• Comezo do curso o 24 de setembro  

Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Publicado o sábado, 27 de febreiro de 2021:

SESIÓN «O PIANO HOXE: ESTADO DA CUESTIÓN»

Charla-demostración a cargo de David Durán Arufe para adentrarse no piano do noso tempo.

Domingo, 28 de febrero de 2021 
ás 12:00 h.
Duración de 60’
Modalidade: telemática




Publicado o venres, 26 de febreiro de 2021:

Día da Poesía no CMUS Xoán Montes


O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. Neste día tamén ocurriron feitos notables relacionados coa música, como o nacemento de Modest Músorgski.

Na Biblioteca do CMUS decidimos realizar unha actividade para fomentar a creatividade artística e a escoita musical que consiste en crear unha poesía propia inspirándose na música da composición "Unha noite no Monte Pelado" seguindo o seguinte acróstico: XOAN MONTES.

O prazo de participación será entre os días 1 e 21 de marzo (ambos incluídos), e poderán participar todos os membros da comunidade educativa que o desexen (alumnado, profesorado, nais, pais, etc).

Tedes á vosa disposición un Padlet no que podedes escoitar a música da obra escolida e publicar a vosa poesía. A dirección é a seguinte:  https://es.padlet.com/biblioteca281/poesia 

Tódol@s participantes recibirán un agasallo.

Animádevos a participar!! 

Organiza: A Biblioteca do CMUS Xoán Montes

Publicado o luns, 22 de febreiro de 2021:

Publicado o venres, 19 de febreiro de 2021:

Modificación da data de regreso da actividade presencial no centro

Prezada comunidade educativa.

O regreso da actividade lectiva presencial, medida recollida pola orde da Consellería de Sanidade publicada o pasado 15 de febreiro e que establece a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na orde do 26 de xaneiro de 2021, adíase no noso centro ao vindeiro luns 1 de marzo. A necesidade de planificar a actividade neste novo escenario, reorganizar os horarios na medida do necesario e de lo posible, e dispoñer os espazos e máis os recursos, conduciu a solicitar esta medida. Simultanear os dous modos de ensinanza dificulta de maneira considerable a conciliación horaria entre as materias individuais de instrumento e máis as colectivas, ou mesmo o desenvolvemento das pequenas agrupacións que combinan instrumentos de vento e non de vento.

Cómpre concretar que, namentres as autoridades sanitarias non determinen o contrario, as actividades que impliquen o emprego de instrumentos de vento ou exercicios de canto permanecerán en modo non presencial ata, polo menos, as 00:00 do mércores 3 de marzo, momento no que deixarán de ter eficacia as medidas recollidas na citada orde do 15 de febreiro; isto, sen prexuizo da súa posible prórroga.

Dende o equipo directivo queremos achegar unha mensaxe de alento a toda a nosa comunidade educativa, a cal, e ao mesmo tempo, non deixamos de estender ao colectivo das artes escénicas. Paciencia, actitude creativa, sentidiño, e conservemos as ansias de atoparmos novamente sobre o escenario facendo música.

Unha aperta.

O equipo directivo.

Publicado o luns, 15 de febreiro de 2021:

Regreso da actividade presencial

Breve comunicado para informar de que o vindeiro luns 22 de febreiro, e de acordo co anunciado esta mañá, retomarase a docencia presencial no centro. A excepción estará nas materias de vento e canto que permanecerán en modo non presencial. En calquera caso, agardamos unha maior concreción por parte da administración nas vindeiras horas e que achegaremos oportunamente.

Un saúdo.

Peche do centro durante o entroido

Durante os días 15, 16 e 17 de febreiro o centro permanecerá pechado coincidindo co entroido.