• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o venres, 28 de maio de 2021:

Premio fin de grao, publicación do alumnado admitido

Publicamos a listaxe coa relación do alumnado admitido para participar na proba correspondente ao premio fin grao e que se celebrará o vindeiro venres 4 de xuño.


Premio fin de grao, alumnado admitido

Publicado o mércores, 26 de maio de 2021:

Prazo para solicitar o cambio de profesor ou profesora

Lembramos que o prazo para solicitar o cambio de profesor ou profesora cara o curso 2021-2022 nalgunha materia está aberto e se estenderá ata o vindeiro luns 31 de maio.

A solicitude poderá tramitarse presencialmente na secretaría do centro ou a través do correo electrónico ao enderezo:

xefaturaestudos@cmusxoanmonteslugo.edu.es

achegando o impreso que pode descargarse dende as seguintes ligazóns:

Solicitude no caso de alumnado menor de idade

Solicitude no caso de alumnado maior de idade

Publicado o mércores, 19 de maio de 2021:

Concertos na rúa

 

Proba de acceso a 1º GP: Listaxe de admitidos

Proba de acceso 2021-22 a 1º curso de grao profesional:

Toda a información relevante das probas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


Publicado o luns, 10 de maio de 2021:

Nota informativa sobre o acompañamento nas probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional.

Segundo o establecido pola Orde do 28 de xullo de 2008, que regula as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música no seu artigo nove, no caso de que a proba de acceso requira da participación dalgún tipo de acompañamento musical, ben sexa pianístico ou para música de cámara, este correrá a cargo do aspirante á praza. Respecto a forma de desenvolver este acompañamento, a norma non concreta se este deberá contar coa presencia de persoas acompañantes ou se poderá desenvolverse a través de medios electrónicos. Aínda que é posible afirmar que a concertación entre instrumentista e acompañamento resultará beneficiada pola presenza dunha persoa acompañante e non soamente dunha gravación, o emprego de recursos como os coñecidos como play along poden ser abondos para achegar un soporte instrumental á persoa aspirante durante o desenvolvemento da proba sen impedir unha avaliación obxectiva por parte do tribunal.

En canto ao acompañamento das dúas cancións dentro do exercicio B correspondente aos aspectos da linguaxe musical, este será levado a cabo en todos os casos polo profesorado do departamento desta especialidade; desta maneira, non será preciso que a persoa aspirante achegue solución algunha ao respecto.

Un saúdo.

A dirección

Publicado o luns, 3 de maio de 2021:

Acceso ao grao elemental para o vindeiro curso 2021-2022

Hoxe comeza o prazo de inscrición á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental estendéndose dito prazo durante todo o mes de maio.

A inscrición é de balde e debe levarse a cabo de maneira presencial cubrindo o formulario correspondente.

No acceso ás ensinanzas elementais no conservatorio é indispensable a escolla dunha especialidade instrumental entre as dezaoito que ofrece o centro neste grao. A oferta mínima de prazas vacantes para o vindeiro curso 2021-2022 pode consultarse na seguinte ligazón.

En canto á proba, está desenvolverase durante a segunda quincena do mes de xuño avaliando dos aspirantes as súas aptitudes rítmicas, vocais, auditivas e psicomotrices. A asignación das prazas segundo a súa demanda levarase a cabo a partir da cualificación obtida na proba con posterioridade a esta. 

Toda a información no enlace das probas de acceso na dereita da web ou ver aquí.

Un saúdo.

A dirección