Infórmase a toda a comunidade educativa que están dispoñibles para a súa consulta e descarga as programacións didácticas correspondentes ás diferentes materias. As ligazóns aos documentos atópanse nos espazos adicados a cada departamento didáctico no menú da esquerda. Lembramos ademais que as programacións didácticas recollen sempre os mínimos esixibles e criterios de cualificación correspondentes a cada curso e materia.
|
Publicado o luns, 29 de novembro de 2021:
Sólidos e líquidos II
O sábado 4 de decembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.
Publicado o luns, 22 de novembro de 2021:
Aviso para o público asistente a actividades no CMUS
O público accederá ó conservatorio dende o exterior pola porta da planta baixa situada na parte dereita da fachada, agás as persoas que presenten mobilidade reducida.
O acceso ó auditorio será únicamente a través da porta situada na planta 1.
Levarase un rexistro do público asistente (profesorado de garda).
As persoas asistentes terán que ter en todo momento a máscara colocada correctamente na faciana.
O público sentarase ocupando as cadeiras de maneira alterna.
As persoas dunha mesma unidade familiar poderán sentarse xuntos sempre que se poida manter a distancia de seguridade con resto de público. De facer isto, preferiblemente será nas cadeiras dos extremos de cada ringleira.
As portas de acceso para o público estarán abertas 5 minutos antes da hora estipulada para o comezo da actividade.
Una vez comezada actividade non se permitirá o acceso de público.
O Equipo Covid
Publicado o martes, 16 de novembro de 2021:
Actividades Sta. Icía
O luns día 22 de Novembro celebraremos o día de Sta Icía con diversas actividades no auditorio do noso conservatorio.
Dende as 17:00 horas, tanto alumnado como profesorado serán protagonistas da nosa celebración.
Celébrao con nós!!
Publicado o luns, 15 de novembro de 2021:
The Falls Flight
O domingo 28 novembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI
PANAYOTIS KOKORAS Viper Snake** (2021) dous percusionistas e electrónica en vivo
CARLOS FONTCUBERTA Tableaux*** (2021) versión para dous percusionistas e electrónica en vivo
MANUEL VALENZUELA T(t)-Blocks version G** (2021) dous percusionistas
BENJAMIN HACKBARTH Am I a particle or a Wave? (2011) dous percusionistas e electrónica **
**Estrea absoluta. Adicada a Synergein Project
*** Estrea absoluta. Encargo do IVC. Adicada a Synergein Project
SYNERGEIN PROJECT Sisco Aparici e Juanjo Llopico percusión, Iván Ferrer electrónica
Publicado o venres, 12 de novembro de 2021:
VÍTREO – Baixo o signo do vidro
Este sábado 20 novembro comezará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI
Ás 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Nuno Aroso como relator.
Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Inés Badalo, César Camarero, Ángela Lopes, Amanda Cole e Joāo Pedro Oliveira co seguinte programa:
INÉS BADALO Glass Landscapes* (2021) percusión soa
CÉSAR CAMARERO 33 maneras de mirar un vaso de agua (2006) trío de percusión
ÁNGELA LOPES Au-delà The blue – Pelo outono* (2021) percusión soa
AMANDA COLE Cirrus** (2004) trío de percusión
JOÃO PEDRO OLIVEIRA In the House of the Glass King (2021) quinteto de percusión
* Estrea absoluta ** Estrea europea
NUNO AROSO
Clamat – colectivo variable: Vitória do Bem, Henrique Ramos, João Pedro Lourenço e Bernardo Rosado da Cruz percusión
IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI
Partindo dunha premisa da creación renovada, o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI presenta cinco propostas que van dende a exploración da intelixencia artificial, creatividade aumentada e colaboración ser humano-máquina do concerto New Music, New Paths ata a interacción entre música e cinema de The Pawnshop, pasando por diferentes aproximacións á ciencia e tecnoloxía en Vítreo – baixo o signo do vidro, The Falls Fight e Sólidos e líquidos II. Asimesmo, o aspecto divulgativo do ciclo estará presente a través de tres charlas didácticas que darán as claves das propostas musicais que acompañan.
A axenda desta edición será a seguinte:
- Sábado, 20 de novembro ás 18:30 h
- Domingo, 28 de novembro ás 18:30 h
- Sábado, 4 de decembro a las 18:30 h
- Sábado, 11 de decembro ás 18:30 h
THE PAWNSHOP
- Sábado, 18 de decembro ás 18:30 h
NEW MUSIC, NEW PATHS
CHARLAS DIDÁCTICAS
- Sábado, 20 de novembro ás 17:30 h
Nuno Aroso relator
- Domingo, 28 de novembro ás 17:30 h
Sisco Aparici e Juanjo Llopico relatores
- Sábado, 18 de decembro ás 19:30 h
Roberto Alonso relator
Todas as actividades do ciclo terán lugar no MIHL, excepto o concerto The Pawnshop que se celebrará no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es
Publicado o luns, 8 de novembro de 2021:
Renovación do consello escolar
Prezada comunidade educativa.
Dende hoxe día 8 e ata o vindeiro luns 15 será posible a presentación de candidaturas no contexto das eleccións de integrantes do noso consello escolar que terán lugar entre os días 22 e 26 de novembro.
Despois do aprazamento da renovación parcial do pasado outono a causa da crise sanitaria producida pola COVID-19, e logo da publicación da Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, este curso restáurase este procedemento que cada dous anos renova a metade das persoas representantes de cada un dos sectores que conforman a comunidade educativa: alumnado, nais, pais ou titores legais, persoal de administración e servizos, e profesorado. Cómpre sinalar que, considerando que no ano 2018 elixiuse por votación unha persoa representante de nais, pais e titores legais, e que a outra persoa das dúas que conforman este sector é designada pola ANPA, non se producirá a correspondente elección.
Desta maneira, e tralo sorteo público para a designación das persoas integrantes da xunta electoral e posterior constitución da mesma o pasado día 5, o proceso segue o seu camiñar coa publicación dos censos electorais nos taboleiros do centro, o comezo do prazo de presentación de candidaturas, e a apropiada difusión da información tanto do proceso como do seu calendario durante o presente mes. Este é como segue.
- Mércores 3, sorteo público para a designación de integrantes da xunta electoral.
- Venres 5, constitución da xunta electoral e concreción do proceso.
- Luns 8, comezo do prazo de presentación de candidaturas e publicación dos censos electorais.
- Martes 16, proclamación e publicación das candidaturas admitidas.
- Venres 19, sorteo público para a designación de integrantes das mesas electorais (13:30 en administración).
- Martes 23, votación do persoal de administración e servizos (11:30 en administración), e votación de representantes do alumnado (Entre as 17:30 e as 19:00 no vestíbulo do centro xunto ao local da ANPA).
En canto á data para a votación dos representantes do profesorado, esta será fixada en reunión de claustro.
As persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán empregar o impreso que é posible descargar na ligazón de abaixo desta publicación ou recoller na conserxería. En todo caso, será precisa a súa entrega de maneira presencial na conserxería do conservatorio.
Dende a dirección do centro quixera facer unha chamada á participación tanto na presentación de candidaturas como na elección destas. Dende a publicación da Constitución en 1978 a participación nas escolas ven sendo unha saudable característica do noso sistema educativo. O devir dun centro debe considerarse cousa de todas as persoas que conforman a súa comunidade; cómpre, polo tanto, adoptar unha actitude comprometida ao respecto da participación no seu goberno.
Un saúdo.
O director
Daniel Borja Durán Alonso
Impreso para a presentación de candidaturas