Calquera dúbida ou xestión administrativa deberá ser remitida a cmus.lugo@edu.xunta.es


Publicado o venres, 2 de xullo de 2021:


 

Publicado o martes, 22 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º GE: Listaxes de 2ª volta

Publicación das listaxes dos aspirantes na proba de acceso a 1º de grao elemental tras a reunión do pasado venres 18 de xuño:

Publicado o xoves, 17 de xuño de 2021:

Probas de acceso 1º GE: Resultados

Publicación dos resultados da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental para o vindeiro curso 2021-2022:

* Os aspirantes que superaron a proba pero non obtiveron praza na especialidade escollida, poderán elixir outra especialidade instrumental entre as vacantes que ofrece o centro para o vindeiro curso 2021-2022, ou permanecer nunha lista de agarda da especialidade primeiramente elixida (a que figura na listaxe). A escolla ou a comunicación da decisión de permanecer na lista de agarda levarase a cabo nunha xuntanza prevista para o vindeiro venres 18 de xuño ás 18:00 horasÉ moi importante que acudan a esa reunión.

Proba de acceso a 1º GP: Adxudicacións e lista de agarda

Relación de aspirantes que aprobaron e se lles adxudicou a especialidade, e lista de agarda para os que aprobaron sen praza.



* Listaxe actualizado o 18 de xuño (engadido un aspirante)


Publicado o luns, 14 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º GP: Resultados

Resultados das probas de acceso a 1º de grao profesional para o curso 2021-22:


Toda a información das probas de acceso no enlace da dereita da páxina.


Proba de acceso a 1º curso de elemental, modificación na composición do tribunal

Por causas sobrevidas resulta preciso modificar a composición do tribunal que avaliará a proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental e que se celebrará entre o día de hoxe e o mércores.

Tribunal da proba de acceso a 1º curso do grao elemental

Publicado o xoves, 10 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º GE: Datas, horarios e máis información

Os vindeiros días 14, 15 e 16 de xuño está prevista a celebración da proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental.

Nas seguintes ligazóns atópanse as datas e horarios de celebración da proba e máis as datas de publicación de resultados. Ademáis, a descrición, contido e criterios de avaliación da proba.



Publicado o martes, 8 de xuño de 2021:

IX Certame Creativo: veredicto

O Departamento de Composición que organiza o IX Certame Creativo, levado a cabo este ano 2021 presenta o seguinte veredicto:

ver veredicto

Publicado o venres, 4 de xuño de 2021:

Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, criterios de cualificación

Publicamos os criterios de cualificación das diferentes especialidades correspondentes aos dous exercicios que compoñen a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Nas ligazóns de abaixo pódense consultar os criterios a empregar en cada especialidade e máis os referidos ao Exercicio B.


Proba de acceso a 1º curso de grao profesional. Exercicio de ditado, reparto de aspirantes.

Publicacamos o reparto de aspirantes nos diferentes espazos para o desenvolvemento do exercicio de ditado o vindeiro luns 7 de xuño ás 18:00 correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional.
Cómpre indicar que para acceder aos espazos de realización do ditado será posible empregar as portas do andar baixo do edificio.

Reparto de aspirantes

Publicación das cualificacións finais

 Hoxe venres, a partir das 15.00 horas poderanse consultar en CentrosNet as cualificacións finais do curso 2020/21.




Publicado o mércores, 2 de xuño de 2021:

Probas de acceso a 1º GP: Corrección na composición dos tribunais.

Lamentamos ter que publicar unha segunda rectificación da composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso ao primeiro curso de grao profesional previstas para a vindeira semana. Achégase na ligazón de abaixo o documento corrixido.

A dirección.

Tribunais das probas de acceso a 1º curso de grao profesional

Premio fin de grao: Horario de actuación

Publicamos a listaxe co horario de actuación do alumnado admitido para participar na proba correspondente ao premio fin grao que se celebrará o vindeiro venres 4 de xuño. 

Ver horario de actuación


Proba de acceso a 1º GE: Relación de aspirantes admitidos

Publícase a relación de aspirantes admitidos para realizar a proba de acceso a 1º curso de grao elemental. A proba levarase a cabo dende o vindeiro luns 14 de xuño en horario de tarde. Con anterioridade á proba publicaranse as datas, horarios e lugar de celebración.


Probas de acceso a 1º GP: Corrección na composición dos tribunais.

Advertido un erro na composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso ás ensinanzas profesionais previstas para a vindeira semana, publicamos o documento corrixido que é posible consultar na ligazón de abaixo.

Tribunais das probas de acceso a 1º de GP

Corrixido. ver aquí 2ª corrección. Desculpen as molestias.

Publicado o martes, 1 de xuño de 2021:

Premio fin de grao

O vindeiro venres 4 de xuño ás 10:15 está prevista no auditorio do conservatorio a celebración da proba correspondente ao premio fin de grao das ensinanzas profesionais. A orde de participación será por especialidade como segue: frauta, clarinete e saxofón. Despois, en cada especialidade, a orde seguida será alfabética considerando os apelidos do alumnado participante. En todo caso, o tempo adicado a cada participación e á necesaria de ventilación, non será inferior aos corenta e cinco minutos. En canto ao tribunal, este pode coñecerse na ligazón que se atopa máis abaixo.

Tribunal da proba correspondente ao premio fin de grao

Tribunal da proba de acceso a 1º curso de grao elemental

A ligazón de abaixo recolle a composición do tribunal correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental. A proba levarase a cabo dende o vindeiro luns 14 de xuño en horario de tarde. Con anterioridade á proba publicaranse as datas, horarios e lugar de celebración.

Tribunal da proba de acceso a 1º GE

Tribunais das probas de acceso a 1º curso de grao profesional

Na ligazón de abaixo é posible coñecer a composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso para acceder ao primeiro curso do grao profesional. Estas desenvolveranse a vindeira semana entre os días 7, 8, 9, 10 e 11 en horario de tarde.

Cómpre lembrar que o exercicio de ditado levarase a cabo o luns 7 ás 18:00 nas aulas B.3, B.4, B.5, B.6 e B.7. O reparto de aspirantes por aula publicarase o vindeiro venres 4.


Tribunais das probas de acceso a 1º curso do grao profesional

Corrixido. ver aquí 2ª corrección. Desculpen as molestias.

Publicado o venres, 28 de maio de 2021:

Premio fin de grao, publicación do alumnado admitido

Publicamos a listaxe coa relación do alumnado admitido para participar na proba correspondente ao premio fin grao e que se celebrará o vindeiro venres 4 de xuño.


Premio fin de grao, alumnado admitido

Publicado o mércores, 26 de maio de 2021:

Prazo para solicitar o cambio de profesor ou profesora

Lembramos que o prazo para solicitar o cambio de profesor ou profesora cara o curso 2021-2022 nalgunha materia está aberto e se estenderá ata o vindeiro luns 31 de maio.

A solicitude poderá tramitarse presencialmente na secretaría do centro ou a través do correo electrónico ao enderezo:

xefaturaestudos@cmusxoanmonteslugo.edu.es

achegando o impreso que pode descargarse dende as seguintes ligazóns:

Solicitude no caso de alumnado menor de idade

Solicitude no caso de alumnado maior de idade

Publicado o mércores, 19 de maio de 2021:

Concertos na rúa

 

Proba de acceso a 1º GP: Listaxe de admitidos

Proba de acceso 2021-22 a 1º curso de grao profesional:

Toda a información relevante das probas está no enlace que hai na columna dereita desta web ou ben faga clic aquí.


Publicado o luns, 10 de maio de 2021:

Nota informativa sobre o acompañamento nas probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional.

Segundo o establecido pola Orde do 28 de xullo de 2008, que regula as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música no seu artigo nove, no caso de que a proba de acceso requira da participación dalgún tipo de acompañamento musical, ben sexa pianístico ou para música de cámara, este correrá a cargo do aspirante á praza. Respecto a forma de desenvolver este acompañamento, a norma non concreta se este deberá contar coa presencia de persoas acompañantes ou se poderá desenvolverse a través de medios electrónicos. Aínda que é posible afirmar que a concertación entre instrumentista e acompañamento resultará beneficiada pola presenza dunha persoa acompañante e non soamente dunha gravación, o emprego de recursos como os coñecidos como play along poden ser abondos para achegar un soporte instrumental á persoa aspirante durante o desenvolvemento da proba sen impedir unha avaliación obxectiva por parte do tribunal.

En canto ao acompañamento das dúas cancións dentro do exercicio B correspondente aos aspectos da linguaxe musical, este será levado a cabo en todos os casos polo profesorado do departamento desta especialidade; desta maneira, non será preciso que a persoa aspirante achegue solución algunha ao respecto.

Un saúdo.

A dirección

Publicado o luns, 3 de maio de 2021:

Acceso ao grao elemental para o vindeiro curso 2021-2022

Hoxe comeza o prazo de inscrición á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental estendéndose dito prazo durante todo o mes de maio.

A inscrición é de balde e debe levarse a cabo de maneira presencial cubrindo o formulario correspondente.

No acceso ás ensinanzas elementais no conservatorio é indispensable a escolla dunha especialidade instrumental entre as dezaoito que ofrece o centro neste grao. A oferta mínima de prazas vacantes para o vindeiro curso 2021-2022 pode consultarse na seguinte ligazón.

En canto á proba, está desenvolverase durante a segunda quincena do mes de xuño avaliando dos aspirantes as súas aptitudes rítmicas, vocais, auditivas e psicomotrices. A asignación das prazas segundo a súa demanda levarase a cabo a partir da cualificación obtida na proba con posterioridade a esta. 

Toda a información no enlace das probas de acceso na dereita da web ou ver aquí.

Un saúdo.

A dirección

Publicado o venres, 30 de abril de 2021:

A miña palabra musical favorita en galego

Na Biblioteca do CMUS decidimos realizar unha actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas: "A miña palabra musical favorita en galego".
 
Dinos en galego cal é a túa palabra musical favorita e cóntanos algo sobre ela (o seu significado, o que che inspira, se che trae recordos... ou calquera cousa que che suxira). Para poder facelo tedes á vosa disposición un Padlet no que facer as publicacións. A dirección é a seguinte: 
Se queres, incluso amáis de deixala escrita, podes gravar un audio para que poidamos escoitala coa túa voz.

prazo de participación será entre os días 1 e 17 de maio (ambos incluídos), e poderán participar todos os membros da comunidade educativa que o desexen (alumnado, profesorado, nais, pais, etc).
Animádevos a participar!!


Publicado o martes, 27 de abril de 2021:

Actividade "O concerto na rúa"

Ao fin, a nosa música sairá das nosas aulas e nos reencontraremos co público. Estades convidados a acompañarnos nas rúas da cidade de Lugo, sempre respectando as distancias de seguridade!!


GRAZAS á Concellería de Turismo, Cultura e Promoción da Lingua por ser tan serviciales e colaborativos.


Publicado o mércores, 21 de abril de 2021:

Publicado o venres, 16 de abril de 2021:

Presentamos unha nova "Parola"

"De parola" é un espazo  de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes no que se fan entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.

Nesta ocasión estaremos de parola con paloma Pinto Viloria, clarinetista lucense e exalumna do noso conservatorio que actualmente desenvolve a súa actividade profesional na Orquestra de Cámara Jönköpings Sinfonietta (Suecia).

Esperamos que vos sexa de interese e gocedes dela.

Publicado o martes, 13 de abril de 2021:

Ampliación de prazo do certame creativo

Amplíase o prazo de inscripción para o IX Certame Creativo ata o día 30 de Abril



Publicado o venres, 9 de abril de 2021:

Próbate na proba: Listaxe de admitidos e horarios

O vindeiro mércores 14 de abril celebrarase o ensaio do exercicio B da proba de acceso a 1º de grao profesional.

Listaxe de admitidos e horarios

Publicado o xoves, 8 de abril de 2021:

Curso de iniciación ao canto

A nosa profesora de CANTO, Lourdes Santos vainos amosar como utilizar a voz como instrumento musical.  

Esta introducción ao canto realizarase os vindeiros venres 9 e 16 de abril, en horario de 18.30h a 20.30h

A formación levarase a cabo de xeito telemático e é gratuita.

A inscrición está aberta ao alumnado do CMUS Xoán Montes e a persoas alleas a el sempre que teñan como mínimo 12 anos.


É posible anotarse nos seguintes teléfonos: 

686 733 577 / 698 125 679

Actividade organizada pola ANPA do CMUS Xoán Montes


 

Publicado o martes, 6 de abril de 2021:

 Exposición Artística 

Os Representantes do Alumnado, coñecedores e conscientes das diferentes formas de expresión artística do noso alumnado, organizan a primeira "Exposición artística".

O alumnado poderá participar aportando as súas propias obras segundo as seguintes disciplinas artísticas:

Artes visuais en formato físico ou dixital (debuxo, pintura e fotografía).
Literatura escrita ou lida polo seu autor/a nunha gravación (poesía, narrativa e microteatro).
Danza en formato vídeo (coreografía)
Videocreación.


Na seguinte ligazón pódese consultar toda a información relativa a esta actividade : "Exposición Artística" 



Publicado o luns, 5 de abril de 2021:

Xurxo Morales recoñecido cun premio internacional

O alumno do centro de 6º de saxofón, Xurxo Morales obtivo o terceiro premio no Festival internacional Andorra Sax Fest'21.

Podedes ver a noticia da Voz de galicia neste enlace

Noraboa Xurxo!!


Publicado o xoves, 25 de marzo de 2021:

Publicado o martes, 23 de marzo de 2021:

Próbate na Proba 2021

Durante a semana do 12 ao 16 do vindeiro mes de abril está prevista a celebración da actividad 'Próbate na Proba', un ensaio da parte de Linguaxe Musical, o exercicio B, da proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencellada á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe musical propón dous obxectivos para cada participante: adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios que compoñen a parte de Linguaxe Musical do xeito máis semellante á proba mesma, e ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.

Este ano adiantamos a actividade ao mes de abril co obxecto de que esta resulte de maior proveito en canto á preparación da proba ao dispoñer de máis tempo para corrixir e mellorar todo o que sexa preciso.

Ao mesmo tempo, cómpre apuntar que, debido á situación sanitaria, non precisaremos datas, horario ou modo de desenvolvemento ―presencial ou non presencial― ata o venres 9 de abril xa preto das datas de celebración da actividade.

Respecto á inscrición, esta poderá levarse a cabo entre o momento da publicación desta noticia e o martes 6 de abril ás 14:00 a través do formulario de Google que se atopa na ligazón situada abaixo desta publicación. 

Formulario de inscrición

Publicación dos contidos do exercicio B da proba de acceso a 1º curso de grao profesional

Despois do paréntese do pasado curso en canto ao modo de desenvolver a proba de acceso ao primeiro curso das ensinanzas profesionais a causa da crise sanitaria, este ano o centro está traballando no escenario dunha certa normalidade. 

Cómpre apuntar, respecto ao exercicio B, que o novo modelo que o Departamento de Linguaxe Musical desenvolvera durante o curso pasado co obxecto da súa aplicación tampouco puido ser materializado. 

Neste modelo, o máis salientable é a incorporación dun repertorio de cancións de autor e populares para interpretar na proba engadido todo isto á lectura e entoación a primeira vista, cuestións da teoría da música e un exercicio de ditado.

Na seguinte ligazón é posible consultar toda a información do exercicio B da proba ademais de poder acceder ao repertorio, o audio dos acompañamentos e máis os exercicios de exemplo.

Tedes toda a información das probas de acceso no lateral dereito da web.


Latexos 21: Concerto murmurio no solpor

Publicado o luns, 22 de marzo de 2021:

Poemas do día da poesía

Podedes ver os poemas dos participantes na actividade do día da poesía no seguinte enlace:

Versión de referencia da obra de Modest Mussorgsky:

Publicado o martes, 16 de marzo de 2021:

XI Certame creativo para estudantes

 




Día festivo do 19 de marzo

O próximo día festivo 19 de marzo de 2021 non haberá clase.
O centro permanecerá pechado

Publicado o xoves, 11 de marzo de 2021:

Regreso da actividade presencial de ventos e máis canto

Mañá 12 de marzo regresa a actividade presencial dos instrumentos de vento e máis do canto logo da publicación onte da correspondente orde da Consellería de Sanidade.

Publicado o luns, 8 de marzo de 2021:

Mulleres compositoras no CMUS Xoán Montes

Dende hoxe, Día Internacional da Muller, e durante todo o mes de marzo, todo o alumnado do Cmus está convidado a participar na actividade CompositorAs 2021!

As normas son sinxelas:

           1. Grávate tocando no teu instrumento unha obra dunha compositora que che guste. Pode ser a obra enteira, un movemento ou unha pasaxe. Tamén se admiten montaxes onde toques con máis compañeiras/os.

        2. Envíanos a túa gravación co asunto CompositorAs 2021 incluíndo o teu nome, curso e instrumento ao enderezo:                                    
  representantes.alumnado@cmusxoanmonteslugo.edu.es                                   
          3. Ao longo deste mes iremos poñendo as gravacións que recibamos na pantalla a carón de conserxería para que todas/os poidamos gozar das vosas interpretacións.


Animádevos a participar!

 Actividade organizada polos representantes do alumnado.

Publicado o luns, 1 de marzo de 2021:

Regreso da actividade presencial

Dende hoxe 1 marzo regresa a actividade presencial no conservatorio excepto no caso das clases individuais das especialidades de vento, canto, a materia colectiva de coro, e as agrupacións integradas por especialidades de vento ou canto. Calquera conflito horario entre materias presenciais e non presenciais será xestionado polo profesrado titor comunicando, de ser o caso, as medidas que cómpre adoptar.

Un saúdo.

Publicado o sábado, 27 de febreiro de 2021:

SESIÓN «O PIANO HOXE: ESTADO DA CUESTIÓN»

Charla-demostración a cargo de David Durán Arufe para adentrarse no piano do noso tempo.

Domingo, 28 de febrero de 2021 
ás 12:00 h.
Duración de 60’
Modalidade: telemática




Publicado o venres, 26 de febreiro de 2021:

Día da Poesía no CMUS Xoán Montes


O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. Neste día tamén ocurriron feitos notables relacionados coa música, como o nacemento de Modest Músorgski.

Na Biblioteca do CMUS decidimos realizar unha actividade para fomentar a creatividade artística e a escoita musical que consiste en crear unha poesía propia inspirándose na música da composición "Unha noite no Monte Pelado" seguindo o seguinte acróstico: XOAN MONTES.

O prazo de participación será entre os días 1 e 21 de marzo (ambos incluídos), e poderán participar todos os membros da comunidade educativa que o desexen (alumnado, profesorado, nais, pais, etc).

Tedes á vosa disposición un Padlet no que podedes escoitar a música da obra escolida e publicar a vosa poesía. A dirección é a seguinte:  https://es.padlet.com/biblioteca281/poesia 

Tódol@s participantes recibirán un agasallo.

Animádevos a participar!! 

Organiza: A Biblioteca do CMUS Xoán Montes

Publicado o luns, 22 de febreiro de 2021:

Publicado o venres, 19 de febreiro de 2021:

Modificación da data de regreso da actividade presencial no centro

Prezada comunidade educativa.

O regreso da actividade lectiva presencial, medida recollida pola orde da Consellería de Sanidade publicada o pasado 15 de febreiro e que establece a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na orde do 26 de xaneiro de 2021, adíase no noso centro ao vindeiro luns 1 de marzo. A necesidade de planificar a actividade neste novo escenario, reorganizar os horarios na medida do necesario e de lo posible, e dispoñer os espazos e máis os recursos, conduciu a solicitar esta medida. Simultanear os dous modos de ensinanza dificulta de maneira considerable a conciliación horaria entre as materias individuais de instrumento e máis as colectivas, ou mesmo o desenvolvemento das pequenas agrupacións que combinan instrumentos de vento e non de vento.

Cómpre concretar que, namentres as autoridades sanitarias non determinen o contrario, as actividades que impliquen o emprego de instrumentos de vento ou exercicios de canto permanecerán en modo non presencial ata, polo menos, as 00:00 do mércores 3 de marzo, momento no que deixarán de ter eficacia as medidas recollidas na citada orde do 15 de febreiro; isto, sen prexuizo da súa posible prórroga.

Dende o equipo directivo queremos achegar unha mensaxe de alento a toda a nosa comunidade educativa, a cal, e ao mesmo tempo, non deixamos de estender ao colectivo das artes escénicas. Paciencia, actitude creativa, sentidiño, e conservemos as ansias de atoparmos novamente sobre o escenario facendo música.

Unha aperta.

O equipo directivo.

Publicado o luns, 15 de febreiro de 2021:

Regreso da actividade presencial

Breve comunicado para informar de que o vindeiro luns 22 de febreiro, e de acordo co anunciado esta mañá, retomarase a docencia presencial no centro. A excepción estará nas materias de vento e canto que permanecerán en modo non presencial. En calquera caso, agardamos unha maior concreción por parte da administración nas vindeiras horas e que achegaremos oportunamente.

Un saúdo.

Peche do centro durante o entroido

Durante os días 15, 16 e 17 de febreiro o centro permanecerá pechado coincidindo co entroido.

Publicado o mércores, 27 de xaneiro de 2021:

Desenvolvemento da actividade non presencial

Onte, como estaba previsto, publicábase a orde que establecía a suspensión da actividade presencial nos conservatorios profesionais de música de Galicia. Esta pausa estenderase entre hoxe día 27 e o vindeiro 17 de febreiro.

O primeiro que é preciso dicir é que agardamos que este estado non se prolongue e o xoves 18 poidamos regresar ás aulas do conservatorio recuperando a insubstituíble presencialidade.

Por parte dos centros educativos nos que se aborda un escenario de traballo en liña resulta imperativo, e ben sendo entón o noso primeiro obxectivo, que o alumnado resulte atendido, arranxar calquera contratempo relacionado coa conectividade, os recursos ou os horarios, tentando que o proceso educativo resulte o menos alterado posible e procurando, con todo, continuidade e progreso na formación de cada alumna e alumno.

Como apuntabamos na breve nota informativa de onte, a partir de hoxe será o profesorado o que establecerá a correspondente comunicación co alumnado para informar acerca do desenvolvemento das clases. Estas, con todo, levaranse a cabo a través da plataforma prevista e xa coñecida.

Cómpre tamén facer referencia ao plan de continxencia e ao que este establece en relación aos horarios, tempos lectivos e desenvolvemento da docencia. E relacionado con isto, hai que engadir que, considerando que este escenario de non presencialidade xa estaba previsto, non se contempla a non participación na actividade académica do centro. É certo que, tendo en conta a natureza das nosas ensinanzas, non podemos non agardar unha minoración do progreso do alumnado diante da carencia dun ensino presencial, pero, con todo, os mínimos esixibles recollidos en cada programación didáctica e os restantes criterios de avaliación seguirán a ser unha referencia para nós como docentes e ao mesmo tempo para o alumnado en canto á súa promoción.

Como equipo directivo, e como centro, queremos enviarvos unha mensaxe de ánimo, unha aperta moi grande, e a nosa disposición para achegar a axuda e orientación precisas en cada momento para afrontar esta nova situación.

O equipo directivo.

Publicado o martes, 26 de xaneiro de 2021:

Nota informativa sobre a suspensión da actividade presencial

A pesar de que aínda non está publicado o decreto que debe recoller a suspensión da actividade lectiva presencial nos conservatorios profesionais de música da nosa comunidade, cómpre levar a cabo unha primeira achega de información ás familias de acordo coas medidas adiantadas e, polo tanto, previstas.

Desta maneira, dende o día de mañá e ata o mércores 17 de febreiro, a actividade presencial suspenderase debendo activar polo tanto o ensino en liña. Se estas medidas se confirman, nos seguintes días o profesorado establecerá a comunicación co alumnado co obxecto de concretar a maneira de desenvolver a actividade docente.

Tentando evitar calquera confusión e a pesar da reiteración nesta información, dende mañá o alumnado non acudirá ao conservatorio agardando a comunicación de todo o seu profesorado para iniciar a actividade telemática.

En calquera caso, será preciso nas seguintes datas concretar todos os detalles ao respecto deste novo escenario.

Un saúdo.

O equipo directivo

Publicado o venres, 15 de xaneiro de 2021: