Música e memes é, antes que nada, un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica.
Mediante un concerto didáctico no que se interpreta o Trío K. 498 Kegelstatt de Mozart, Marcos Castedo (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) introducirán ao público no mundo da significación musical. De maneira orixinal, estes intérpretes falarán da música axudados por memes de internet. Si, si: memes.
Dicía o mestre Leonard Bernstein que a mellor maneira de entender unha cousa é no contexto doutra disciplina. Do mesmo xeito, os días 28 e 29 de outubro no Auditorio do Conservatorio ás 18:00h, a música de Mozart comprenderase a través da linguaxe tan actual e peculiar dos memes. Valo perder???