Achegamos novamente, esta vez tamén a través deste espazo, o formulario de recollida de información para a elaboración de grupos e horarios para o vindeiro curso 2021-2022. O obxecto é o de incluír, de ser o caso, as actualizacións que poidan terse producido dende o momento de formalizar a matrícula. O formulario recolle as mesmas cuestións agás a presenza engadida de dúas preguntas relacionadas coa posibilidade de acudir ao conservatorio en horario de mañá para recibir clase.
De non haber modificacións respecto do xa cuberto en xuño ou xullo non será preciso volver facelo. Ao mesmo tempo, cómpre indicar que o prazo para cubrilo estenderase ata o vindeiro luns 30 ás 09:30.