Despois do paréntese do pasado curso en canto ao modo de desenvolver a proba de acceso ao primeiro curso das ensinanzas profesionais a causa da crise sanitaria, este ano o centro está traballando no escenario dunha certa normalidade.
Cómpre apuntar, respecto ao exercicio B, que o novo modelo que o Departamento de Linguaxe Musical desenvolvera durante o curso pasado co obxecto da súa aplicación tampouco puido ser materializado.
Neste modelo, o máis salientable é a incorporación dun repertorio de cancións de autor e populares para interpretar na proba engadido todo isto á lectura e entoación a primeira vista, cuestións da teoría da música e un exercicio de ditado.
Na seguinte ligazón é posible consultar toda a información do exercicio B da proba ademais de poder acceder ao repertorio, o audio dos acompañamentos e máis os exercicios de exemplo.
Tedes toda a información das probas de acceso no lateral dereito da web.