Exposición Artística
Os Representantes do Alumnado, coñecedores e conscientes das diferentes formas de expresión artística do noso alumnado, organizan a primeira "Exposición artística".
O alumnado poderá participar aportando as súas propias obras segundo as seguintes disciplinas artísticas:
● Artes visuais en formato físico ou dixital (debuxo, pintura e fotografía).● Literatura escrita ou lida polo seu autor/a nunha gravación (poesía, narrativa e microteatro).● Danza en formato vídeo (coreografía)● Videocreación.
Na seguinte ligazón pódese consultar toda a información relativa a esta actividade : "Exposición Artística"