• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 24 de setembro de 2021:

Plan covid 2021-2022

Publicamos o plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2021-2022.

Plan covid 2021-2022

Publicado o xoves, 23 de setembro de 2021:

LATEXOS 21

ALÉN. Obradoiros instrumentais de música contemporánea 2021 

Clases maxistrais. Venres 24 Setembro ás 19:00H


Este venres teremos dúas charlas-demostración a cargo de Clara Saleiro e Roberto Alonso para adentrarse na frauta e no violín do noso tempo respectivamente.

Cada unha das charlas terá unha duración de 90 minutos e tratarán contidos como a evolución do repertorio da frauta e do violín ata o presente, exposición de técnicas instrumentais (e notacións) propias das creación musical contemporánea, e a análise das exixencias do repertorio de nova creación trazando un perfil do oficio do músico no repertorio actual.

Este é un proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo


Ciclo Latexos 21

 

Publicado o mércores, 22 de setembro de 2021:

Apúntate ao Coro Infantil!!

O día 4 de Outubro comezamos os ensaios co Coro Infantil, que serán todos os luns de 17:00 a 18:00 na Biblioteca.

Si eres alumno do Grao Elemental, apúntate para participar enviando un correo electrónico ata o día 1 de Outubro co teu nome e curso no que estás matriculado a vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es



Horarios das materias de Conxunto e Música de cámara

Publicamos os horarios correspondentes ás materias de Conxunto e Música de cámara.

Conxunto

Música de cámara

Publicado o venres, 17 de setembro de 2021:

Inicio de curso

Prezadas familias.

Comeza a actividade do curso 2021-2022 no CMUS Xoán Montes. Aínda nun escenario condicionado pola covid pero tamén xa moi impregnado do devezo e mesmo de certa previsión en canto a volver gozar de normalidade, diferente probablemente, pero normalidade.

Comezamos un curso no que volvemos falar de audicións, de agrupacións infantís, de Banda, tamén de aulas virtuais, pero estas soamente entre as moi poucas cousas proveitosas que nos deixa esta crise.

Ao mesmo tempo, este vai ser un curso con algúns salientables cambios como o traslado ao mes de xuño das probas extraordinarias de setembro e mais as probas de acceso que se desenvolvían neste mes. Será este entón un curso se cadra algo máis curto ―o día de remate das clases está xa fixado no 13 de maio― pero que presenta un horizonte respecto da organización do centro, en xeral, máis favorable.

En canto á adxudicación de horarios, esta levaranse a cabo a partir dos criterios pedagóxicos aprobados polo claustro, as circunstancias particulares e preferencias do noso alumnado, e seguindo a seguinte secuencia.

Os horarios definitivos das materias de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal publicáronse xa onte. Na publicación que se atopa debaixo desta, pódense consultar os horarios, grupos e profesorado do resto de materias colectivas ademais das agrupacións agás os grupos das materias de Conxunto e Música de cámara. Hoxe venres o profesorado da materia de Repentización e acompañamento comunicarase co seu alumnado para concretar o seu horario. O martes 21 ás 21:00 publicaranse os horarios das materias de Conxunto e Música de cámara. O mércores 22 o profesorado das diferentes especialidades instrumentais agás Piano concretará o horario do seu alumnado, e o xoves 23 será o día previsto para adxudicar os horarios das materias de Piano e Piano complementario. O venres 24 é a data prevista xa para o comezo das clases.

Este curso volvemos prescindir da adxudicación de horarios presencial ademais de empregar uns criterios que sen establecer unha orde de prioridade tentan acomodar o horario de cada alumna e alumno ás moi diversas circunstancias de cada familia.

Dende a dirección do conservatorio, agardamos que este sexa un curso sen máis alteracións que as que recollen as partituras dos nosos atrís e que achegue moito proveito para toda a nosa comunidade.

Unha aperta.


A dirección


Horarios das materias colectivas e agrupacións

Publicamos os horarios correspondentes ás diferentes materias colectivas e agrupacións agás Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal. Respecto daqueles horarios que figuran como provisionais, si será posible achegar unha solicitude de cambio de grupo axeitadamente xustificada. Esta solicitude deberá enviarse ao enderezo xefaturaestudos@cmusxoanmonteslugo.edu.es. O prazo para levar a cabo esta petición estenderase entre o momento desta publicación e as 09:00 do vindeiro luns 20.

Análise (horarios provisionais)

Banda/Conxunto

Composición

Coro

Educación auditiva

Harmonía (horarios provisionais)

Historia de música (horarios provisionais)

Iniciación ao jazz

Interpretación

Música tradicional galega

Musicoloxía

Novas tecnoloxías aplicadas á música (horarios provisionais)

Orquestra

Pedagoxía

Técnicas de composición aplicadas á didáctica

Publicado o xoves, 16 de setembro de 2021:

Horarios definitivos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicación dos horarios definitivos das materias de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal correspondentes ao curso 2021-2022.

Horarios definitivos de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicado o martes, 14 de setembro de 2021:

Consulta sobre o desenvolvemento da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música

Co obxecto de organizar o desenvolvemento da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música durante o terceiro curso do grao profesional, convidamos ao alumnado matriculado neste curso a cubrir o formulario que se atopa na ligazón de abaixo.

Grazas.

Formulario Novas tecnoloxías aplicadas á música

Publicado o venres, 10 de setembro de 2021:

Adxudicación de prazas (setembro)

Publícase a adxudicación de prazas correspondente ás probas de acceso aos diferentes cursos dos graos elemental e profesional. Aspirantes en lista de agarda das probas ao primeiro curso dos graos elemental e profesional. Aspirantes das probas de acceso desenvolvidas no mes de setembro.



Adxudicación de prazas (probas de acceso, setembro)

Adxudicación de prazas (1º curso do grao elemental)

Adxudicación de prazas (1º curso do grao profesional)

Publicado o mércores, 8 de setembro de 2021:

Horarios provisionais de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal

Publicación dos horarios provisionais das mateiras de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal correspondentes ao curso 2021-2022. O prazo para solicitar un cambio de grupo ou permuta estenderase dende o xoves 9 ata o luns 13 ás 14:00. Os horarios definitivos publicaranse o vindeiro mércores 15.

Cómpre apuntar que soamente se aceptarán cambios nas dúas materias e non soamente nunha, que as permutas deberán solitarse no mesmo prazo e forma, e que as causas que se considerarán para facer posible o cambio serán as mesmas que as recollidas nos criterios pedagóxicos aprobados no centro.

Para solicitar o cambio de grupo é preciso cubrir o formulario que se pode descargar na ligazón de máis abaixo e achegalo á conserxería do centro ou envialo por correo electrónico ao seguinte enderezo: xd.linguaxemusical@cmusxoanmonteslugo.edu.es.


Horarios provisionais de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal


Formulario para solicitar o cambio de grupo

Publicado o martes, 7 de setembro de 2021:

Probas de acceso (setembro): resultados

Resultados das probas de acceso correspondentes aos diferentes cursos dos graos elemental e profesional agás primeiro para o curso 2021-2022.





Ver os resultados das probas (grao elemental)


Ver os resultados das probas (grao profesional)

Publicado o luns, 6 de setembro de 2021:

Formulario para a elaboración de horarios. Matrícula de setembro.

Achégase na ligazón de abaixo o formulario para recoller as preferencias horarias das familias en relación á elaboración dos horarios do curso 2021-2022.


Formulario para elaboración de horarios

Publicado o venres, 3 de setembro de 2021:

Probas de acceso: Criterios de cualificación

Os criterios de cualificación das probas de acceso celebradas neste mes de setembro se poden atopar nos seguintes enlaces:

Toda a información das probas de acceso está dispoñible no enlace da columna dereita desta web

Publicado o xoves, 2 de setembro de 2021:

Proba de acceso de piano: normas, organización e horarios

Publicación das normas, organización e horarios das probas de acceso a 2º e 3º de grado profesional de piano: