• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o luns, 10 de maio de 2021:

Nota informativa sobre o acompañamento nas probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional.

Segundo o establecido pola Orde do 28 de xullo de 2008, que regula as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música no seu artigo nove, no caso de que a proba de acceso requira da participación dalgún tipo de acompañamento musical, ben sexa pianístico ou para música de cámara, este correrá a cargo do aspirante á praza. Respecto a forma de desenvolver este acompañamento, a norma non concreta se este deberá contar coa presencia de persoas acompañantes ou se poderá desenvolverse a través de medios electrónicos. Aínda que é posible afirmar que a concertación entre instrumentista e acompañamento resultará beneficiada pola presenza dunha persoa acompañante e non soamente dunha gravación, o emprego de recursos como os coñecidos como play along poden ser abondos para achegar un soporte instrumental á persoa aspirante durante o desenvolvemento da proba sen impedir unha avaliación obxectiva por parte do tribunal.

En canto ao acompañamento das dúas cancións dentro do exercicio B correspondente aos aspectos da linguaxe musical, este será levado a cabo en todos os casos polo profesorado do departamento desta especialidade; desta maneira, non será preciso que a persoa aspirante achegue solución algunha ao respecto.

Un saúdo.

A dirección