• Toda a información das Probas de Acceso ao curso 2023-2024 aquí 

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 

Publicado o martes, 23 de marzo de 2021:

Próbate na Proba 2021

Durante a semana do 12 ao 16 do vindeiro mes de abril está prevista a celebración da actividad 'Próbate na Proba', un ensaio da parte de Linguaxe Musical, o exercicio B, da proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencellada á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe musical propón dous obxectivos para cada participante: adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios que compoñen a parte de Linguaxe Musical do xeito máis semellante á proba mesma, e ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.

Este ano adiantamos a actividade ao mes de abril co obxecto de que esta resulte de maior proveito en canto á preparación da proba ao dispoñer de máis tempo para corrixir e mellorar todo o que sexa preciso.

Ao mesmo tempo, cómpre apuntar que, debido á situación sanitaria, non precisaremos datas, horario ou modo de desenvolvemento ―presencial ou non presencial― ata o venres 9 de abril xa preto das datas de celebración da actividade.

Respecto á inscrición, esta poderá levarse a cabo entre o momento da publicación desta noticia e o martes 6 de abril ás 14:00 a través do formulario de Google que se atopa na ligazón situada abaixo desta publicación. 

Formulario de inscrición