas que darán as claves das propostas musicais que acompañan.


A axenda desta edición será a seguinte:

  • Sábado, 20 de novembro ás 18:30 h
VÍTREO – BAIXO O SIGNO DO VIDRO

  • Domingo, 28 de novembro ás 18:30 h
THE FALLS FIGHT

  • Sábado, 4 de decembro a las 18:30 h
SÓLIDOS E LÍQUIDOS II

  • Sábado, 11 de decembro ás 18:30 h

THE PAWNSHOP

  • Sábado, 18 de decembro ás 18:30 h

NEW MUSIC, NEW PATHS


CHARLAS DIDÁCTICAS

  • Sábado, 20 de novembro ás 17:30 h

Nuno Aroso relator

  • Domingo, 28 de novembro ás 17:30 h

Sisco Aparici e Juanjo Llopico relatores

  • Sábado, 18 de decembro ás 19:30 h

Roberto Alonso relator


Todas as actividades do ciclo terán lugar no MIHL, excepto o concerto The Pawnshop que se celebrará no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es

Podes descargar o dossier do festival nesta ligazón

Publicado o luns, 8 de novembro de 2021:

Renovación do consello escolar

Prezada comunidade educativa.

Dende hoxe día 8 e ata o vindeiro luns 15 será posible a presentación de candidaturas no contexto das eleccións de integrantes do noso consello escolar que terán lugar entre os días 22 e 26 de novembro.

Despois do aprazamento da renovación parcial do pasado outono a causa da crise sanitaria producida pola COVID-19, e logo da publicación da Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, este curso restáurase este procedemento que cada dous anos renova a metade das persoas representantes de cada un dos sectores que conforman a comunidade educativa: alumnado, nais, pais ou titores legais, persoal de administración e servizos, e profesorado. Cómpre sinalar que, considerando que no ano 2018 elixiuse por votación unha persoa representante de nais, pais e titores legais, e que a outra persoa das dúas que conforman este sector é designada pola ANPA, non se producirá a correspondente elección.

Desta maneira, e tralo sorteo público para a designación das persoas integrantes da xunta electoral e posterior constitución da mesma o pasado día 5, o proceso segue o seu camiñar coa publicación dos censos electorais nos taboleiros do centro, o comezo do prazo de presentación de candidaturas, e a apropiada difusión da información tanto do proceso como do seu calendario durante o presente mes. Este é como segue.

  • Mércores 3, sorteo público para a designación de integrantes da xunta electoral.
  • Venres 5, constitución da xunta electoral e concreción do proceso.
  • Luns 8, comezo do prazo de presentación de candidaturas e publicación dos censos electorais.
  • Martes 16, proclamación e publicación das candidaturas admitidas.
  • Venres 19, sorteo público para a designación de integrantes das mesas electorais (13:30 en administración).
  • Martes 23, votación do persoal de administración e servizos (11:30 en administración), e votación de representantes do alumnado (Entre as 17:30 e as 19:00 no vestíbulo do centro xunto ao local da ANPA).

En canto á data para a votación dos representantes do profesorado, esta será fixada en reunión de claustro.

As persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán empregar o impreso que é posible descargar na ligazón de abaixo desta publicación ou recoller na conserxería. En todo caso, será precisa a súa entrega de maneira presencial na conserxería do conservatorio.

Dende a dirección do centro quixera facer unha chamada á participación tanto na presentación de candidaturas como na elección destas. Dende a publicación da Constitución en 1978 a participación nas escolas ven sendo unha saudable característica do noso sistema educativo. O devir dun centro debe considerarse cousa de todas as persoas que conforman a súa comunidade; cómpre, polo tanto, adoptar unha actitude comprometida ao respecto da participación no seu goberno.

Un saúdo.

O director

Daniel Borja Durán Alonso


Impreso para a presentación de candidaturas


Publicado o xoves, 28 de outubro de 2021:

Volve a Banda Infantil!!!


O día 2 de Novembro comezamos os ensaios coa Banda Infantil, que serán todos os martes de 17:00 a 19:00 na Aula de Orquestra.

Si eres alumno/a do Grao Elemental de calquera especialidade de vento madeira, vento metal ou percusión, anótate para participar enviando un correo electrónico co teu nome, curso e especialidade na que estás matriculado ó mail: 

vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es

Publicado o venres, 22 de outubro de 2021:

Big Band e Danza


Da colaboración da Big Band do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo co Conservatorio Profesional de Danza de Lugo xorde esta peza audiovisual na que se mesturan de xeito maxistral a música e a danza.

"Sing, sing, sing" foi composta e gravada no ano 1936 polo trompetista Louis Prima (o rei do swing) e un ano máis tarde polo gran Benny Goodman no arranxo de Jimmy Mandy. 

A ritmo de swing, a beleza tímbrica dos instrumentos de vento en harmonía co piano e a percusión fusiónanse de manera hipnótica cos movementos dos bailaríns.


Publicado o mércores, 20 de outubro de 2021:

Música e memes con Mozart

Música e memes é, antes que nada, un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica.

Mediante un concerto didáctico no que se interpreta o Trío K. 498 Kegelstatt de Mozart, Marcos Castedo (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) introducirán ao público no mundo da significación musical. De maneira orixinal, estes intérpretes falarán da música axudados por memes de internet. Si, si: memes. 

Dicía o mestre Leonard Bernstein que a mellor maneira de entender unha cousa é no contexto doutra disciplina. Do mesmo xeito, os días 28 e 29 de outubro no Auditorio do Conservatorio  ás 18:00h, a música de Mozart comprenderase a través da linguaxe tan actual e peculiar dos memes. Valo perder???

Publicado o luns, 18 de outubro de 2021:

Retomamos a Orquestra infantil!!


O día 29 de Outubro comezamos os ensaios coa Orquestra Infantil, que serán todos os venres de 16:30 a 18:00 na Biblioteca.

Si eres alumno/a do Grao Elemental de violín, viola, violoncello ou contrabaixo, anótate para participar enviando un correo electrónico co teu nome, curso e especialidade na que estás matriculado ó mail:  vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es

Publicado o venres, 24 de setembro de 2021:

Plan covid 2021-2022

Publicamos o plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2021-2022.

Plan covid 2021-2022

Publicado o xoves, 23 de setembro de 2021:

LATEXOS 21

ALÉN. Obradoiros instrumentais de música contemporánea 2021 

Clases maxistrais. Venres 24 Setembro ás 19:00H


Este venres teremos dúas charlas-demostración a cargo de Clara Saleiro e Roberto Alonso para adentrarse na frauta e no violín do noso tempo respectivamente.

Cada unha das charlas terá unha duración de 90 minutos e tratarán contidos como a evolución do repertorio da frauta e do violín ata o presente, exposición de técnicas instrumentais (e notacións) propias das creación musical contemporánea, e a análise das exixencias do repertorio de nova creación trazando un perfil do oficio do músico no repertorio actual.

Este é un proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo


Ciclo Latexos 21

 

Publicado o mércores, 22 de setembro de 2021:

Apúntate ao Coro Infantil!!

O día 4 de Outubro comezamos os ensaios co Coro Infantil, que serán todos os luns de 17:00 a 18:00 na Biblioteca.

Si eres alumno do Grao Elemental, apúntate para participar enviando un correo electrónico ata o día 1 de Outubro co teu nome e curso no que estás matriculado a vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es



Horarios das materias de Conxunto e Música de cámara

Publicamos os horarios correspondentes ás materias de Conxunto e Música de cámara.

Conxunto

Música de cámara

Publicado o venres, 17 de setembro de 2021:

Inicio de curso

Prezadas familias.

Comeza a actividade do curso 2021-2022 no CMUS Xoán Montes. Aínda nun escenario condicionado pola covid pero tamén xa moi impregnado do devezo e mesmo de certa previsión en canto a volver gozar de normalidade, diferente probablemente, pero normalidade.

Comezamos un curso no que volvemos falar de audicións, de agrupacións infantís, de Banda, tamén de aulas virtuais, pero estas soamente entre as moi poucas cousas proveitosas que nos deixa esta crise.

Ao mesmo tempo, este vai ser un curso con algúns salientables cambios como o traslado ao mes de xuño das probas extraordinarias de setembro e mais as probas de acceso que se desenvolvían neste mes. Será este entón un curso se cadra algo máis curto ―o día de remate das clases está xa fixado no 13 de maio― pero que presenta un horizonte respecto da organización do centro, en xeral, máis favorable.

En canto á adxudicación de horarios, esta levaranse a cabo a partir dos criterios pedagóxicos aprobados polo claustro, as circunstancias particulares e preferencias do noso alumnado, e seguindo a seguinte secuencia.

Os horarios definitivos das materias de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal publicáronse xa onte. Na publicación que se atopa debaixo desta, pódense consultar os horarios, grupos e profesorado do resto de materias colectivas ademais das agrupacións agás os grupos das materias de Conxunto e Música de cámara. Hoxe venres o profesorado da materia de Repentización e acompañamento comunicarase co seu alumnado para concretar o seu horario. O martes 21 ás 21:00 publicaranse os horarios das materias de Conxunto e Música de cámara. O mércores 22 o profesorado das diferentes especialidades instrumentais agás Piano concretará o horario do seu alumnado, e o xoves 23 será o día previsto para adxudicar os horarios das materias de Piano e Piano complementario. O venres 24 é a data prevista xa para o comezo das clases.

Este curso volvemos prescindir da adxudicación de horarios presencial ademais de empregar uns criterios que sen establecer unha orde de prioridade tentan acomodar o horario de cada alumna e alumno ás moi diversas circunstancias de cada familia.

Dende a dirección do conservatorio, agardamos que este sexa un curso sen máis alteracións que as que recollen as partituras dos nosos atrís e que achegue moito proveito para toda a nosa comunidade.

Unha aperta.


A dirección


Horarios das materias colectivas e agrupacións

Publicamos os horarios correspondentes ás diferentes materias colectivas e agrupacións agás Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal. Respecto daqueles horarios que figuran como provisionais, si será posible achegar unha solicitude de cambio de grupo axeitadamente xustificada. Esta solicitude deberá enviarse ao enderezo xefaturaestudos@cmusxoanmonteslugo.edu.es. O prazo para levar a cabo esta petición estenderase entre o momento desta publicación e as 09:00 do vindeiro luns 20.

Análise (horarios provisionais)

Banda/Conxunto

Composición

Coro

Educación auditiva

Harmonía (horarios provisionais)

Historia de música (horarios provisionais)

Iniciación ao jazz

Interpretación

Música tradicional galega

Musicoloxía

Novas tecnoloxías aplicadas á música (horarios provisionais)

Orquestra

Pedagoxía

Técnicas de composición aplicadas á didáctica

Publicado o xoves, 16 de setembro de 2021:

Horarios definitivos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicación dos horarios definitivos das materias de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal correspondentes ao curso 2021-2022.

Horarios definitivos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicado o martes, 14 de setembro de 2021:

Consulta sobre o desenvolvemento da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música

Co obxecto de organizar o desenvolvemento da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música durante o terceiro curso do grao profesional, convidamos ao alumnado matriculado neste curso a cubrir o formulario que se atopa na ligazón de abaixo.

Grazas.

Formulario Novas tecnoloxías aplicadas á música

Publicado o venres, 10 de setembro de 2021:

Adxudicación de prazas (setembro)

Publícase a adxudicación de prazas correspondente ás probas de acceso aos diferentes cursos dos graos elemental e profesional. Aspirantes en lista de agarda das probas ao primeiro curso dos graos elemental e profesional. Aspirantes das probas de acceso desenvolvidas no mes de setembro.



Adxudicación de prazas (probas de acceso, setembro)

Adxudicación de prazas (1º curso do grao elemental)

Adxudicación de prazas (1º curso do grao profesional)

Publicado o mércores, 8 de setembro de 2021:

Horarios provisionais de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicación dos horarios provisionais das mateiras de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal correspondentes ao curso 2021-2022. O prazo para solicitar un cambio de grupo ou permuta estenderase dende o xoves 9 ata o luns 13 ás 14:00. Os horarios definitivos publicaranse o vindeiro mércores 15.

Cómpre apuntar que soamente se aceptarán cambios nas dúas materias e non soamente nunha, que as permutas deberán solitarse no mesmo prazo e forma, e que as causas que se considerarán para facer posible o cambio serán as mesmas que as recollidas nos criterios pedagóxicos aprobados no centro.

Para solicitar o cambio de grupo é preciso cubrir o formulario que se pode descargar na ligazón de máis abaixo e achegalo á conserxería do centro ou envialo por correo electrónico ao seguinte enderezo: xd.linguaxemusical@cmusxoanmonteslugo.edu.es.


Horarios provisionais de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal


Formulario para solicitar o cambio de grupo

Publicado o martes, 7 de setembro de 2021:

Probas de acceso (setembro): resultados

Resultados das probas de acceso correspondentes aos diferentes cursos dos graos elemental e profesional agás primeiro para o curso 2021-2022.





Ver os resultados das probas (grao elemental)


Ver os resultados das probas (grao profesional)

Publicado o luns, 6 de setembro de 2021:

Formulario para a elaboración de horarios. Matrícula de setembro.

Achégase na ligazón de abaixo o formulario para recoller as preferencias horarias das familias en relación á elaboración dos horarios do curso 2021-2022.


Formulario para elaboración de horarios

Publicado o venres, 3 de setembro de 2021:

Probas de acceso: Criterios de cualificación

Os criterios de cualificación das probas de acceso celebradas neste mes de setembro se poden atopar nos seguintes enlaces:

Toda a información das probas de acceso está dispoñible no enlace da columna dereita desta web

Publicado o xoves, 2 de setembro de 2021:

Proba de acceso de piano: normas, organización e horarios

Publicación das normas, organización e horarios das probas de acceso a 2º e 3º de grado profesional de piano:

Publicado o mércores, 25 de agosto de 2021:

Preferencias horarias para la elaboración de horarios

Achegamos novamente, esta vez tamén a través deste espazo, o formulario de recollida de información para a elaboración de grupos e horarios para o vindeiro curso 2021-2022. O obxecto é o de incluír, de ser o caso, as actualizacións que poidan terse producido dende o momento de formalizar a matrícula. O formulario recolle as mesmas cuestións agás a presenza engadida de dúas preguntas relacionadas coa posibilidade de acudir ao conservatorio en horario de mañá para recibir clase.

De non haber modificacións respecto do xa cuberto en xuño ou xullo non será preciso volver facelo. Ao mesmo tempo, cómpre indicar que o prazo para cubrilo estenderase ata o vindeiro luns 30 ás 09:30.

Formulario para elaboración de horarios

Publicado o mércores, 18 de agosto de 2021:

Probas de acceso ao curso 2021-2022

Na ligazón de abaixo pode consultarse toda a información, composición dos tribunais, datas, horarios e lugares de celebración, respecto das probas de acceso que se celebrarán o vindeiro mes de setembro correspondentes ao curso 2021-2022. Os resultados publicaranse o martes 7 e a matrícula das persoas aspirantes que obtivesen praza poderá formalizarse os días 10 e 13.

Probas de acceso, setembro 2021. Tribunais, datas, horarios e espazos

Probas extraordinarias. Datas, horarios e espazos.

Achegamos a información respecto das datas, horarios e lugares de celebración das probas extraordinarias do vindeiro mes de setembro correspondentes ao curso 2020-2021. As cualificacións poderán consultarse en CentrosNet dende as 20:00 do venres 3. En canto ao prazo de matrícula, este estenderase durante os días 6 e 7.

Probas extraordinarias. Datas, horarios e espazos

Publicado o sábado, 31 de xullo de 2021:

Publicado o venres, 2 de xullo de 2021:

Publicado o martes, 22 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º GE: Listaxes de 2ª volta

Publicación das listaxes dos aspirantes na proba de acceso a 1º de grao elemental tras a reunión do pasado venres 18 de xuño:

Publicado o xoves, 17 de xuño de 2021:

Probas de acceso 1º GE: Resultados

Publicación dos resultados da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental para o vindeiro curso 2021-2022:

* Os aspirantes que superaron a proba pero non obtiveron praza na especialidade escollida, poderán elixir outra especialidade instrumental entre as vacantes que ofrece o centro para o vindeiro curso 2021-2022, ou permanecer nunha lista de agarda da especialidade primeiramente elixida (a que figura na listaxe). A escolla ou a comunicación da decisión de permanecer na lista de agarda levarase a cabo nunha xuntanza prevista para o vindeiro venres 18 de xuño ás 18:00 horasÉ moi importante que acudan a esa reunión.

Proba de acceso a 1º GP: Adxudicacións e lista de agarda

Relación de aspirantes que aprobaron e se lles adxudicou a especialidade, e lista de agarda para os que aprobaron sen praza.



* Listaxe actualizado o 18 de xuño (engadido un aspirante)


Publicado o luns, 14 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º GP: Resultados

Resultados das probas de acceso a 1º de grao profesional para o curso 2021-22:


Toda a información das probas de acceso no enlace da dereita da páxina.


Proba de acceso a 1º curso de elemental, modificación na composición do tribunal

Por causas sobrevidas resulta preciso modificar a composición do tribunal que avaliará a proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental e que se celebrará entre o día de hoxe e o mércores.

Tribunal da proba de acceso a 1º curso do grao elemental

Publicado o xoves, 10 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º GE: Datas, horarios e máis información

Os vindeiros días 14, 15 e 16 de xuño está prevista a celebración da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental.

Nas seguintes ligazóns atópanse as datas e horarios de celebración da proba e máis as datas de publicación de resultados. Ademáis, a descrición, contido e criterios de avaliación da proba.



Publicado o martes, 8 de xuño de 2021:

IX Certame Creativo: veredicto

O Departamento de Composición que organiza o IX Certame Creativo, levado a cabo este ano 2021 presenta o seguinte veredicto:

ver veredicto

Publicado o venres, 4 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, criterios de cualificación

Publicamos os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Nas ligazóns de abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.


Proba de acceso a 1º curso de grao profesional. Exercicio de ditado, reparto de aspirantes.

Publicacamos o reparto de aspirantes nos diferentes espazos para o desenvolvemento do exercicio de ditado o vindeiro luns 7 de xuño ás 18:00 correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional.
Cómpre indicar que para acceder aos espazos de realización do ditado será posible empregar as portas do andar baixo do edificio.

Reparto de aspirantes

Publicación das cualificacións finais

 Hoxe venres, a partir das 15.00 horas poderanse consultar en CentrosNet as cualificacións finais do curso 2020/21.




Publicado o mércores, 2 de xuño de 2021:

Probas de acceso a 1º GP: Corrección na composición dos tribunais.

Lamentamos ter que publicar unha segunda rectificación da composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso ao primeiro curso de grao profesional previstas para a vindeira semana. Achégase na ligazón de abaixo o documento corrixido.

A dirección.

Tribunais das probas de acceso a 1º curso de grao profesional

Premio fin de grao: Horario de actuación

Publicamos a listaxe co horario de actuación do alumnado admitido para participar na proba correspondente ao premio fin grao que se celebrará o vindeiro venres 4 de xuño. 

Ver horario de actuación


Proba de acceso a 1º GE: Relación de aspirantes admitidos

Publícase a relación de aspirantes admitidos para realizar a proba de acceso a 1º curso de grao elemental. A proba levarase a cabo dende o vindeiro luns 14 de xuño en horario de tarde. Con anterioridade á proba publicaranse as datas, horarios e lugar de celebración.


Probas de acceso a 1º GP: Corrección na composición dos tribunais.

Advertido un erro na composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso ás ensinanzas profesionais previstas para a vindeira semana, publicamos o documento corrixido que é posible consultar na ligazón de abaixo.

Tribunais das probas de acceso a 1º de GP

Corrixido. ver aquí 2ª corrección. Desculpen as molestias.

Publicado o martes, 1 de xuño de 2021:

Premio fin de grao

O vindeiro venres 4 de xuño ás 10:15 está prevista no auditorio do conservatorio a celebración da proba correspondente ao premio fin de grao das ensinanzas profesionais. A orde de participación será por especialidade como segue: frauta, clarinete e saxofón. Despois, en cada especialidade, a orde seguida será alfabética considerando os apelidos do alumnado participante. En todo caso, o tempo adicado a cada participación e á necesaria de ventilación, non será inferior aos corenta e cinco minutos. En canto ao tribunal, este pode coñecerse na ligazón que se atopa máis abaixo.

Tribunal da proba correspondente ao premio fin de grao

Tribunal da proba de acceso a 1º curso de grao elemental

A ligazón de abaixo recolle a composición do tribunal correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental. A proba levarase a cabo dende o vindeiro luns 14 de xuño en horario de tarde. Con anterioridade á proba publicaranse as datas, horarios e lugar de celebración.

Tribunal da proba de acceso a 1º GE

Tribunais das probas de acceso a 1º curso de grao profesional

Na ligazón de abaixo é posible coñecer a composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso para acceder ao primeiro curso do grao profesional. Estas desenvolveranse a vindeira semana entre os días 7, 8, 9, 10 e 11 en horario de tarde.

Cómpre lembrar que o exercicio de ditado levarase a cabo o luns 7 ás 18:00 nas aulas B.3, B.4, B.5, B.6 e B.7. O reparto de aspirantes por aula publicarase o vindeiro venres 4.


Tribunais das probas de acceso a 1º curso do grao profesional

Corrixido. ver aquí 2ª corrección. Desculpen as molestias.